Avelino Barbeito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
'''Andrés Avelino Barbeito Hermosilla''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1850]] finado na mesma cidade o [[9 de febreiro]] de [[1914]]<ref>''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', 10-2-1914, p. 3.</ref>, foi un tipógrafo e poeta galego.
 
== Traxectoria ==
Foi secretario dos concellos de [[Pontedeume]] e [[Betanzos]]. Militou no Partido Republicano e, en foi un dos asinantes do Manifesto solidario de setembro de 1907, que promoveu o inicio de [[Solidaridad Gallega]]. Foi presidente da Asociación de Auxilios dos Dependentes de Comercio da Coruña. Publicou poemas en ''[[El Eco de Santiago]]'', ''[[Santiago (revista)|Santiago]]'' e outras revistas e xornais da época usando moitas veces o pseudónimo '''Noé Vila''', anagrama do seu nome. É autor do libro de versos bilíngüe ''Nada'' (1906). Recibiu o premio da Academia de Montreal pola súa tradución da obra ''Magali'' de [[Frédéric Mistral]] e o do Ateneo de Trobadores de [[Tolosa, Francia|Tolosa]] pola vinculación á obra dos felibres.
 
== Vida persoal ==
Casou con María Cerviño Vázquez e foi pai de [[María Barbeito Cerviño]].
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* BARBEITO Y HERMOSILLA, Andrés Avelino, artigo na [[Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada]]
* {{Cita libro |título= Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936|nome= Ricardo|apelidos= Carballo Calero|ligazónautor= |coautores= |ano= 1981|editor= Galaxia|localización= Vigo|isbn= 84-7154-390-7|páxina= 465|páxinas= |dataacceso=12 de xaneiro de 2015 |url=}}
 
{{ORDENAR:Barbeito Hermosilla, Avelino}}
 
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]