Billy Cunningham: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Traducido da wikipedia en lingua castelá (es:Billy Cunningham)
Liña 40:
* [[Philadelphia 76ers]] ([[1977]]-[[1985]])
}}
'''William John "Billy" Cunningham''', nado o [[3 de xuño]] de [[1943]] en [[Brooklyn]], [[Estado de Nova York|Nova York]], é un ex-xogador e adestrador profesional de [[baloncesto]] [[Estados Unidos de América|estadounidense]] que desenvolveu a súa carreira entre a [[National Basketball Association]] (NBA) e a [[American Basketball Association]] (ABA). [[NBA Draft|Drafteado]] no quinto posto da primeira rolda polos [[Philadelphia 76ers]] en [[1965]], Bird xogou na franquía de [[Pensilvania]] como ala e ala-pivote durante nove tempadas. Nos 76ers xogou durante a súa traxectoria na NBA, conseguindo o anel de campión en [[1967]]. Durante os anos 1972 e 1974 deixou o seu equipo de toda a vida e a competición para xogar nos [[Carolina Cougars]] da [[American Basketball Association|ABA]], competición rival da NBA.
 
Billy Cunningham, alcumado "Kangaroo Kid" (do [[lingua inglesa|inglés]]: ''o rapaz canguro'') foi votado como uns dos "[[cincuenta mellores xogadores da historia da NBA]]" en [[1996]] e admitido no [[Basketball Hall of Fame]] en [[1986]]. Despois da súa retirada como xogador continuou como adestrador dos [[Philadelphia 76ers|76ers]] desde [[1977]] até [[1985]]. Como técnico conseguiu un novo anel de campión en [[1983]]. Como homenaxe o seu dorsal 32 está retirado polos [[Philadelphia 76ers]].
 
== Traxectoria ==
=== Universidade ===
Despois de demostrar as súa capacidade no instituto Erasmus Hall do seu [[Brooklyn]] natal, onde foi nomeado mellor xogador da súa liga, foi recrutado pola [[North Carolina Tar Heels|Universidade de North Carolina]], onde conseguiu unhas estatísticas de 24,3 puntos e 15,1 rebotes, logrando fazañas tan destacadas como a de anotar 48 puntos nun único partido ou a de conseguir 27 rebotes noutro. Para a posteridade, posúe o record da súa universidade de rebotes nunha tempada, ao conseguir unha media de 16,1 por partido no seu segundo ano.
 
=== Profesional ===
Foi elixido na quinta posición da primeira rolda do [[Draft da NBA de 1965]] polos [[Philadelphia 76ers]], onde comezou actuando como "sexto home", gañando en pouco tempo un posto como titular e chegando ao seu máximo apoxeo na tempada [[1969]]-[[1970|70]], onde alcanzou uns números de 26,1 puntos e 13,6 rebotes por partido. Gañou un título da [[NBA]] en 1967 cos [[Philadelphia 76ers|Sixers]], xogando xunto a grandes estrelas como [[Wilt Chamberlain]] ou [[Hal Greer]].
 
En [[1972]] ficha por [[Carolina Cougars]] da [[American Basketball Association|ABA]], a liga rival da NBA, onde permanece tempada e media, sendo elixido [[American Basketball Association|MVP]] (mellor xogador) da liga en [[1973]]. Regresa posteriormente a [[Filadelfia]], onde unha lesión obrígalle a retirarse con tan só 32 anos.
 
=== Adestrador ===
Fíxose co cargo de adestrador dos [[Philadelphia 76ers|Sixers]] en [[1977]], construíndo un excelente equipo con xogadores da talla de [[Bobby Jones]], [[Maurice Cheeks]], [[Andrew Toney]], [[Moses Malone]] e [[Julius Erving]], o [[Julius Erving|Dr. J.]], cos que conseguiu o título en [[1983]]. É o adestrador que máis rapidamente chegou ás 200, 300 e 400 vitorias en toda a historia da [[NBA]].
 
== Véxase tamén ==