Zoe Porfiroxénita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Robot: Reemplazo automático de texto (-Category:Imperio bizantino +Category:Imperio Bizantino)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Image:Byzantinischer Mosaizist um 1020 001.jpg|thumb|right|300px|Mosaico con [[Constantino IX]], [[Xesús de Nazaret|Xesús]] e Zoe]]
 
'''Zoe''' (en [[Lingua grega|grego]] Ζωή, que significa "vida"), (c. [[978]] - [[xuño]] de [[1050]]) [[Emperadores bizantinos|emperatriz]] do [[Imperio bizantino]] con distintos coemperadores [[15 de novembro]] de [[1028]] - [[1050]], e como emperatriz reinante do [[19 de abril]] ao [[11 de xuño]] de [[1042]].
 
Zoe foi unha das poucas emperatrices bizantinas que naceron na púrpura (é dicir, como fillas lexítimas dun emperador reinante). Era filla de [[Constantino VIII]], que fora nomeado coemperador en [[976]] e emperador único en [[1025]]. Este só reinou durante tres anos, entre o [[15 de decembro]] de [[1025]] e o [[15 de novembro]] de [[1028]].
Liña 7:
Antes da súa morte, Constantino casou a Zoe co herdeiro que elixira [[Romano III]] Arxiro, eparca de [[Constantinopla]], o [[12 de novembro]] de [[1028]]. Constantino confiaba en que Romano axudaría á súa filla Zoe a controlar o poder, pero Romano demostrou ser un marido moi pouco fiábel e un emperador inútil. En [[1034]] apareceu asasinado no seu baño. Zoe volveu casar inmediatamente, ata antes de que retirasen o seu cadáver do baño. O segundo marido de Zoe foi [[Miguel IV]] "o [[Paflagonia|Paflagonio]]", que reinou ata a súa morte en [[1041]].
 
O seguinte coemperador de Zoe foi o seu fillo adoptivo [[Miguel V]] Calafates, sobriño do seu segundo marido, cuxo curto reinado só durou ata o ano seguinte. Durante dous meses en [[1042]], Zoe compartiu o goberno coa súa irmá [[Teodora Porfiroxénita]], ata que puido atopar outro marido, o terceiro e último permitido pola [[Igrexa ortodoxa]]. A súa elección recaeu en [[Constantino IX]] Monómaco (reinado, [[1042]]-[[1055]]), que a sobreviviu catro anos. Zoe morreu en xuño de [[1050]].