Serra do Faro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''serra do Faro''' separa a [[comarca do Deza]] da [[comarca de Chantada]] e está unida polo sur á [[serra do Farelo]], presenta unha dirección NNL-SSO e dominan as rochas graníticas moi fracturadas. Divídese morfoloxicamente en tres grandes bloques, o superior situado a 900 metros, o central a 800 metros e o inferior a 700 metros. O [[Pico do Faro]], con 1187 metros é a máxima altura, outros cumes importantes destacados son [[O Faro]] (1187 metros), [[Piorno]] (1059 metros), [[Penas Grandes]] (1026 metros), [[Monte Cabeza|Cabeza]] (968 metros), [[Pena de Francia]] (914 metros) e [[Cantelle]] (896 metros).
 
A serra do Faro presenta tres [[ecosistema]]s diferenciados, o principal é o constituído por monte baixo, predominando os [[toxo]]s, [[fento]]s, [[carpaza]]s, [[queiroga]]s e [[xesta]]s no que habitan os [[coello]]s, [[lebre]]s, [[lobo]]s, [[raposo]]s e [[toupa]]s alén de [[cotovía]]s, [[laverca]]s, [[paspallás]], [[pombo]]s e [[ferreiro]]s. Nas valgadas aparece o bosque caducifolio, composto por [[carballo]]s, [[cerquiño]]s, [[abidueiro]]s e [[bruñeiro]]s xunto con [[arandeira]]s, [[cabaciña]]s ou [[xabroneira]]s. Por último o monocultivo de [[piñeiro]]s constitúe o terceiro ecosistema.
 
[[Category:Montes galegos|Faro]]