Diferenzas entre revisións de «Espinaca»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
(retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata)
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
-Segundo a forma da folla, poden ser rizadas ou lisas.
== Etimoloxía ==
O seu nome galego espinaca (en [[Lingua portuguesa|portugués]] ''espinafre'') semella que provén do persiano ''aspanakh'' a través do [[Lingua árabe|árabe]] ''isbinakh'' (''esfenaj'')<ref>FERREIRA, A. B. H. ''Novo dicionário da língua portuguesa''. Segunda edição. Rio de Janeiro. Nova Fronteira. 1986. p. 705.</ref>. Coñecida en latín coma ''spinachia'', ten coma significado "herba cociñada".
== Ecoloxía ==
'''Distribución mundial''': atópase en todo o mundo, máis propia dos climas frescos ca dos cálidos onde espiga axiña. Cómpre ter en contra a súa orixe persiana, lugar onde se atopa abundantemente. Cultívase en toda Galiza, malia non ser un cultivo tradicional.
* Rega: humidade constante.
* Método de plantación: sementeira. Sementar en [[alcouve]] us mes antes da última xeada, e no exterior a comezos da primavera. Pódense espallas as plantacións para ter espinacas toda a tempada.
* Marco de plantación: 30 x 40 cm
* Profundidade: 1 cm de fondura cando a temperatura da terra supere os 10º&nbsp;°C
* Tempo de xerminación: arredor de dúas semanas
* pH óptimo do solo: 6,5 - 7,6
* Necesidades nutritivas: moderadas. Cómpre de [[materia orgánica]], [[microelemento]]s e [[azote]]. A fertilización nitroxenada non debe excederse, xa que a folla colle un sabor moi forte.
* Colleita: apañar follas individualmente cando acaden un bo tamaño, cortando a planta enteira cando as follas estean carnosas, ou ben cortar a planta enteira a uns 3 cm do chan para favorecer o crecemento de novas follas.
* Problemas: [[lesma]]s e [[verme]]s que comen as raíces. O [[Fungi|fungo]] ''[[Peronospora effusa]]'' produce o [[mildio]] da espinaca que se caracteriza por unhas tacas amarelas na folla, e no envés unha especie de borralla. Para o mildio non se pode usar o [[caldo bordelés]] xa que a espinaca non soporta o [[cobre]].
* Rotación: aplicar rotacións de catro anos. Vai ben con [[cebola]]s, [[ apio]], [[col|coias]], [[Amorodeira|amorodoamorodos]]s, [[chícharo]]s, [[ravo]]s, [[legume]]s,.... pero mal coas [[pataca]]s.
 
== Gastronomía ==
 
== Alimentación ==
É unha boa fonte de [[ácido fólico]], [[fibra alimentaria]] e [[vitamina|vitaminas]]s entre outras. Recoméndase en persoas obesas pola gran dixestividade que ofrece. Tamén saliente o efecto beneficioso para a pel, grazas ao contido en [[vitamina A]].
Os seu valores dietéticos foron postos en dúbida especialmente no que concirne ao [[ferro]] xa que en gran parte non é asimilábel. Tamén o alto contido en [[calcio]] está bloqueado pola presenza de [[ácido oxálico]]. Gran culpa disto tuvo a ‘’publicidade’’ que a mediados do século XX fixeron os debuxos animados de [[Popeye]]. As persoas sensíbeis ao ácido oxálico deben evitar as espinacas.
Contén vitaminas A, C, B1, B2, PP e K ademais dos minerais calcio, cobre, ferro, iodo, manganeso, magnesio, fósforo, xofre e cinc.
=== Nitratos ===
A [[Comisión Europea]] fixou dende 2002 (Regulamento 563/2002) o contido máximo de [[nitrato]]s nas follas de [[leituga]]s e espinacas. O obxectivo é reducir o contido de nitratos a 3.000 mg NO/kg nas espinacas frescas, en 2.000 mgNO/kg en espinacas en conserva, refrixeradas ou conxeladas e en 2.500 mgNO/kg en leitugas do tipo "iceberg".<ref>http://www.consumer.es/seguridad-alimentaria/2002/04/03/1467.php</ref> En xullo de 2011 a [[AESAN|Axencia Española da Seguridade Alimentaria]] recomendou ao colectivo de embarazadas e nenos menores de un año que se abstivesen de consumir leituga e acelgas por mor ao contido de nitratos.
Os nitratos non teñen efectos prexudiciais para o organismo humano mais si son prexudiciais a súa conversión de xeito natural en [[nitrito]]s e [[nitrosamina]]s especialmente nos nenos, persoas con problemas gástricos e nos vexetarianos.<ref>http://www.alimentacion.org.ar/index.php?option=com_content&view=article&id=2142:acelgas-y-espinacas-contienen-demasiados-nitratos&catid=41:salud-nutricional&Itemid=60</ref>
 
A espinaca é de orixe [[Persia|persiana]]. Introduciuse en Europa grazas aos árabes alá polo ano 1000. Outrora era unha planta que só se empregaba con fins medicinais.
Moito despois, polo ano 1920 vaise afondar nas súas propiedades, polo que se coñeceu o seu alto contido en ferro e vitaminas A e B2. Isto incrementou o consumo.
Nos anos 60 do século XX o seu consumo diminuíu moitísimo, especialmente nos nenos e mozos. Daquela, un debuxante chamado [[Segar|''Segar'']] inventou un personaxe de debuxos animados ao que chamou [[Popeye]], que cando comía espinacas collía unha forza sobrenatural. O éxito dos debuxos animados fixo que este personaxe marcase un antes e un despois no consumo de espinacas, chegando ao día de hoxe.
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Acelga]]
* [[Hortaliza]]
=== Bibliografía ===
* [http://www.fundaciongaliciaverde.org/Agricultura/hortalizas/espinaca.php Espinacas (Spinacea oleracea)] Fundación Galicia Verde.
 
=== Ligazóns externas ===
* http://www.granxafamiliar.com/nososproductos/es_producto.php?producto=54&categoria=A%20nosa%20horta&nombre=Espinacas Web con información das espinacas en Galiza.
* http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/un-fisico-gallego-investiga-depurar-agua-usando-espinacas/idEdicion-2009-01-04/idNoticia-381053/ Un físico galego investiga como depurar auga usando espinacas (Noticia d’El Correo gallego).
 
393.002

edicións