Diferenzas entre revisións de «Roseta (botánica)»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m (termoDRAG)
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
As follas en roseta aportan vantaxes ás especies alpinas, onde a luminosidade é intensa durante o día (e a superficie [[fotosíntese|fotosintetizante]] destas é grande), mais o frío á noite podería danificar o seu [[meristema]] apical. Por iso as follas máis novas permanecen curvadas sobre o mesistema, cubríndoo e illándoo da temperatura ambiente.
 
Na familia [[Bromeliaceae]], a roseta actúa coma un captador de auga. As follas posúen vaíñas largas e apértanse unhas ás outras, facendo que o interior da roseta acumule a auga da choiva. Esta auga, algunhas veces con parte da materia orgánica alí depositada en decomposición, é absorbida polas células das propias follas, facendo que moitas bromelias, especialmente as [[epífita]]s teñan a súa función de absorción desempeñada máis polas follas que polas propias raíces.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
[[Categoría:Morfoloxía vexetal]]
393.002

edicións