Menta común: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 16:
}}
 
A '''menta común''' ('''''Mentha'' x ''piperita'''''), é un [[Híbrido (bioloxía)|híbrido]] estéril obtido do cruzamento da [[menta de auga]] (''[[Mentha aquatica]]'') e da [[menta brava]] (''[[Mentha spicata]]''), que ocasionalmente se produce espontaneamente nas rexións temperadas de [[Europa]]. Pola súa riqueza en compoñentes recendentes cultívase de xeito artificial dende o [[século XVII]], cando foi obtida por vez primeira de xeito controlado en [[Inglaterra]]. Recibe tamén os nomes de '''menta de pementa''', '''menta piperita''', '''hortelá común''' ou simplemente '''menta'''. É común o cultivo actual nas hortas de [[Galiza]].
 
== Descrición ==
Liña 26:
Por mor da súa esterilidade, reprodúcese case exclusivamente por [[propagación vegetativa]] a partir de [[rizomas]] subterráneos, de xeito moi invasivo, polo que se ten naturalizado con facilidade, e hoxe é posíbel atopala en zonas temperadas de ambos os dous hemisferios, en áreas de cultivos desleixados, plantas desbotadas, ou pola propagación espontánea dos rizomas.
 
== Cultivo e usos ==
Prefire solos húmidos, fértiles, non aturando o exceso de sol.
Espállase de xeito doado por [[estolón]]s subterráneos e tamén por [[esgallo]]s obtidos de dividir as matas noviñas na primavera ou por división de rizomas durante o período de descanso vexetativo.
Liña 40:
=== Medicina ===
==== Principios activos ====
* Aceite esencial: [[mentol]], [[neomentol]], [[isomentol]], [[neoisomentol]], [[piperitol|piperitois]], [[piperitenol]], [[isopiperitenol]].
* [[Monoterpenona]]s: [[mentona]] (20 30%), [[isomentona]], [[neomentona]], [[neoisomentona]], piperitona, piperitonona, isopiperitonona, pulegona.
* Alcois non terpénicos
* Flavonoides con aglicones lipofílicos, ou metilados: diosmósido, diosmetósido, eriocitrósido, luteolol 7 rutósido, hesperidósido. Resina.
* [[Ácido]]s fenil carboxílicos: rosmarínico, cloroxénico e cafeico.
* Triterpenos: ácidos ursólico e oleanólico.
O aceite esencial e mais os flavonoides exercen efectos [[flato|antiflatulento]], [[vómito|antiemético]], [[espasmo]]lítico, [[prurito|antiprurixinoso]], [[colerético]], colagogo e [[analxésico]] de mucosas. En aplicación tópica o aceite esencial bloquea as canles de calcio, relaxando os músculos, polo que alivia dores de cabeza se se aplica nas tempas. Os taninos son fortes [[adstrinxente]]s.
 
Liña 56:
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
{{commonscat|Mentha × piperita}}
{{wikispecies|Mentha × piperita}}
=== Outros artigos ===
* [[Poexo]]
* [[Mentraste]]
* [[Hortelá verde]]
 
=== Bibliografía ===