Jesús 'Fillo' Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 3:
'''Jesús Carballo García''', chamado '''Fillo''', nado en [[Vilela, Tirán, Moaña|Vilela]] ([[Moaña]]) o [[2 de marzo]] de [[1945]], é un antigo [[ximnasia|ximnasta]] e adestrador de [[ximnasia artística]] [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Como deportista, foi un dos máis importantes ximnastas españois de finais da década de [[1960]]. Foi campión de España individual en [[1965]], [[1966]], [[1967]] e [[1968]] na especialidade de [[barra fixa]], e campión da Copa do Generalísimo por equipos co seu club, o [[Real Madrid]] de ximnasia. Internacionalmente competiu nos [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1966]] en [[Dortmund]], nos [[Xogos do Mediterráneo 1967]] en [[Tunes]], e nos [[Xogos Olímpicos de 1968|Xogos Olímpicos de México]] en [[1968]], onde sufriu unha importante lesión. Tras estar apartado temporalmente dos ximnasios, regresou para os [[Campionatos do Mundo de Ximnasia]] de [[1970]] en [[Ljubljana]], onde unha nova lesión rematou coa súa carreira deportiva.
 
Liña 10:
En [[2013]] o [[Consello Superior de Deportes de España|Consello Superior de Deportes]] destituíuno como seleccionador e como adestrador logo dunha denuncia por abusos sexuais.
 
== Vida persoal ==
En [[2013]] foi denunciado por un grupo de antigas ximnastas adestradas por el, que o acusaron de abusos sexuais<ref>[http://deportes.elpais.com/deportes/2013/05/19/actualidad/1368994806_207923.html La policía cree “totalmente veraz” que Carballo abusó de gimnastas menores], ''[[El País]]'', 19/5/2013</ref><ref>[http://deportes.elpais.com/deportes/2013/07/07/actualidad/1373226075_802409.html “La pena es que no lo impedimos”], ''[[El País]]'' 7/7/2013.</ref>. A denuncia foi sobreseída por un xulgado de [[Madrid]], dado que os delitos prescribiran, mais a sentenza foi recorrida.
 
É pai do tamén ximnasta e técnico deportivo [[Jesús Carballo]].
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
{{ORDENAR:Carballo García, Jesús}}