Mildio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soe" por "acostuma" ou "adoita"
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
[[ImageFicheiro:Downy and Powdery mildew on grape leaf.JPG|right|thumb|Examplo de mildio (esquerda) e do [[oídio]] (dereita) nunha folla de videira]]
O '''mildio'''<ref>Nome galego no dicionario da [[Real Academia Galega]] para esta fitopatoloxía</ref> (do [[lingua inglesa|inglés]] ''mildew'', por vía do [[Lingua francesa|francés]] ''mildiou'', balor, mofo) é una enfermidade criptogámica das plantas que ataca especialmente a [[viña]] e se manifesta pola aparición de manchas nos órganos afectados (follas, flores e froitos). Outros cultivos como a [[cebola]], a [[pataca]] e o [[tomate]] tamén sofren o mildio. Común nas videiras galegas, nalgunhas zonas de Galiza chámanlle ''mildeu''<ref>[http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=mildeu&tipo_busca=lema Glosario de voces galegas de hoxe], de [[Constantino García]], Universidade de Santiago, Verba, anexo 27, 1985.</ref>.
 
O termo mildio é moi xenérico e se refire a calquera tipo de microbio tipo [[oomicetos]] que son [[parasito]]s das plantas. O mildio pertence exclusivamente a [[Peronosporaceae]]. Na [[agricultura]] profesional é un problema especialmente para os produtores de [[Brassicaceae|crucíferas]] (Brassicaceae), [[viña]]s e [[hortaliza]]s (especialmente as que medran en emparrados). O principal exemplo é ''[[Peronospora farinosa]]'' presentado en [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?id=134698 NCBI-Taxonomy] e [http://www.inra.fr/Internet/Produits/HYP3/pathogene/6perfar.htm HYP3]. Este patóxeno non produce estruturas de supervivencia nos estados do norte dos [[Estados Unidos de América|EUA]], e hiberna a xeito de colonias vivas de mildio nos estados da Costa do Golfo. Cada primavera vai avanzando cara o norte coa progresiva produción de [[cucurbitácea]]s.
As perdas de rendemento na agricultura por mor do mildio está máis asociada ás podremias brandas que ocorren despois de que as follas caian e se produzan queimaduras solares nos froitos. O mildio das [[Cucurbitaceae|cucurbitáceas]] só afecta ás cucurbitáceas.
== Síntomas ==
Os síntomas iniciais inclúen grandes áreas amareladas na face das follas.<ref>Schilder, Annemiek. [http://grapes.msu.edu/downymildew.htm Downy mildew - Plasmopara viticola.] ''MSU Plant Pathology.''</ref> A medida que as lesións maduran, esténdense axiña e se tornan pardas. O envés das follas afectadas adoita aparecer enchoupado. Logo dunha inspección máis de preto, óllase que vai aparecendo unha especie de cerco avultado pardo purpúreo (ver seta na imaxe).
Pódense ollar pequenas [[espora]]s coa forma dunha pelota de fútbol entre os cercos cunha lupa de 10 aumentos. En condicións favorábeis para a doenza (noites frías con longos períodos de [[orballo]]) o mildio espállase axiña, destruíndo o tecido foliar sen afectar aos talos ou aos [[pecíolo]]s.<ref>http://www.extension.purdue.edu/extmedia/BP/BP-17/BP-17.pdf</ref>
 
== Tratamento e manexo ==
 
=== Medios culturais ===
Xa que o patóxeno do mildio non hiberna sempre en todos os climas, a rotación de cultivos e o arado non afecta o desenvolvemento da enfermidade. O patóxeno acostuma establecerse a finais do verán sendo nesta época máis intensa a enfermidade, logo o uso de variedades cedas pode reducir a ameza do mildio.<ref>http://www.extension.purdue.edu/extmedia/BP/BP-17/BP-17.pdf</ref>
 
=== Control químico ===
Ás veces non é necesaria a aplicación de [[funxicida]]s específicos para o control do mildio. Funxicidas de amplo espectro coma [[clorotalonil]], [[mancozeb]] ou [[cobre]] fixo son pouco eficaces na protección contra a infección de mildio. Os funxicidas sistémicos recoméndanse para o seu uso no mildio das cucurbitáceas, mais só unha vez confirmada a enfermidade.<ref>http://www.extension.purdue.edu/extmedia/BP/BP-17/BP-17.pdf</ref>
 
== Mildios específicos segundo a planta ==
=== Viña ===
En Galiza é moi común atopar mildio, principalmente polas condicións de calor e humidade de que existen, sendo moi popular nas videiras. O patóxeno causante do mildio na viña é ''[[Plasmopara viticola]]'', un protista da familia dos peronosporáceos, que non é senón un parasito en sentido estrito, polo que non é posíbel cultivalo en laboratorio en medios sintéticos. O ciclo de vida deste protista é tremendamente complexo. Durante o inverno sobrevive nunha estrutura coñecida co nome de oospora ou ben se o inverno é suave en forma de micelio dentro das xemas ou nas follas persistentes da videira (''Vitis vinifera''). Cando se acada unha temperatura ambiental que rolda os 12 &nbsp;°C, a oospora xermola e forma un [[esporanxio]], que pode ser dispersado a través do vento. Para que un esporanxio xermole cómpre a presenza de choivas, xa que son zoosporas as resultantes desta xerminación.
Na viña non hai estruturas visibles até que a infección xa danou de xeito grave ao hóspede, mais non de forma irreparábel. P. viticola é un patóxeno que afecta a parte aérea da vide, porén o máis característico é un ataque á folla. Nesta aparecen rexións de aspecto amarelento que se coñecen co nome de "manchas de aceite". Estas manchas de aceite son típicas na face da folla, no envés óllase, se o tempo vai húmido, o típico "po de azucre", que corresponde coa [[reprodución asexual]], é dicir, cos zoosporanxios que saen a través dos estomas. Nesta fase pódese confundir o ataque de P. viticola co ataque de [[Uncinula necator]], responsábel do [[oídio]]. A diferenza radica en que se se raspa o po de azucre aparecen as manchas de aceite, mentres que co oídio isto non ocorre. Se o ataque de P. viticola for forte, prodúcese unha seca parcial da folla que pode levar á súa caída prematura, o que afecta a produción. Conforme entra o outono a mancha de aceite colle tons en mosaico (de amarelo a marrón). En rexións achegadas á floración aparece unha curvatura en forma de 'S' e o [[raque]] do [[acio]] escurece. Se o tempo vai húmido recubrirase cunha peluxe abrancazada. Se o ataque acontece nos períodos de floración- callado pode se producir a perda total do acio, mentres que se o ataque é serodio, só afectará a unha parte do acio. Xamais se ve ataque tralo cambio de cor do [[bago]].
No acio a patoloxía maniféstase de varios xeitos, os bagos perden forza e caen, de xeito semellante ao ataque da couza do acio (''Lobesia botrana''), outro modo é o "asocarramento" da punta do cacho, os bagos da punta do acio, incluíndo a raspa, fican secos coma queimados mentres o resto do acio está san. Canto máis desenvolvida estea a uva menos vulnerábel é a esta enfermidade.
Sulfatos preventivos: Oxicloruro de cobre, cimoxalino, folpet.
Curativos: Cimoxalino+folpet+[[fosetil]].
 
=== Outros cultivos ===
A patoloxía tamén se dá na [[soia]], onde o patóxeno causante do mildio é ''[[Peronospora manshurica]]''.
 
Liña 38:
* As manchas foliares (''mancha de aceite'') do mildio son translúcidas e vense dos dous lados da folla, mentres que as manchas do oídio, polo menos inicialmente, só se ven do lado atacado, xeralmente no envés da folla, tendo o aspecto de veludo branco sucio e despois cinsento, cheirando a mofo.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Oídio]]
 
 
Liña 49:
* [http://www.safecrop.org/english/output/proceedings.html SAFECROP - Proceedings of the 5th International Workshop on Grapevine Downy and Powdery Mildew]
{{Micoloxía}}
 
 
[[Categoría:Viticultura]]