Planta acuática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
[[Ficheiro:Nymphaea alba.jpg|thumb|A flor de ''[[Nymphaea alba]]'', unha especie de [[tapadeira]]]]
As '''plantas acuáticas''' son plantas axeitadas a medrar en ambientes acuáticos (auga salgada ou doce). Tamén se lles coñece coma '''hidrófitas''' ou '''[[macrófitas]] acuaticas'''. Estas plantas compren de adaptacións especiais para vivir mergulladas na [[auga]], ou na [[Superficie|tona]] da mesma- a adaptación máis común é a dos tecidos tipo [[aerénquima]] (con grandes espazos intercelulares cheos de ar), porén as follas boiantes e as follas desecadas son adaptacións tamén moi comúns.<ref>Sculthorpe, C. D. 1967. The Biology of Aquatic Vascular Plants. Reprinted 1985 Edward Arnold, by London.</ref><ref>Hutchinson, G. E. 1975. A Treatise on Limnology, Vol. 3, Limnological Botany. New York: John Wiley.</ref><ref>Cook, C.D.K. (ed). 1974. Water Plants of the World. Dr W Junk Publishers, The Hague. ISBN 90-6193-024-3.</ref> As plantas acuáticas só poden medrar na auga ou en [[solo]]s que estean permanentemente saturados de auga. Son, polo tanto, especies comúns dos [[Lameiro (terreo)|lameirolameiros]]s, [[Braña (terreo)|brañabrañas]]s e zonas húmidas en xeral.<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p.</ref>
O principal factor que controla a distribución das plantas acuáticas é a fondura e mais a duración do asolagamento ou enchente. Mais existen outros factores que tamén pode controlar a distribución e a abundancia, coma por exemplo a cantidade de nutrientes, a perturbación das [[Onda (mar)|ondaondas]]s, a [[pacedura]] ou a [[salinidade]].<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p.</ref>
As [[Planta vascular|plantas vasculares]] acuáticas téñense clasificado en diversas familias;<ref>Sculthorpe, C. D. 1967. The Biology of Aquatic Vascular Plants. Reprinted 1985 Edward Arnold, by London.</ref><ref>Tomlinson, P. B. 1986. The Botany of Mangroves. Cambridge, UK: Cambridge University Press.</ref> poden ser [[fento]]s ou [[anxiosperma]]s (incluíndo tanto [[monocotiledónea]]s coma [[dicotiledónea]]s).
O [[argazo]] non está formado por plantas vasculares; senón por oucas [[Mar|mariñas]] multicelulares, e polo tanto non se adoitan considerar coma plantas acuáticas.
Unhas poucas plantas acuáticas poden sobrevivir en [[Auga do mar|augas salgadas e salinas]].<ref>Sculthorpe, C. D. 1967. The Biology of Aquatic Vascular Plants. Reprinted 1985 Edward Arnold, by London.</ref> Examplos destas plantas encóntranse nos xéneros [[Thalassia]] e mais [[Zostera]]. Aínda que a maioría das plantas acuáticas se reproducen con floración e sementes, moitas outras teñen [[reprodución asexual]] por medio de [[rizoma]]s, [[turión]]s e cachos en xeral.<ref>Hutchinson, G. E. (1975). A Treatise on Limnology, Vol. 3, Limnological Botany. New York: John Wiley.</ref>
 
Unha das plantas acuáticas máis grandes do mundo é a [[Victoria amazonica|Vitoria rexia do Amazonas]] (''Victoria amazonica''); unha das máis miúdas é a [[Lemna|lentella de auga]].
Moitos animaliños acuáticos usan as plantas acuáticas como a [[lentella de auga]] como acubillo ou abeiro dos depredadores. Porén as áreas máis vizosas e con máis vexetación adoitan ter máis depredadores. Outros exemplos de plantas acuáticas serían as do xénero ‘’[[Nymphoides]]’’, a familia [[Nymphaeaceae]] (as [[tapadeira]]s ou ninfeas), a familia [[Nelumbonaceae]] (onde atopamos o [[Nelumbo nucifera|loto]] (''[[Nelumbo nucifera]]''), e as plantas do xénero ''[[Eichhornia]]'' (os xacintos de auga).
Algunhas plantas acuáticas son comestíbeis. Exemplos disto son o [[arroz salvaxe]] (xénero ''[[Zizania]]''), a castaña de auga (''[[Trapa natans]]''), a castaña chinesa de auga (''[[Eleocharis dulcis]]''), o loto sagrado (''[[Nelumbo nucifera]]''), a espinaca de auga (''[[Ipomoea aquatica]]'') ou o agrón (''[[Agrón (planta)|Rorippa nasturtium-aquaticum]]'').
 
== Clasificación morfolóxica ==
Hai unha morea de posíbeis clasificacións das plantas acuáticas baseadas na morfoloxía.<ref>Sculthorpe, C. D. 1967. The Biology of Aquatic Vascular Plants. Reprinted 1985 Edward Arnold, by London.</ref> Un dos exemplos ten os seis grupos a seguir:<ref>Westlake, D.F., Kvĕt, J. and Szczepański, A. 1998. The Production Ecology of Wetlands. Cambridge University Press, Cambridge. 568 p.</ref>
* Amphiphytes (anfifitas): plantas que están adaptadas a vivir tanto mergulladas coma no chan.
* Elodeid (elodeidas): plantas de talo que medran mergulladas durante todo o ciclo, só floreando por riba da tona da auga.
* [[Isoetid]] (isoétidas): plantas en roseta que completan o seu ciclo mergulladas.
* [[Helophyte]] (helófitas): plantas coas raíces mergulladas, mais coas follas por riba da tona da auga.
* [[Nymphaea]] (ninfeas ou nenúfares): plantas coas raíces mergulladas, mais coas follas a flotar na tona da auga.
* [[Pleuston]]: plantas vasculares que flotan libres na auga.
[[FileFicheiro:FloatingRedBlueLilies.JPG|thumb|upright|Ninfeas, coas follas a flotar na tona da auga]]
 
== Galiza ==
En Galiza atopamos una gran selección de plantas acuáticas pola gran cantidade de precipitacións do país. Principalmente asociadas aos [[bosque de ribeira|bosques de ribeira]], nas marxes, as que viven flotando na corrente e aquelas que aparecen nas augas asolagadas ou flotando pero arraigadas no leito; nas [[lagoa]]s, [[pantano]]s, [[Braña (terreo)|brañabrañas]]s, lameiros e lamazais.
 
Flotando sobre as augas aparecen as [[Lentella de auga|lentellas de auga]] ou as [[tapadeira]]s, sen que as raíces penetren no solo.
Arraigadas no leito totalmente mergulladas na auga están especies como as [[alga]]s do xénero ''[[Chara]]'': coma ''[[Chara fragilis]]'' e os [[brión]]s do xénero ''[[Fontinalis]]'', coma ''[[Fontinalis antipyretica]]''.
 
Arraigadas no leito pero coas partes verdes sobre a topa aparecen as espigas de auga, as herbas de prata e as cercodianas, todas con follas alongadas que se moven a favor da corrente. Tamén os pés de boi teñen unha fase somerxida con follas alongadas durante o inverno.
Nas ribeiras son común especies de [[Cyperaceae|ciperáceaciperáceas]]s e [[gramínea]]s asociadas a solos lamacentos, típicas herbas moi difíciles de distinguir se non están en flor. Tamén as [[Junacaceae|xuncáceas]] (os [[xunco]]s) e os [[Buño (planta)|buños]] (''Schoenoplectus lacustris'') son abundantes, nas zonas máis enchoupadas.
 
Os [[fento]]s e [[briófito]]s son habituais, pois son plantas que sobreviven con escasa luz e grande humidade. Non entanto, o fento máis característico de todas as ribeiras é o [[dentabrún]] ou fento real (''Osmunda regalis'' L.) Outras plantas vasculares frecuentes son os pés de boi, [[Typha|espadanaespadanas]]s, [[Lirio (planta)|lirios ou espadanas amarelas]], salgueiriños, as [[menta]]s ou os [[Amarelle (planta)|amarelles]]<ref> http://www.vexetaciondegalicia.es/plantas.php</ref>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
Liña 42:
=== Ligazóns externas ===
* http://aswm.org
* http://plants.ifas.ufl.edu
 
[[Categoría:Plantas acuáticas| ]]