Cartas eruditas y curiosas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 7:
É unha obra de carácter continuísta respecto á súa obra anterior, ''[[Teatro crítico universal]]'' (1726-1739), e inclúe 163 cartas analizando diversas materias. Está escrita desde un punto de vista [[racionalismo|racionalista]], propio da [[Ilustración]], de carácter desmitificador e favorable ao [[método experimental]] e a reforma da educación. Ten un estilo sinxelo, alleo á ornamentación e a artificiosidade do [[barroco]], e inclúe numerosos [[galicismo]]s.
 
== Temática ==
A obra supón un esforzo [[enciclopedia|enciclopédico]] de divulgación dos avances do seu tempo, dentro dunha completa ortodoxia co dogma [[Igrexa católica romana|católico]]<ref>[[Arturo Souto Alabarce|Souto Alabarce, A.]]: Introdución ás ''Obras escogidas'' de Feijoo, México: Editorial Porrúa, 2005.</ref>. Fálase de campos diversos como a [[filoloxía]], [[física]], [[matemática]], [[historia natural]], [[medicina]], [[astronomía]], [[xeografía]], [[economía]], [[dereito político]] ou [[literatura]], amais de crenzas populares, [[milagre]]s, [[superstición]]s e biografías de personaxes coetáneos
 
No primeiro volume (1742; 45 cartas) os temas son moi variados: física, medicina, música, supersticións, milagres, virtudes do [[chocolate]] e o [[tabaco]]... A carta oitava dá conta dun suceso acontecido en [[Pontevedra]]. O segundo volume (1745; 28 cartas) consta de reformas xurídicas e [[teoloxía moral]]. O terceiro volume (1750; 32 cartas) analiza temas diversos como o exterminio de ladróns, a teoría de [[Copérnico]], os [[adagio (música)|adagios]], os [[xogo de azar]] nos [[naipe]]s e os [[exorcismo]]s. No cuarto volume (1753; 26 cartas) estuda teoría de [[Isaac Newton]], a causa de [[Ana Bolena]] e a [[Masonería]], entre outros asuntos. O quinto volume (1760; 30 cartas) toca temas como a devoción [[Virxe María|mariana]], os sermóns, a medicina chinesa, os [[terremoto]]s, as relixións [[América precolombina|precolombinas]] e a necesidade de aprender linguas modernas, en particular o [[lingua francesa|francés]], en prexuízo das denominadas linguas clásicas.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''Cartas eruditas'', selección, introducción, prólogo y notas por [[Agustín Millares Carlo]], Madrid: Espasa Calpe (Clásicos Castellanos, 85), 1958.
 
=== Ligazóns externas ===
* ''[http://www.filosofia.org/bjf/bjfc000.htm Cartas eruditas y curiosas]''
 
[[Categoría:Obras literarias en castelán]]