Macbeth: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 9:
A obra está libremente baseada no relato da vida dun personaxe histórico, [[Macbeth, rei de Escocia|Macbeth]], rei de [[Escocia]] entre [[1040]] e [[1057]]. A fonte principal de Shakespeare para esta traxedia foron as ''Crónicas'' de [[Raphael Holinshed]], obra da que tomou tamén os argumentos das súas obras históricas. Holinshed baseouse á súa vez en ''Historia Gentis Scotorum'' (''Historia dos escoceses''), obra escrita en [[latín]] polo autor escocés [[Hector Boece]] e impresa por vez primeira en [[París]] en [[1527]]. Para agradar ao seu mecenas, o rei [[Xacobe V de Escocia]], Boece escurecera deliberadamente a figura de Macbeth, co propósito de exaltar un hipotético antepasado do rei, Bancuo.
 
== Personaxes ==
* Duncan, rei de Escocia. Baseado nun personaxe histórico, o rei de Alba [[Duncan I de Escocia|Duncan I]], morto en 1040 a mans do Macbeth histórico. Na obra destaca a súa benevolencia, para acentuar o terrible do crime de Macbeth: «Este Duncan usou os seus poderes con tanta suavidade, foi tan limpo no seu grandioso oficio, que as súas virtudes han pedir, como anxos con linguas de trompetas, a fonda perdición do que del se desfixo» (I, 7).<ref>Segundo a tradución de Pérez-Barreiro Nolla. No orixinal: «''Besides, this Duncan<br>Hath borne his faculties so meek, hath been<br>So clear in his great office, that his virtues<br>Will plead like angels, trumpet-tongued, against<br>The deep damnation of his taking-off''».</ref>
* Malcolm, fillo maior de Duncan, herdeiro ao trono.
* Donalbain, fillo menor de Duncan.
Liña 23:
* As tres bruxas.
 
== Sinopse ==
=== Acto I ===
[[Ficheiro:Macbeth and Banquo with the witches JHF.jpg|dereita|miniatura|250px|''Macbeth e Banquo coas bruxas'', por [[Johann Heinrich Füssli]].]]
 
Liña 37:
Vendo cumprida a profecía das bruxas, Macbeth comeza a ambicionar conseguir o trono. Macbeth escribe unha carta á súa esposa, que está en [[Inverness]], explicando as profecías das bruxas. Lady Macbeth, ao ler a carta, concibe o propósito de asasinar a Duncan para lograr que o seu marido chegue a ser rei. De improviso preséntase Macbeth no castelo, coa noticia de que Duncan vai pasar alí esa mesma noite. Lady Macbeth exponlle os seus plans. Macbeth dubida, pero é azuzado pola súa esposa, estimulando a ambición.
 
=== Acto II ===
Coa chegada da noite, Macbeth, instigado pola súa esposa, dá morte ao rei cando dorme no seu aposento. Antes de matalo ten visións dunha espada con sangue e sente fortes remordementos, que Lady Macbeth procura facer calar. Á mañá seguinte descóbrese o crime. Macbeth culpa aos serventes de Duncan, aos que previamente asasinara, presuntamente nun arrebato de furia para vingar a morte do rei. Os fillos de Duncan, Malcolm e Donalbain, que se encontran tamén no castelo, non cren a versión de Macbeth, pero disimulan para evitar ser tamén asasinados. Malcolm escapa a [[Inglaterra]], e Donalbain a [[Irlanda]]. Grazas ao seu parentesco co rei falecido e á fuxida dos fillos deste, Macbeth consegue ser proclamado rei de Escocia, cumpríndose así a segunda profecía das bruxas.
 
=== Acto III ===
A pesar do éxito dos seus propósitos, Macbeth continúa intranquilo por mor da profecía que as bruxas fixeron a Banquo, segundo a cal este sería pai de reis. Encarga a uns asasinos que acaben coa súa vida e coa do seu fillo, Fleance, cando cheguen ao castelo para participar nun banquete ao que Macbeth convidou.Os asasinos matan a Banquo, pero Fleance consegue fuxir. No banquete, pouco despois de que Macbeth saiba polos asasinos o ocorrido, aparece a [[pantasma]] de Banquo e senta no lugar de Macbeth. Só Macbeth pode ver o espectro, co que dialoga, e nas súas palabras faise evidente o crime.
 
=== Acto IV ===
[[Ficheiro:Macbeth3.jpg|dereita|200px|miniatura|Escena de ''Macbeth'': o conxuro das bruxas (acto IV, escena I). Cadro de [[William Rimmer]].]]
 
Liña 54:
Un vasalo de Macbeth dille que Macduff desertou. En represalia, Macbeth decide atacar o seu castelo e acabar coa vida de toda a súa familia. A acción trasládase a Inglaterra, onde Macduff, ignorante aínda da sorte que correu a súa familia, se entrevista con Malcolm, fillo de Duncan, ao que intenta convencer para que reclame o trono. Pouco despois recibe a noticia da morte da súa familia.
 
=== Acto V ===
[[Ficheiro:Johann Heinrich Füssli 030.jpg|dereita|200px|miniatura|''Lady Macbeth sonámbula'' por [[Johann Heinrich Füssli]].]]
 
Liña 63:
Na escena final Malcolm é coroado como rei de Escocia. A profecía referente ao destino real dos fillos de Banquo era familiar aos contemporáneos de Shakespeare, pois o rei Xacobe I de Inglaterra era considerado descendente de Banquo.
 
== Adaptacións ==
A obra foi levada en diferentes ocasións ao cinema, destacando as versións de autores como [[John Emerson]], [[Orson Welles]], [[Akira Kurosawa]] (recreación da traxedia ambientada no [[Xapón]] medieval) ou [[Roman Polanski]]. Amais, foi adaptada á [[ópera]] por autores como [[Giuseppe Verdi]], [[Ernest Bloch]] ou [[Dmitri Shostakovich]].
 
A obra foi traducida ao galego por [[Fernando Pérez-Barreiro Nolla]] e publicado por [[Editorial Galaxia|Galaxia]] en [[1972]], con ilustracións de [[Xohán Ledo]]. Foi levada aos escenarios por [[Teatro do Noroeste]] en [[1994]] con dirección de [[Eduardo Alonso]] e por [[Sarabela Teatro]] en [[2006]] con dirección de [[Helena Pimenta]], acadando o [[Premio María Casares á mellor maquillaxe]].
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Macbeth}}
* ''[//en.wikisource.org/wiki/The_Tragedy_of_Macbeth The Tragedy of Macbeth]'', texto en [[Wikisource]] {{en}}.
 
[[Categoría:William Shakespeare]]