Parábola (literatura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
{{Outroshomónimos|parábola}}
Unha '''parábola''' é unha narración alegórica de carácter pedagóxico ou polémico da que se deduce unha ensinanza ou unha verdade importante. É, en esencia, un relato [[Símbolo|simbólico]] ou unha comparación baseada nunha observación verosímil. A parábola ten unha finalidade [[didáctica]] e pódese atopar un exemplo dela nos evanxeos cristiáns, onde Xesús narra parábolas como ensinanzas ao pobo.
 
[[Ficheiro:Boschverloren.png|thumb|165px|Representación da parábola do fillo pródigo.]]
Liña 10:
As parábolas caracterízanse pola expresión de conceptos espirituais. A forma máis coñecida de parábola no [[cristianismo]] é a ''[[Biblia]]'', que contén moitas parábolas. Ademais das xa familiares parábolas de [[Xesucristo]] no ''[[Novo Testamento]]'', como a do bo samaritano e do [[parábola do fillo pródigo|fillo pródigo]]. Dúas parábolas no ''[[Antigo Testamento]]'' son as do cordeiro, narradas por Nathan (''2 Samuel 12:1-9''), e a da muller de Tekoah (Samuel 14:1-13).
 
Tamén na ''Biblia'' se encontra a ''Parábola del siervo cruel'', que narra a historia dun siervo que non está disposto a perdoar as débedas que os seus vasalos mantiñan con el, mais esperaba a que [[Deus]] lle eximira dos seus erros. A parábola apunta, sobre todo, a que se foi a vontade divina a de perdoar ao deudor, este debe ser igual de tolerante con quen cometen o mesmo erro. Cando o siervo castiga aos seus vasalos, ordenando o seu arresto e execución, Deus enfurécese e multiplica o castigo por "sete veces sete".
 
A [[exexese]] bíblica [[Idade Media|medieval]] tendía a tratar as parábolas de Xesús como alegorías detalladas, con correspondencias simbólicas atopadas para cada elemento nas narrativas breves. Os críticos modernos sosteñen estas interpretacións como inaxeitadas e insostibles.
Liña 25:
Como ocorre coa [[fábula]], a parábola adoita narrar unha acción simple, singular e consistente, sen detalles extraños nin circunstancias que conleven á distracción. Na ''[[A República]]'' de [[Platón]], as parábolas, como as que aluden ás sombras na caverna, engloban un argumento [[abstracción|abstracto]] nunha narrativa máis concreta e fácilmente asequible.
 
No prefacio á súa [[tradución]] das ''Fábulas de Esopo'', [[George Fyler Townsend]] definiu "parábola" como "o emprego designado da linguaxe co propósito intencionado de convir un significado oculto e segredo, máis que o que conteñen as palabras en si mesmas, y que pode ou non portar unha referencia especial ao oínte ou lector."
 
Unha parábola é como unha [[metáfora]] que ten sido extendida para conformar unha ficción breve e coherente. A diferenza da situación que se presenta cun [[símil]], o signficado paralelo da parábola é silencioso e implícito, aínda que non segredo de forma ordinaria.
 
Se ben as parábolas posúen de cotío un subtexto prescriptivo forte, suxerindo cómo se debe comportar ou cómo debe crer unha persoa, moitas parábolas simplemente exploran un concepto dende un punto de vista neutral. Lonxe de prover unha guía e suxestións da acción correcta na vida, as parábolas ofrecen unha linguaxe metafórica que lle permite á xente discutir máis fácilmente [[idea]]s difíciles ou complexas.
 
A parábola e a [[alegoría]] adoitab ser tratadas como [[sinónimo]]s, mais foron ben diferenciadas por [[Henry Watson Fowler|H.W. Fowler]] no ''Modern English Usage'' (Uso moderno do inglés): "O obxecto en cada unha é iluminar ao oínte presentándolle un caso no que aparentemente non estaba interesado, e sobre o cual deberá obter un xuizo desinteresado da súa parte". Provoca, noutras palabras, que o lector ou oínte caia na conta de que a conclusión se aplica ben de igual xeito ás súas propias preocupacións. A parábola, sen embargo, é máis condensada que a alegoría: aporta un só principio, do que se deducirá unha soa moral.
 
[[Ficheiro:Ignacy Krasicki 111.PNG|thumb|150px|[[Ignacy Krasicki]].]]
Liña 50:
== Parábolas de Xesús ==
As paràboles máis coñecidas son as narradas por Xesús, das cales se citan a continuación as que máis tradición teñen<ref>Segundo a tradución da Bíblica catalá interconfesional en [http://www.abcat.org/bci/ http://www.abcat.org/bci/]</ref>:
* [[Parábola dos traballadores da viña]]
* [[Parábola da dracma perdida]]
* [[Parábola do bo samaritano]]
* [[Parábola da semente que medra soa]]
* [[Parábola da ovella perdida]]
* [[Parábola do gran de mostaza]]
* [[Parábola da perla]]
* [[Parábola do fillo pródigo]]
* [[Parábola do banquete de voda]]
* [[Parábola do fariseo e o publicano]]
* [[Parábola dos talentos]]
* [[Parábola do tesouro agochado]]
* [[Parábola do xuíz e a viúva]]
* [[Parábola do levadura]]
* [[Parábola do rico e Lázaro]]
* [[Parábola do trigo e a cizaña]]
* [[Parábola das dez virxes]]
* [[Parábola dos dous fillos]]
* [[Parábola do administrador astuto]]
* [[Parábola das dúas casas]]
* [[Parábola da figueira estéril]]
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==