Diferenzas entre revisións de «Turba»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
(corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman")
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
[[Ficheiro:Peat stacks and cutting.JPG|thumb|Pías e cortes de turba en Westhay, Somerset, Inglaterra]]
 
A '''turba''' é un material orgánico, esponxoso, rico en carbono e de cor parda escura. Ten unha orixe vexetal, xa que se forma por acumulación de [[vexetación]] parcialmente descomposta formando capas xeralmente en rexións [[pantano]]sas, brañas, e tamén en zonas altas húmidas. Estes ecosistemas coñécense como [[turbeira]]s. Unha das compoñentes máis características das turbeiras é a vexetación que cobre o chan, salientando os [[Brión (botánica)|brións]] do xénero ''[[Sphagnum]]'', aínda que atopamos moitas outras especies de arbustos e pequenas plantas. O solo con gran cantidade de turba coñécese co nome de [[Histosol|histosol]]. A turba fórmase en solos con condicións moi húmidas, onde as charqueiras impiden que fluxos de osíxeno da [[atmosfera]] atravesen o chan e entren no solo, reducindo o grao de descomposición da [[materia orgánica]].<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. Chapter 1.</ref>
 
As turbeiras son a fonte máis importante de turba,<ref>Gorham, E. (1957). The development of peatlands. Quarterly Review of Biology, 32, 145–66.</ref> malia que, en menor medida, outros ecosistemas húmidos tamén poden conter bos depósitos, incluíndo [[Braña (ecosistema)|brañas]] ou lameiros, ''fens'', [[pocosín]]s ou bosques húmidos turbeiros.
As paisaxes con solos de turba teñen unha flora particular, especialmente brións ''Sphagnum'', [[Ericaceae|ericáceas]] , e [[Cyperaceae|ciperáceas]]. Debido a que a materia orgánica vaise acumulando durante milleiros de anos, os depósitos de turba son un bo indicador da vexetación e o clima de tempos pasados, especialmente grazas á análise do [[pole]] que neles fica. Deste xeito é posíbel reconstruír o clima e os cambios climáticos que ocorreron no pasado así coma os cambios no uso do solo.<ref>Keddy, P.A. 2010. Wetland Ecology: Principles and Conservation (2nd edition). Cambridge University Press, Cambridge, UK. 497 p. 323-325</ref>
A turba emprégase coma unha importante fonte de [[Combustible|combustíbel]] nalgunhas partes do mundo. Por volume, hai uns 4 trillóns de m³ de turba no mundo cubrindo un total do 2% da superficie terrestre, contendo arredor de 8 billóns de [[Joule|terajoules]] de enerxía.<ref>{{cite web |url=http://www.worldenergy.org/documents/ser2007_executive_summary.pdf |title=Survey of Energy Resources 2007 |accessdate=2008-08-11 |author=World Energy Council |year=2007 |format=PDF }}</ref>
 
== Distribución xeográfica ==
As turbeiras son terreos cunha capa natural acumulada de turba. As turbeiras pódense atopar en 175 países e cobren arredor de 4 millóns de Km² ou o 3% do total da superficie terrestre. En Europa as turbeiras ocupan 515.000 Km².<ref name=IUCNFull>[http://www.iucn-uk-peatlandprogramme.org/sites/all/files/IUCN%20UK%20Commission%20of%20Inquiry%20on%20Peatlands%20Full%20Report%20spv%20web.pdf IUCN UK Commission of Inquiry on Peatlands] Full Report, IUCN UK Peatland Programme October 2011</ref>
Atopamos moitas turbeiras no norte de Europa e en Norte América. No [[Canadá]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] encóntranse as turbeiras máis extensas, coma as da [[baía de Hudson]] e as do val do río [[Mackenzie]].<ref>Fraser, L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p. and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.</ref>. As turbeiras escasean máis no hemisferios sur, en parte porque hai menos terra emerxida. Con todo, en Sudamérica (sur da [[Patagonia]] / [[Terra do Fogo]]) atópase un dos maiores lameiros do mundo con gran cantidade de turba.<ref>Fraser, L.H. Fraser and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p. and P.A. Keddy (eds.). 2005. The World’s Largest Wetlands: Ecology and Conservation. Cambridge University Press, Cambridge, UK. 488 p.</ref>. Tamén atopamos depósitos de turba en [[Nova Zelandia]], nas illas [[Kerguelen]], nas [[Illas Malvinas|illas Malvinas]] e en [[Indonesia]]. Este último, ten máis turbeiras tropicais que ningún outro país do mundo, aínda que perde cada ano unhas 100 mil hectáreas de humidais.<ref>[http://waspada.co.id/index.php?option=com_content&view=article&id=193680:us-ri-discuss-future-of-peat-land-mangroves&catid=30:english-news&Itemid=101 Waspada.co.ik]</ref>
 
Arredor do 60% dos lameiros ou humidais do mundo son turbeiras. O 7% do total de turbeiras foron explotadas para uso agrícola ou forestal. Baixo condicións axeitadas, a tuba tórnase finalmente en carbón de [[lignito]].
=== En Galicia ===
[[Ficheiro:Serra do Xistral, Montouto, Abadín.jpg|miniatura|300px|Na [[Serra do Xistral]] en Galicia, abundan as [[turbeiras]].]]
En Galicia achamos turbeiras en todo o territorio grazas as abundantes precipitacións características do [[Clima oceánico|clima oceánico]]. Segundo de onde proveñan os nutrientes que manteñen o ecosistema falamos de turbeiras baixas (brañas), cando os nutrientes proveñen do solo; turbeiras elevadas, cando os nutrientes proveñen da atmosfera, aínda que inicialmente había unha conexión co solo; e turbeiras de cobertor (tremedal, barreira, lagoa), cando os nutrientes proveñen exclusivamente da atmosfera.
Salientas as turbeiras da [[Serra do Xistral]].
 
== Formación ==
A turba fórmase cando o material vexetal, normalmente en zonas húmidas, non pode descompoñerse completamente por mor de condicións acedas e anaeróbicas. Este material vexetal provén de plantas típicas das brañas coma brións, xuncos, [[Erica|uces]] e outros pequenos arbustos. A turba acumula auga, polo que favorece as condicións de humidade no solo, axudando a incrementar a superficie da braña. A paisaxe típica dunha turbeira é unha superficie de herba, uces e brións, alternado con charcas, poceiras e algún penedo.<ref>Gorham, E. (1957). The development of peatlands. Quarterly Review of Biology, 32, 145–66.</ref>
 
Baixo condicións axeitadas, a turba pode considerarse un estadio previo da formación do [[carbón]].
 
== Tipos de turba ==
[[Ficheiro:Feu de tourbe.JPG|thumb|Lume de turba]]
A turba pode ser un material fíbrico, hémico ou sáprico. A turba fíbrica é a menos descomposta e aínda contén fibras intactas. As turbas hémicas están pouco decompostas, e as sápricas son, polo tanto, as máis descompostas.
Os especialistas adoitan dicir que un solo é de turba cando ten un alto contido en materia orgánica. Estes solos adoitan ser problemáticos pois teñen unha estrutura bastante pobre (pouca aireación, pouca infiltración de auga).
 
== Características e usos ==
A turba é un material mol que pode esmagarse de xeito doado liberando a auga que contén. Deste xeito a turba seca pode usarse coma [[Combustible fósil|combustíbel fósil]]. Este uso ten grande importancia industrial en países coma [[Irlanda]], [[Finlandia]] ou [[Escocia]], onde non abundan as árbores, polo que a turba empregábase tradicionalmente para cociñar e quecer o lar. Nalgunhas zonas rurais aínda se atopan pías de turba.
 
Os ''[[Ladrillo|tixolos]] de turba'' tamén se empregaron no levantamento de muros. A turba tamén se empregou como cubrimento das [[cuberta]]s.
 
== Galería de imaxes ==
<gallery mode=packed>
Ficheiro:Peat Lewis.jpg| Turba na [[Illa de Lewis|illa de Lewis]], Escocia.
Ficheiro:Torfabbau-.jpg| Extracción de turba no leste de [[Frisia]], Alemaña
Ficheiro:Peat-Stack in Ness, Outer Hebrides, Scotland.jpg| Unha pía de turba en Ness, na illa de Lewis en [[Escocia]].
</gallery>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Turbeira]]
 
[[Categoría: Edafoloxía]]
[[Categoría:Agricultura]]
[[Categoría:Carbón]]
393.002

edicións