Diferenzas entre revisións de «Serra Madre Occidental»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
== Xeoloxía ==
[[Ficheiro:Sierra madre mountains by mexikids.jpg|250px|miniatura]]
Desde un punto de vista [[xeoloxía|xeolóxico]], non é unha serra, senón unha [[meseta]], sucada por numerosos canóns que lle proporcionan a aparencia de serra. A partir do vulcanismo depositáronse capas de materiais [[rocha ígnea|ígneos]], como cinzas, gravas e derrames volcánicos, de composición riolítica (rochosa), formando unha xigantesca meseta. Intégrana sete barrancas; as máis espectaculares son a [[barranca do Cobre|Barranca de El Cobre]] e a [[barranca de Urique|Barranca de Urique]] —que descende até os 1879 m de altura—, que posúen grandes ríos, entre eles o [[río Conchos|Conchos]], que irriga gran parte do estado de [[estado de Chihuahua|Chihuahua]].
 
O terreo é abruptamente escarpado en varias rexións, o que provoca variacións de temperatura extremas. No cumio das barrancas, o clima é frío (chegando no inverno aos -20 °C e no verán aos 20 °C de promedio), e no val temperado ou cálido (en inverno 10 °C de promedio, alcanzando os 40 °C no verán).
A Serra Madre Occidental é o pulmón da zona norte de México; cuberta por grandes bosques de [[Pinus|piñeiros]], [[aciñeira]]s e oyameis (oyamel, verba [[nahuatl]]) ([[abies religiosa]] e [[abies procera]]), que nos últimos anos sufriron un grave deterioro. A cadea alberga numerosas especies endémicas, cunha ampla variedade de [[flora]] e [[fauna]]. Segundo o ''Biodiversity Management of the Madrean Archipelago Report'' de [[1994]], até esa data a Serra Madre Occidental contaba con máis de sete mil especies de plantas, das cales catro mil eran [[endemismo|endémicas]]. Mentres que outras zonas boscosas do mundo contan con catro ou cinco especies de piñeiros en cada ecosistema, na Serra Madre Occidental atópanse quince diferentes, máis unhas 25 de aciñeiras. Non obstante, os cortes forestais incontrolados dos últimos 120 anos deteriorou considerablemente o ecosistema, acabando con numerosas especies e poñendo outras ao bordo da [[extinción]]. Estudos realizados por [[J. Martjan Lammertink]], [[Jorge A. Rojas Tomé]], [[Federico M. Casillas Orona]] e [[Roger L. Otto]] permitiron determinar que practicamente todo o bosque da Serra Madre Occidental foi sometido a programas de aproveitamento forestal.
 
Na Serra existen polo menos 517 especies de fauna: 290 de [[aves]], 70 de [[mamífero]]s, 87 de [[réptil]]es, 20 de [[amphibia|anfibios]] e 50 de [[peixes]]. Entre os mamíferos sobresaen o [[esquío]], a [[mofeta]], varias especies de [[morcegos]], o [[coiote]], o [[Meleagris|pavo]] salvaxe, o [[Dasypodidae|armadillo]], o [[veado de cola branca]], a [[donicela]], o [[xabaril]], o [[teixugo americano|teixugo]], o [[puma]], o [[xaguar]], o [[ocelote]] e o [[gato montés]]. Aínda que están en perigo de extinción, aínda existen no máis recóndito da [[Serra Tarahumara|Tarahumara]] o [[puma]], e o [[oso negro]].
 
Das aves, 24 especies son endémicas. 10 están en perigo de extinción; entre elas, a [[Ara militaris|arara verde]], o [[Rhynchopsitta pachyrhyncha|papagaio da serra]], a [[coa]], a [[aguia real]] e o [[falcón peregrino]]. Certos estudos inclúen tamén o [[trogón orellón]], o [[bufo manchado]] e a [[chara pinta]] entre as aves en perigo de extinción.
[[Ficheiro:Rio Santiago.jpg|miniatura|O río Santiago ao seu paso polos límites do estado de Nayarit e Xalisco; a un lado, a Sierra Madre Occidental.]]
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Xeografía de México]]
* [[Serra Madre Oriental]]
* [[Serra Madre do Sur]]
=== Ligazóns externas ===
{{Commonscat|Sierra Madre Occidental}}
* [http://www.mexicodesconocido.com.mx/el-espinazo-del-diablo.-un-espectaculo-en-la-sierra-madre-occidental-durango.html El Espinazo del Diablo. Un espectáculo en la Sierra Madre Occidental (Durango)] editado por México Desconocido.
393.002

edicións