Diferenzas entre revisións de «Eudicotiledóneas»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
** [[Astéridas]] cunhas 10 ordes
}}
As '''eudicotiledóneas''' ('''Eudicotyledoneae''') son un [[monofilético|grupo monofilético]] de [[anxiospermas]], previamente denominado '''tricolpadas''' ou '''dicotiledóneas non-Magnoliidae''' <ref>Else Marie Friis, Peter R. Crane e Kaj Raunsgaard Pedersen ''Early Flowers and Angiosperm Evolution''. Cambridge University Press (2011), p. 275</ref>. O clado foi recoñecido por vez primeira na análise filoxenética baseada na morfoloxía dos botánicos evolucionistas Michael J. Donoghue e James A. Doyle (1989), que utilizaron o nome de tricolpada. En 1991 James A. Doyle e o paleobótanico Carol L. Hotton empregaron por primeira vez o termo ''eudicots'' para significar que este gran grupo das dicotiledóneas (''dicots'' en inglés) formaba un verdadeiro (''eu-'') clado. Posterior información molecular redundou no seu recoñecemento pola comunidade científica e en 2007 Donoghue, Doyle e Phillip D. Cantino propuxeron o nome científico ''Eudicotyledoneae'' <ref>[http://depts.washington.edu/phylo/OlmsteadPubs/Cantino_et_al_2007.pdf Phillip D. Cantino et al. "Towards a phylogenetic nomenclature of Tracheophy'". ''Taxon'' 56 (3). Agosto de 2007, p. 822-846]</ref>. Actualmente, os seus subclados principais son ben recoñecidos e contan con categorías de ordes e familias.
O [[Angiosperm Phylogeny Group]] (APG) identificou este clado co nome de ''eudicots'', nas presentacións do [[sistema APG]] de 1998, o [[sistema APG II]] de 2003 e no [[sistema APG III|APG III]] de 2009.
 
== Concepto ==
As eudicotiledóneas é o clado máis grande das [[anxiosperma]]s, co 75% de todas as súas especies <ref>Douglas E. Soltis ''Phylogeny and Evolution of Angiosperms''. Sinauer (2005)</ref>, contendo unha enorme variabilidade nas características morfolóxicas, anatómicas e bioquímicas.
 
== Nomenclatura e circunscrición ==
As eudicotiledóneas conforman un [[clado]], que separou á meirande parte das plantas antigamente consideradas dentro das [[dicotiledóneas]] (grupo [[parafilético]]) para formaren un grupo [[monofilético]]. O termo procede do [[lingua grega|grego]] e significa "dicotiledóneas verdadeiras" por ter as características de dicotiledóneas típicas.
Algúns autores denominan ao resto das antigas dicotiledóneas como ''paleodicots''<ref>Martin J. Hodson e John A. Bryant ''Functional Biology of Plants'' John Wiley & sons (2012), p. 10</ref> pero nin este termo nin a forma ''Paleodicotyledoneae'' son comúns , en especial porque se refieren a un grupo [[parafilético]]. O nome tricolpadas que tamén recibiu fai referencia á estrutura do [[pole]].
 
== Características do clado ==
 
Considérase monofilético na base do pole tricolpado así como tamén debido as secuencias de [[Ácido desoxirribonucleico|ADN]] ''rbcL'', ''atpB'', e ADNr 18S <ref>Savolainen et al. "Phylogenetics of flowering plants based upon a combined analysis of plastid atpB and rbcL gene sequences". ''Systematic Biology'' (2000) 49: 306-362</ref>. O clado caracterízase por seren as súas flores cíclicas, dispostas en verticilos, cos membros dos verticilos individuais alternados e a presenza diferenciada das partes internas e externas do periantio. Os [[filamento (botánica)|filamentos]] do estame son normalmente delgados, compartindo anteras ben diferenciadas, e a maioría dos membros teñen [[plasto]]s tipo-S nos seus [[tubo cribado|elementos cribados]]. Unha [[sinapomorfía]] do clado é presentar grans de pole triaperturado de tipo colpo, isto é pole tricolpado e os seus derivados.
 
== Orixe ==
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
 
=== Bibliografía ===
* Doyle, J. A. & Hotton, C. L. "Diversification of early angiosperm pollen in a cladistic context." Pp. 169-195 en ''Pollen and Spores. Patterns of Diversification'' (eds Blackmore, S. & Barnes, S. H.) (Clarendon, Oxford, 1991).
* {{cita publicación|autor= Walter S. Judd and Richard G. Olmstead|año= 2004|título= A survey of tricolpate (eudicot) phylogenetic relationships|revista= American Journal of Botany| volumen= 91|páginas= 1627-1644}} ([http://www.amjbot.org/cgi/content/full/91/10/1627 ] )
* Judd, W. S. Campbell, C. S. Kellogg, E. A. Stevens, P.F. Donoghue, M. J. 2002. Plant systematics: a phylogenetic approach, Second Edition. Sinauer Axxoc, USA.
 
=== Ligazóns externas ===
* Stevens, P. F. 2001. [http://www.mobot.org/MOBOT/Research/APweb/welcome.html Angiosperm Phylogeny Website]. Versión 9 (xuño de 2008).
 
393.002

edicións