Major League Soccer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 3:
A '''Major League Soccer''' é a liga profesional de [[fútbol]] en [[Norteamérica]]. Fundada en [[1993]], actualmente a '''MLS''' está composta por 20 equipos, 17 deles de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], e outros 3 de [[Canadá]]. Nesta liga non existen acensos nin descensos, pois é unha liga pechada entre franquías. En 2011 a [[IFFHS]] situou á MLS no posto 52º da clasificación das ligas mais fortes do mundo, ocupando así o 2º posto entre as ligas de fútbol da zona [[Concacaf]].
 
== Historia ==
A creación da MLS foi incluida na candidatura de [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] para organizar o [[Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994|Campionato do Mundo de Fútbol de 1994]]. Unha vez elixida pola [[FIFA]] a candidatura proposta pola Federación de Fútbol de Estados Unidos, ésta tivo que cumprir a súa promesa. A primeira tempada da MLS comezou o [[6 de abril]] de [[1996]] con 10 equipos divididos en 2 conferencias (Este e Oeste). Os 10 equipos disputaron unha tempada regular de 32 xornadas, seguida duns playoffs nos que se decidiu o título de campión.
 
Nos seguintes anos o número de equipos que compoñen a liga foi crecendo ós poucos, ata chegar ós 18 equipos que actualmente compiten cada ano polo campionato.
 
=== Palmarés ===
O equipo campión recibe a MLS Cup. O [[Los Angeles Galaxy|LA Galaxy]] é o equipo máis laureado da competición con 5 MLS Cups no seu palmarés. Ademais é tamén o equipo que mais finais disputou con 9.
 
Liña 109:
|}
 
== Equipos ==
Os 20 equipos da MLS son franquías propiedade da liga, aínda que son dirixidos por co-propietarios. Os xogadores negocian e asinan os seus contratos coa liga, non co seu equipo. Na Conferencia Leste hai 8 equipos estadounidenses e 2 canadenses, mentres que na Conferencia Oeste hai 9 estadounidenses e un do Canadá. Tódolos equipos da liga teñen un límite salarial, o que quere dicir que non lle poden pagar ós xogadores unha cantidade superior ó límite marcado. En [[2007]] o regulamento foi cambiado para permitir que cada equipo poida ter 3 excepcións, é dicir, que cada equipo poida ter 3 xogadores designados que teñen un soldo superior por considerar que son xogadores estrelas. O troco no regulamento veu motivado pola fichaxe de [[David Beckham]] polos [[Los Angeles Galaxy|LA Galaxy]].
 
Liña 451:
</center>
 
== Táboa histórica 1996-2010 ==
A táboa histórica da MLS está liderada por aqueles equipos que en [[1996]] foron membros fundadores da competición. Nesta táboa hai 2 equipos que desapareceron trala tempada 2001 (Tampa Bay Munity e Miami Fusion), e outro equipo que ten previsto debutar na tempada 2012 (Montreal Impact). O número 1 desta táboa é o [[Los Angeles Galaxy]], o que quere decir que dende o nacemento la MLS en 1996 ten sido o equipo mais regular da competición, o cal se confirma no dato de que é o equipo con mais finais disputadas, 7. Na segunda posición está o [[DC United]], que é o equipo con mais títulos no seu palmarés, 4, pero que nos últimos anos ten feitos tempadas pouco salientables. Precisamente os 2 equipos que ocupan as primeiras posición na táboa histórica la MLS, son os 2 únicos equipos da liga que teñen acadado nalgunha ocasión a vitoria final na [[Liga de Campións da Concacaf]], a máxima competición continental de [[fútbol]] que se disputa en [[Norteamérica]].
<center>
Liña 721:
</center>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Liga de Campións da Concacaf]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mlssoccer.com/ Páxina oficial da MLS] {{en}}