Xardín botánico de Padrón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m + coordenadas desde Google Earth e + ligazón interna
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 3:
O '''Xardín botánico de Padrón''' é un [[xardín]] de pequeno tamaño situado na vila de [[Padrón]], á beira da estrada nacional [[N-550]]. Conta cun elevado número de especies vexetais, algunhas delas moi senlleiras ou de gran rareza en [[Galicia]]. Varios exemplares arbóreos deste xardín aparecen, pois, no [[Catálogo de Árbores Senlleiras]] da [[Xunta de Galiza]].
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Padrón Galicia Castelao.jpg|miniatura|Busto de [[Castelao]] no xardín botánico de Padrón.]]
A súa orixe remóntase ás primeiras décadas do século XIX, construído nunha finca da Calzada Romana pertencente ós Condes de San Xoán. Foi construído seguindo os modelos característicos da época, mesturando estilos italiano, inglés e francés.
Liña 15:
Actualmente o xardín está irmandándose coa cidade francesa de [[Noirmoutier]] e coa comunidade Canaria.
 
== Botánica ==
O [[xardín botánico]] presenta un gran número de especies vexetais achegándose ás trescentas. Traídas de diversas partes do mundo pódense nomear coma as máis salientables a [[árbore do Coral]] (''[[Erythrina crista-galli]]'', especie autóctona da [[Arxentina]] e [[Uruguai]]), a [[palmeira do Senegal]], a [[sequoia|sequoia vermella]] (''Sequoia sempervirens'', salientable polo súa altura), o [[carballo]] cupresiforme (''quercus robur fastigiata''), unha árbore [[drago]] (''Dracaena draco'', árbore doada pola Comunidade Canaria) ou os [[Pradairo común|pradairos]] (''Acer pseudoplatanus. L.'' que conforma o paseo central do xardín).
 
Amais, conta cunha [[figueira]] filla doutra orixinaria da [[casa da Matanza]], na que viviu [[Rosalía de Castro]].
 
== Actividades ==
O xardín botánico de Padrón acolle numerosos actos sociais e culturais da vila. En 1992, 1993, 1994 e 2002 celebráronse os Trimestres Educativo-Culturais sobre o Xardín botánico de Padrón, tendo coma principais beneficiarios os centros escolares de Galicia e doutras zonas de [[España]]. Estes Trimestres acadaron un grande éxito e chegouse a contabilizar un número de asistentes próximos os 50.000<ref>Apartado: Trimestres de charlas Educativo-Culturais de "O Xardín Botánico-Artístico de Padrón, instrumento educativo-cultural" Carlos Rodríguez Dacal, [[Revista Galega do Ensino]]-ISSN:1133-911X, Número 37, Novembro 2002.</ref>
 
Así mesmo celebráronse diversos cursos recoñecidos, patrocinados e impulsados dende a [[Consellería de Educación]] da [[Xunta de Galicia]] e mailo concello de Padrón que xustifican a importancia deste xardín dentro do contexto científico galego:
* Curso sobre o Xardín Botánico de Padrón, 1987
* Curso de ampliación sobre o Xardín Botánico de Padrón, 1988
* Curso sobre flora, xardinería e paisaxismo en pazos do país ullán. O Xardín botánico de Padrón, representante por antonomasia, 1991
* Curso sobre Xardinería básica, 1993
* Curso sobre o pazo coma recurso botánico no ensino das Ciencias Naturais, 1994
* Curso sobre xardinería e flora ornamental dos pazos galegos, 1994
* Curso sobre o mundo botánico dos pazos galegos. Xardíns e plantas, 1995-2000
* Xornadas de apoio PEC/PCC: Ciencias Naturais-Botánica, 1995
* Curso sobre pazos e xardíns coma recurso para o estudio do contorno natural e social, 1996
* Curso sobre xardíns e plantas de Galicia. Instrumentos de ensinanza e aprendizaxe (1997 e 1998)
* Curso sobre os itinerarios naturais coma recursos na área de Ciencias da Natureza, 1999
* Curso sobre xardíns históricos, 2001
* Curso sobre alamedas, xardíns e plantas da provincia de Pontevedra (2002)
 
== Galería de imaxes ==
<center><gallery>
Ficheiro:CoroaEspiñas.JPG|Coroa de Espiñas: Membrilleiro xaponés
Liña 46:
</gallery></center>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* "O Xardín Botánico-Artístico de Padrón, instrumento educativo-cultural", Carlos Rodríguez Dacal, Revista Galega do Ensino-ISSN:1133-911X, Número 37, Novembro 2002.
Liña 58:
* "Jardín Botánico Artístico de Padrón, más de trescientas especies de plantas", El Ideal Gallego, Martes, 4 de febreiro de 1992, páx 9.{{es}}
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ordRs=15&ctre=parque&crec=26424&full=&cidi=G&premium= Xardín botánico de Padrón]. [[Turgalicia]]
 
[[Categoría:Xardíns de Galicia]]