Un feliz mundo novo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 26:
Xunto a ''[[Nineteen Eighty-Four]]'' de [[George Orwell]] e ''[[Fahrenheit 451]]'' de [[Ray Bradbury]], considéranse as tres grandes [[distropía]]s literarias do século XX. Huxley complementou a novela co ensaio ''Brave New World revisited'' (1958) e coa súa derradeira novela, ''[[Island]]'' (1962). O título ten a súa orixe no acto V da obra ''[[The Tempest]]'' de [[William Shakespeare]], cando Miranda pronuncia o seu discurso.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
Transcorre en [[Londres]] no ano 2540. Trátase dunha visión [[ironía|irónica]] e ambigua dunha suposta [[utopía]] ambientada no futuro. Anticipa o desenvolvemento en tecnoloxía [[Reprodución|reprodutiva]], cultivos humanos e [[hipnopedia]] que, combinadas, cambian radicalmente a [[sociedade]] humana. Presenta unha humanidade desenfadada, saudable e avanzada tecnoloxicamente, estando erradicadas a [[guerra]] e a [[pobreza]] e cunha [[felicidade]] permanente. Porén, foron eliminados aspectos como a [[Familia (socioloxía)|familia]], [[amor]], a diversidade [[cultura]]l, [[arte]], [[ciencia]], [[relixión]] e [[filosofía]].
Liña 40:
Finalmente, Bernard Marx e o seu amigo Helmholtz Watson van o exilio nas illas. Pola súa parte, John establécese nun vello [[faro]] na zona rural de Inglaterra. Intenta iniciar unha nova vida como un ermitán, incluíndo a mortificación da carne e a autoflaxelación. Ao pouco tempo comeza a ser acosado por reporteiros da prensa, e finalmente por multitude de visitantes. Estes, Lenina incluída, sucumben a unha [[orxía]] de sexo e soma. Á mañá seguinte, presionado pola dolor, o remordemento e a desesperación, [[suicidio|suicídase]].
 
== Personaxes ==
Lenina é a perfecta cidadá, feliz e cun corpo considerado moi atractivo ("pneumático"), conforme co seu comportamento, que cumpre a súa función na sociedade. Relaciónase con todos os homes que pode, e é incapaz de exercer a súa liberdade de pensamento; ten un conflito emocional co seu condicionamento, e é incapaz de recoñecer o seu amor por John.
 
Liña 50:
Bernard Marx refírese a [[Bernard Shaw]] (un dos poucos escritores sen censura da antigüidade) e [[Karl Marx]]. Debido a que o Estado Mundial representa valores procedentes de ideoloxías opostas dentro do espectro político, algúns destes nomes combinan o [[capitalismo]] e o [[comunismo]], e o [[fascismo]] e o [[industrialismo]], indicando que, para Huxley, 'os extremos tócanse'. Outros personaxes menores toman nome de científicos, líderes políticos e industriais.
 
=== Membros da sociedade Fordiana ===
* Archi, cantor da comunidade, unha figura semi-relixiosa baseada en [[Canterbury]]
* Darwin Bonaparte, un [[paparazzi]] (nome en referencia ao científico [[Charles Darwin]] e ao gobernante [[Napoleón Bonaparte]]).
* Fanny Crowne, amiga de Lenina
* Lenina Crowne, traballadora xenética de clase Beta+. O nome fai referencia a [[Vladimir Lenin]] (ideólogo da [[Revolución Rusa de 1917]], un derrocamento radical dunha monarquía) e á propia [[monarquía]].
* Thomas, director do Cultivo Central de Londres
* George Edzel (referencia a [[Edsel Ford]], fillo único de Henry Ford e presidente da [[Ford Motor Company]] de 1919 a 1943).
* Henry Foster, administrador do cultivo e compañeiro de Lenina (figura de [[William Foster]], comunista estadounidense candidato á presidencia dos EUA en 1924, 1928 e 1932).
* Benito Hoover, amigo de Lenina Alfa+ ([[Benito Mussolini]] e [[Herbert Hoover]]).
* Miss Keate, Directora de alta tecnoloxía de vidro e cemento
* Bernard Marx, psicólogo Alfa+
* Primo Mellon ([[Miguel Primo de Rivera]] e [[Andrew W. Mellon]]).
* Mustafá Mond, Interventor Mundial de Europa Occidental. O nome refírese a refírese a [[Mustafa Kemal Atatürk]] (líder que desligou [[Turquía]] das súas raíces islámicas) e [[Alfred Mond]] (líder en relacións laborais modernas).
* Polly Trotski recibe o nome de [[Lev Trotski]]
* Helmholtz Watson, enxeñeiro emocional que escribe prensa. É amigo de Bernard Marx e un dos poucos que o comprende.
 
No Servizo de solidariedade están:
* Morgana Rothschild (da [[familia Rothschild]]).
* Herbert Bakunin (refírese ao [[anarquismo|anarquista]] [[Mikhail Bakunin]]).
* Fifi Bradlaugh (activista político e ateo británico [[Charles Bradlaugh]]).
* Jim Bokanovsky.
* A presidenta Clara Deterding (referencia a [[Henri Deterding]], antigo presidente da compañía petrolífera [[Royal Dutch/Shell]]).
* Joanna Diesel (referencia a [[Rudolf Diesel]], inventor do [[motor diésel]]).
* Sarojini Engels (en referencia ao líder político hindú a [[Sarojini Naidu]], contemporáneo de [[Mahatma Gandhi|Gandhi]], e a [[Friedrich Engels]]).
* Tom Kawaguchi.
 
=== Da reserva de Malpais ===
* John o Salvaxe, fillo de Linda e Thomas, marxinado na súa sociedade.
* Linda, nai de John, antiga enxeñeira embrional Beta- en Londres.
* Garda da reserva, administrador Alfa-.
* Kiakimé, amada por John.
* Kothlu, casado con Kiakimé.
* Vello Mitsima, instrúe a John nas tradicións populares indíxenas.
* Palowhitwa.
* Popé, amante de Linda detestado por John.
 
== O estado mundial ==
=== Historia ===
O [[calendario]] do Estado Mundial comeza no [[1908]] da nosa era, ano de nacemento de [[Henry Ford]], ao que se considera pai de toda a sociedade. No ano 141 (2049 da nosa era) ten lugar a guerra dos nove anos, que afecta á maior parte do planeta. Nace en Europa pero provoca grandes danos en todo o planeta por mor das armas químicas. Provoca un colapso da economía mundial, e os líderes mundiais deciden facer fronte ás catástrofes impoñendo as novas tecnoloxías en todos os territorios do planeta. Logo dunha gran resistencia, levan a cabo unha campaña pacífica, creando o Estado Mundial, no que se censura e liquida todo o que non lle convén ao estado: pechan os [[museo]]s, acábase coa literatura e cos monumentos. Toda a cidadanía está baixo control absoluto.
 
=== Xeografía ===
O planeta está unificado cun único Estado Mundial, gobernado por dez controladores mundiais establecidos en diversas cidades clave. Porén, consérvanse algunhas áreas illadas como reservas salvaxes, en partes de [[Novo México]], [[América do Sur]], [[Samoa]] e un grupo de illas na costa de [[Nova Guinea]]. Estas zonas non interesan ao Estado Mundial pola súa falta de recursos naturais. Outras illas, como [[Islandia]] e as [[illas Malvinas]], son usadas para enclaustrar a individuos que non desexan vivir dentro do Estado Mundial ou que non encaixan na vida social normal.
 
=== Poboación ===
Na Terra viven dous mil millóns de habitantes, rigorosamente divididos en cinco clases ou castas. A sociedade está controlada polos [[Alfa]]s e os seus subordinados, os [[Beta]]s. Despois deles, en nivel descendente de intelixencia, están os [[Gamma]]s, [[Deltas]] e [[Épsilon]]s. Cada casta é posteriormente dividida en "Máis" e "Menos". No cumio da sociedade están os Alfa "Dobre-máis", por ser felices ao seu modo e non se resentiren coas outras castas. porén, todos os habitantes son instruídos de forma repetitiva coa idea de que todos son igualmente importantes na sociedade. A cidadanía do Estado Mundial conserva a harmonía racial ao longo do planeta. Aínda que Inglaterra está poboada na súa maior parte por [[caucásico]]s, a poboación mantén proporcións étnicas substanciais. O director dos cultivos humanos describe como os bebés son creados sen importar o grupo étnico e que tanto brancos, negros e hispanos son producidos no criadeiro central de Londres. O único namoramento da novela ten lugar entre un negro e unha branca.
 
=== Tecnoloxía ===
A vida no Estado Mundial está dominada por unha [[tecnoloxía]] bastante avanzada, que marca todos os aspectos da vida cotiá. O [[deporte]] é un dos alicerces do estado, consistente en diversos [[xogo]]s desenvolvidos usando artefactos de alta tecnoloxía para manter ocupadas as fábricas. Entretementos como o "tenis superficial" ou o "golf electromagnético" son as maiores distraccións a todos os niveis da sociedade. Está prohibido crear un novo xogo que non posúa polo menos un artefacto máis que algún xogo que xa estea creado.
 
Outro aspecto chave do entretemento son os "namoramentos", unha versión de alta tecnoloxía das películas. As persoas usuarias do cinema (denominado cinema sensible) colocan as súas mans nos pomos de metal no extremo dos brazos das cadeiras, permitíndolles sentir a sensacións físicas dos personaxes da pantalla, incluídas as sensacións de contido sexual. Outros artefactos de entretemento de alta tecnoloxía aparecen decote no libro, incluíndo caixas de música sintética, órganos de esencias (instrumentos musicais que combinan a música con aromas agradables), órganos de cor (combinan música con luz brillante) e televisión.
 
A tecnoloxía do [[transporte]] tamén está altamente avanzada. A forma principal de transporte urbano é o [[helicóptero]], con variacións como o "taxicóptero" e o "deporticópteros", custosos e de gran categoría. As castas inferiores usan o monorraíl de alta velocidade para ir á zona rural. A nivel de mobilización global, manéxanse [[avión (medio de transporte)|aviónavións]]s con forma de [[foguete]], con diferentes cores segundo o destino.
 
Nos criadeiros e centros de condicionamento a tecnoloxía avanzada emprégase na creación de novos [[embrión]]s. Amais do equipo de laboratorio de alta tecnoloxía, os criadeiros teñen máquinas para condicionar os embrións entubados na calor, movementos repentinos e [[doenza]]s, permitíndolles cumprir as súas labores predestinadas en [[clima]]s específicos. As crianzas, unha vez nacidas, son expostas nos centros de condicionamento a diferentes aparellos avanzados que axudan a modelalos nos seus papeis predeterminados. Nos primeiros capítulos, as criaturas Delta son adestradas para odiar o campo e os [[libro]]s nun proceso que involucra bucinas e electrocución. A [[hipnopedia]] lévase a cabo con altofalantes instalados nas camas.
Liña 107:
Outros aspectos da vida reciben grande influencia da tecnoloxía avanzada. A maior parte da [[roupa]] faise con materiais finos e sintéticos, como [[acetato]] e viscosa. Os homes barbéanse con rasuradoras electrolíticas e consumen unha goma de mascar con [[hormona]]s sexuais. A cidadanía pode relaxarse con máquinas de [[masaxe]] e a omnipresente soma, que pode ser inxerida en cápsula ou ser vaporizada cunha nube anestésica.
 
== Sátira da sociedade da década de 1930 ==
Amais das referencias a personaxes contemporáneas, como un modo de subliñar símiles entre esta distropía ficticia e a súa propia cultura contemporánea Huxley incorpora referencias satíricas a entidades como a [[Igrexa Anglicana]] (á que se refire como un canto de comunidade), a [[BBC]] ou ''[[The Daily Mirror]]'' (''"The Delta Mirror"''). Na obra, o centro de propaganda de Londres está en Fleet Street, o berce tradicional da prensa británica, e o portavoz da comunidade pseudo-relixiosa está en [[Canterbury]], onde está o [[Arcebispo de Canterbury|clérigo]] líder da actual igrexa de Inglaterra.
 
Liña 116:
Nun estado único onde todo está ordenado, non queda marxe para a liberdade e as ligazóns emocionais, aspectos que para o autor son os máis necesarios para acadar a felicidade. As prioridades desta sociedade falsamente utópica pasan polo [[hedonismo]] superficial, o consumo e a produtividade, deixando de lado os valores do [[humanismo]].
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* ''[http://www.xerais.es/libro.php?id=48444 Un feliz mundo novo]'', ficha na web da editorial.
 
{{ORDENAR:Feliz mundo novo}}
 
[[Categoría:Obras narrativas en inglés]]
[[Categoría:Novelas de ciencia ficción]]