Tierra Gallega (A Coruña): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m Leandro Carré colaborador
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 3:
'''''Tierra Gallega''''' foi un periódico editado na [[A Coruña|Coruña]] entre [[1903]] e [[1917]]. Tivo unha segunda etapa en [[1933]].
 
== Historia e características ==
Diario republicano que apareceu o [[1 de setembro]] de [[1903]]<ref>''[[El Norte de Galicia]]'', 2-9-1903, p. 2.</ref>, órgano do partido republicano da Coruña continuador de '' [[El Combate (A Coruña)| El Combate]]''<ref>''[[El Noroeste (1896)|El Noroeste]]'', 2-9-1903, p. 1.</ref> e portavoz do republicanismo en Galicia. Foron os seus directores [[Eladio Fernández Diéguez]] e [[Adolfo Lahorra]] ([[1912]]), [[Antonio Carballo Tenorio]] foi un dos redactores e entre os seus colaboradores figurou [[Leandro Carré Alvarellos]] (co pseudónimo "L. de S."). En [[1914]] [[Santiago Casares Quiroga]] asumiu a dirección do periódico, que defendeu o autonomismo galego, renegando do vello federalismo. Mantivo unha liña neutral ante o conflito da [[I Guerra Mundial]], o que provocou un enfrontamento cos partidarios de que o periódico apoiase os aliados.
 
=== Segunda etapa ===
En [[1933]] a dirección da [[Organización Republicana Gallega Autónoma]] acordou editar de novo o xornal. Saeu á luz o [[25 de xaneiro]] con [[Julio Wonenburger]] como director<ref>{{Cita libro |título= Los partidos políticos y la autonomía en Galicias, 1931-1936|nome= Alfonso|apelidos= Alfonso Bozzo|ligazónautor= Alfonso Alfonso Bozzo|coautores= |ano= 1976|editor= Akal|localización= Madrid|isbn= 84-7339-135-7|páxina= 105|páxinas= |dataacceso=20 de agosto de 2013 |url=}}</ref>, pero non conseguiu consolidarse e pechou o [[4 de xuño]] dese ano.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= Historia de la Prensa Gallega 1800-1986|nome= Enrique|apelidos= Santos Gayoso|ligazónautor= |coautores= |ano= 1990|editor= Do Castro|localización= Sada|isbn= 84-7492-489-8|páxina= |páxinas= |dataacceso=21 de xuño de 2013|url=}}
 
[[Categoría:Prensa escrita da Coruña]]