Convención de Berna para a protección das obras literarias e artísticas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 32 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q217398
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 7:
A convención de Berna apóiase en tres principios básicos, e contén unha serie de disposicións que determinan a protección mínima de obras literarias e artísticas que se concede á persoa autora, amais das disposicións especiais dispoñibles para os países en desenvolvemento que tivesen interese en aplicalos. En [[xuño]] de [[2009]], 164 [[estado]]s asinaran a convención<ref>[http://www.wipo.int/treaties/es/ShowResults.jsp?lang=es&treaty_id=15 "Tratados administrados por la OMPI {{es}}.</ref>.
 
== Contido ==
Os tres principios básicos son os seguintes:
 
# As obras literarias orixinadas nalgún dos estados contratantes poderán recibir en cada un dos demais estados contratantes a mesma protección que estes outorgan ás obras da súa propia cidadanía.
# Esa [[protección]] non debe estar condicionada ao cumprimento de formalidade ningunha.
# Esa protección é independente da existencia dunha protección correspondente no país de orixe da obra. Porén, se un estado contratante prové un prazo máis longo que o mínimo prescrito pola convención, e a obra deixa de estar protexida no país de orixen, a protección pode serlle negada unha vez que cese a protección no país de orixe.
 
En canto ás obras, a protección pode incluír ''todas as producións no dominio literario, científico e de [[artes plásticas]], calquera que poida ser a súa modalidade ou forma de expresión'' (artigo 2(1)). Os seguintes dereitos figuran entre os que deben ser recoñecidos como dereitos exclusivos de autorización: os dereitos de traducir, de facer adaptacións e arranxos da obra; de interpretar en público obras dramáticas, dramático-musicais e musicais; de recitar en público obras literarias; de comunicar ao público a interpretación deses traballos; de difundilos; de reproducilos en calquera modalidade ou forma; de usar as obras como base para un traballo audiovisual; e de reproducir, distribuír, interpretar en público ou comunicar ao público esa obra audiovisual.
Liña 22:
Por "Obras literarias e artísticas" enténdense todas as producións no campo literario, científico e artístico, calquera que sexa o modo ou forma de expresión, tales como os [[libro]]s, folletos e outros escritos; as conferencias, alocucións, [[sermón]]s e outras obras da mesma natureza; as obras dramáticas ou dramático-musicais; as obras [[coreografía|coreográficas]] e as [[pantomima]]s; as composicións musicais con ou sen letra; as obras cinematográficas, ás que se asimilan as obras expresadas por procedemento análogo á [[cinema]]tografía; as obras de [[debuxo]], [[pintura]], [[arquitectura]], [[escultura]], [[gravado]], [[litografía]]; as obras fotográficas ás que se asimilan as expresadas por procedemento análogo á [[fotografía]]; as obras de artes aplicadas; as ilustracións, [[mapas]], planos, croquis e obras plásticas relativos á xeografía, á [[topografía]], á arquitectura ou ás ciencias.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Dereito de autor]]
* [[Dominio público]]
* [[Copyright]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bibliotecasvirtuales.com/biblioteca/derechosdeautor/conveniodeberna.asp Convenio de Berna] {{es}}.
 
[[Categoría:Dereito de autor]]