Marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ArtaiGZ (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
O '''marco común europeo de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensinanza e avaliación''' (MCER) é un estándar que pretende servir de patrón internacional para medir o nivel de comprensión e expresión oral e escrita nas diferentes [[lingua]]s. O proxecto foi desenvolvido polo [[Consello de Europa]] en base a unha proposta feita nun congreso internacional celebrado en [[Suíza]] en novembro de [[1991]].
 
== Niveis ==
O marco común europeo de referencia establece unha serie de niveis para todas as linguas a partir dos cales se favorece a comparación ou homologación dos distintos títulos emitidos polas entidades certificadas.
 
=== Configuración inicial ===
Recompilando información acerca dos distintos niveis propostos por outras entidades e autorías, as persoas encargadas do proxecto observaron que seis é o número máis adecuado de niveis para a aprendizaxe, ensino e avaliación das linguas. En base aos niveis clásicos de básico, intermedio e avanzado, elabórase unha distinción inicial en tres bloques amplos.
* '''Bloque A''': Básico.
Liña 16:
** '''Nivel C2''': ''Mestría''.
 
=== Configuración actual ===
O desenvolvemento posterior do marco común europeo de referencia permite a simplificación do esquema anterior ao seguinte, que facilita en gran medida a comprensibilidade ás perdoas usuarias da información, presentando unha táboa de escala global para os seis niveis.
* '''Nivel A1''': Adquírese cando a persoa é quen de comprender e utilizar expresións cotiás de uso moi frecuente, así como frases sinxelas destinadas a satisfacer necesidades de tipo inmediato; cando pode presentarse a si mesma e a outras, pedir e dar información persoal básica sobre o seu enderezo, as súas pertenzas e as persoas que coñece e cando pode relacionarse de forma elemental sempre que a persoa interlocutora fale a modiño e con claridade e estea disposta a cooperar.
Liña 30:
* '''Nivel C2''': Adquírese ao ser quen de comprender con facilidade practicamente todo o que se escoita ou le; ao ser quen de reconstruír a información e os argumentos procedentes de diversas fontes, xa sexan en lingua falada ou escrita, e presentalos de modo coherente e resumido e ao poder expresarse espontaneamente, con gran fluidez e cun grao de precisión que permite diferenciar pequenos matices de significado incluso en situacións de maior complexidade.
 
== Capacidades a desenvolver ==
O marco común europeo de referencia para as linguas delimita as capacidades que se deben controlar en cada un dos niveis para as categorías comprender, falar e escribir. A categoría comprender integra as destrezas de comprensión oral e comprensión lectora; a categoría falar integra as de interacción oral e expresión oral, e a categoría escribir comprende a destreza expresión escrita.
 
Liña 102:
|}
 
== Cadro de equivalencias ==
{| class="wikitable"
 
Liña 279:
|}
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Portfolio europeo das linguas]]
 
=== Ligazóns externas ===
* ''[http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Marco_textoI.pdf Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación]'', traducido ao galego por [[María Lojo]] e [[Cristina Suárez]] ([[Xunta de Galicia]], 2005).
 
[[Categoría:Sociolingüística]]