Serialismo integral: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 2:
O '''serialismo integral''' é unha corrente compositiva nacida no [[século XX]] e é a extensión do principio da serie [[dodecafonismo|dodecafónica]] de [[Arnold Schönberg|Schönberg]] a outros elementos musicais ademais da altura dos sons. O principio do serialismo integral é o pensamento de que se se podían serializar os doce sons da [[escala cromática]], tamén se poderían serializar outros elementos como a duración, a intensidade, o timbre e a textura. A técnica denomínase serialismo integral para diferencialo do [[serialismo]] limitado de Schönberg, o dodecafonismo.
 
== Historia ==
A xeración máis nova dos compositores [[Europa|europeos]] xurdida trala [[II Guerra Mundial]], rodeada de privacións materiais e dun gran illamento cultural, experimentou unha forte reacción contra a súa herdanza cultural, xa que para eles a tradición da música occidental parecía intrínsecamente vencellada aos fracasos políticos e sociais do pasado. Pensaban que se ía xurdir un mundo novo e mellor, tamén era necesario crear un novo tipo de música totalmente distinta a calquera outra que existira ata o momento. O [[Neoclasicismo (música)|neoclasicismo]], a corrente dominante na música europea durante un cuarto de século, foi visto con certa sospeita e aversión pola meirande parte dos compositores máis novos, que o vían como unha tentativa de reconciliar as revolucións técnicas postonais e os fundamentos estéticos da época anterior, polo que era necesario levar a cabo unha ruptura total coas nocións musicais anteriores. Crian que os primeiros compositores do século XX fallaran á hora de levar a cabo unha revolución musical que conlevara unha era radicalmente nova, en palabras de [[Pierre Boulez]]:{{Cita|En 1945-1946 nada estaba preparado e todo quedaba por facer: foi todo un privilexio o poder levar a cabo certos descubrimentos e atoparnos a nós mesmossen ningún punto de referencia, o cal tivo as súas dificultades, mais tamén as súas vantaxes''.<ref>''Orientations'', ed Jean-Jacques Nattiez</ref>}}
 
Liña 11:
A rixidez do serialismo integral pronto se relaxou.
 
== Principios compositivos ==
Os principios compositivos do serialismo integral son unha ampliación do sistema dodecafónico de Schönberg, no que existía unha única serie con varias permutacións que afectaba únicamente á altura dos sons. Nesta "evolución" do sistema dodecafónico existen varias series que afectan a outros elementos da música como a intensidade, a duración, etc.
 
Unha composición totalmente serial podería, con facilidade, producir no oínte a impresión de aleatoriedade, xa que a música que se basea nestes principios carece de temas no sentido clásico de entes melódico-rítmico-harmónicos fácilmente perceptibles con ampliacións, derivacións e desenrolos recoñecibles dos mesmos. Con esto coexiste unha ausencia típica dun pulso rítmico distinto e a ausencia de todo sentido de progresión, de movemento cara puntos de culme.
 
== Principais compositores ==
* {{FRAb}} [[Olivier Messiaen]]
* {{FRAb}} [[Pierre Boulez]] (alumno de Messiaen)
Liña 23:
* {{AUTb}} {{USAb}} [[Ernst Krenek]]
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Bibliografía ==
* DONALD J. GROUT & CLAUDE V. PALISCA: ''Historia de la música occidental (vol. 2)'', Editorial Alianza Música
* ROBERT P. MORGAN: ''La música del siglo XX'', Editorial Akal