Súdwest-Fryslân: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *exministro -> ex ministro
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 33:
[[Ficheiro:Sneek 20040902 2218.jpg|miniatura|Vista aérea de Snits, a capital municipal]]
[[Ficheiro:Appelmarkt in Bolsward Netherlands 2005-07-19.jpg|esquerda|miniatura|Rúa de Boalsert]]
'''Súdwest Fryslân''' é un concello [[Países Baixos|neerlandés]] da provincia de [[Frisia, Países Baixos|Frisia]] formado o [[1 de xaneiro]] de [[2011]] ao se fusionaren os concellos de [[Boalsert]], [[Nijefurd]], [[Snits]], [[Wûnseradiel]] e [[Wymbritseradiel]]. O novo concello ten 82.000 habitantes e conta con 69 entidades de poboación. A decisión de formar un só concello tomouse a finais de 2009 cando se xuntaron nun concello especial os concelleiros de todos os cinco municipios que adoptaron a decisión por ampla maioría.
 
== Política ==
Como en todos os concellos dos Países Baixos o goberno municipal deténtao o ''[[College van burgemeester en wethouders]]'' que está formado por concelleiros (''wethouders'') elixidos pola corporación municipal, o secretario do concello (''gemeentesecretaris'') elixido polo goberno municipal e o alcalde (''burgemeester'') nomeado polo goberno central e que preside o goberno municipal pero non dita a política municipal. Desde o 1 de xaneiro de 2010 o primeiro alcalde do concello é o ex ministro de agricultura [[Haijo Apotheker]] do partido [[Demócratas 66]]. A corporación municipal está composta por 37 concelleiros, celebrándose as eleccións en novembro de 2010 e deron a seguinte repartición de concelleiros<ref>[http://verkiezingen.fusiesudwestfryslan.nl/ verkiezingen.fusiesudwestfryslan.nl]</ref>: [[Chamada Demócrata Cristiá]] 10, [[Partido do Traballo (Países Baixos)|Partido do Traballo]] 7, [[Partido Nacional Frisón]] 6, [[Partido Popular pola Liberdade e a Democracia]] 5, [[EsquerdaVerde]] 2, [[Unión Cristiá]] 2, GemeenteBelangen Súdwest Fryslân 2, [[Demócratas 66]] 1, Totaal Lokaal 1 e [[Verenigd Links - Feriene Lofts]] 1.
* Wethouders:
** A. Offinga (CDA)
Liña 52:
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fusiesudwestfryslan.nl/ Web oficial] {{nl}}
 
[[Categoría:Súdwest Fryslân]]