Christopher Marlowe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de Eoax (conversa); cambiado á última versión feita por AMPERIO
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 19:
'''Christopher Marlowe''', nado en [[Canterbury]] e bautizado o [[26 de febreiro]] de [[1564]], e finado en [[Deptford]] o [[30 de maio]] de [[1593]], foi un [[teatro|dramaturgo]], [[poesía|poeta]] e [[tradución|tradutor]] [[Inglaterra|inglés]] do [[Teatro isabelino|Período isabelino]]. Popularizou o [[verso branco]] incorporándoo ao seu teatro. Está considerado como o gran predecesor de [[William Shakespeare|Shakespeare]], e actualmente existe un debate sobre a súa autoría en varias obras do Bardo.
 
== Traxectoria ==
Era fillo dun zapateiro. Estudou no Corpus Christi College de [[Cambridge]], obtendo o bacharelato en Artes en [[1584]]. Seguiu os seus estudos nesa cidade, pero en [[1587]] as autoridades universitarias negáronlle o título de licenciado por mor das súas longas ausencias e polo rumor de que se convertera ao [[catolicismo]] e viaxara a [[Reims]] para preparar o seu sacerdocio. Con todo, recibiuse unha orde do ''[[Privy Council]]'' da raíña [[Isabel I de Inglaterra]] ao seu favor, eloxiándoo pola súa fidelidade e servizos<ref>[http://www2.prestel.co.uk/rey/pc_cert.htm "Letter fron the Privy Cuoncil"], 29 de xuño de 1587 {{en}}.</ref>: {{cita|...na súa viaxe a Rheims non fixo tal intento, senón que pola contra estivo ás ordes e ao servizo da raíña... tal rumor deberá ser acalado por todos os medios posibles... Non é do agrado da raíña que quen estivo dedicado ao servizo do seu país se vexa difamado por aqueles que descoñecen os extremos que o tiveron ocupado.}}. Tras este comunicado, outorgóuselle a licenciatura a Marlowe.
 
Liña 36:
Porén, parte da crítica e da historiografía non acepta esta teoría, defendendo que o incidente foi unha montaxe para facelo desaparecer e evitar así o enfrontamento ante a xustiza. Igualmente, afirman que seguiu escribindo baixo o nome de [[William Shakespeare]]. Estas especulacións son coñecidas como a [[Teoría Marlowe]].
 
== Obra ==
O panorama do teatro inglés antes de Marlowe era bastante desolador. Baseábase en traducións e pezas menores, con escaso texto, moi centradas na música e o baile, intranscendentes e de marcado carácter medieval. Marlowe contribuíu a modernizar o panorama teatral inglés, iniciando a época florecente coñecida como época isabelina, que acadaría o cumio con William Shakespeare<ref>Santoyo , J. C. e Santamaría, J. M.: Introducción a ''La trágica historia de la vida y muerte del Doctor Fausto''. Madrid: Cátedra, 2002, p. 23. ISBN 84-376-0472-9 {{es}}.</ref>.
 
Liña 47:
Parte do éxito do autor debeuse ao actor [[Edward Alleyn]]. Era sorprendentemente alto para a época, e os altivos papeis de Tamberlán, Fausto ou Barabas puideron estar escritos para ser adaptados á súa posta en escena. As obras de Marlowe eran o principal repertorio da compañía teatral de Alleyn, a ''[[Admiral's Men]]'', durante a última década do século XVI.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Bibliografía ==
* Hoffman, C.: ''The Murder of the Man Who was Shakespeare''. New York: Julian Messner, 1955
* Santoyo, J.C. e Santamaría, J.M.: "Introducción" a MARLOWE, C. ''Fausto''. Madrid: Cátedra, 2004
* Slater, G.: ''Seven Shakespeares''. London: Cecil Palmer, 1931.
* Steane, J.B.: ''Marlowe: A Critical Study''. Cambridge: Cambridge University Press, 1964
* Bevington, D. e Rasmussen, E.: ''Doctor Faustus and Other Plays'', OUP, 1998; ISBN 0-19-283445-2
* Kuriyama, C.: ''Christopher Marlowe: A Renaissance Life''. Cornell University Press, 2002. ISBN 0-8014-3978-7
* Nicholl, C.: ''The Reckoning: The Murder of Christopher Marlowe'', Vintage, 2002 ISBN 0-09-943747-3
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.marlowe-society.org The Marlowe Society] {{en}}.
* [http://www.gutenberg.net/catalog/world/authrec?fk_authors=410 Obras de Christopher Marlowe] en el [[Proxecto Gutenberg]]. {{en}}.
 
{{ORDENAR:Marlowe, Christopher}}