Río Kagera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 17:
== Xeografía ==
O río nace no [[Monte Heha]], en [[Burundi]].
Nos seus inicios é coñecido como río Rukarara, aparecendo en [[Ruanda]], cerca do extremo norte do [[lago Tanganica]], no corazón do bosque tropical de Nyungwe, na [[provincia Occidental, Uganda|provincia Occidental]]. O río cambia varias veces de nome segundo descende e vai incorporando afluentes: primeiro leva o nome de Mwogo, logo o de Nyabarongo; ao confluír o Nyabarongo co Akanyaru dá lugar ao nacemento do río Akagera, e, despois, ao recibir este pola dereita o río Ruvubu, dá lugar ao río Kagera.
 
O Kagera flúe cara o norte, constituíndo durante a primeira metade do seu percorrido a fronteira natural entre [[Tanzania]] e Ruanda. Neste primeiro tramo, o río forma primeiro o límite occidental da reserva tanzana de Rusuma Falls-Burigi Game, e, máis adiante, durante un largo tramo, o límite oriental do ugandés Parque Nacional Akagera, que leva ese polo río.
 
Cerca de Kagitumba, o río cambia repentinamente de dirección cara o leste, nun punto no que hai unha trifronteira entre Ruanda, Tanzania e Uganda. Segue cara o leste, sendo a fronteira tanzano-ugandesa. Logo describe unha ampla curva cara o sur adentrándose no territorio tanzano e de novo volve, xa no seu tramo final, a ser fronteira entre Tanzania e Uganda. Desemboca finalmente no [[lago Victoria]] pola parte central da beira occidental, a uns 40 km ao norte da cidade de [[Bukoba]].
 
A súa cabeceira é a fonte do río Nilo máis afastada do [[mar Mediterráneo]].
Liña 35:
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==