Vocabulario Científico Internacional: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 2 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q3400055
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 2:
 
== Historia e características ==
O primeiro vocabulario científico internacional coñecido estableceuno [[Philip Babcock Gove]] dentro do ''Terceiro novo dicionario internacional'' de [[Webster]] (1961)<ref>McArthur, T. (ed.), ''The Oxford Companion to the English Language''. Oxford University Press, 1992. </ref>. Segundo o observado por [[David Crystal]]<ref>Crystal, D. ''The Cambridge Encyclopedia of the English Language''. Cambridge University Press, 1995. </ref>, a ciencia é un campo especialmente produtivo para as novas invencións.
 
Segundo o ''terceiro'' Webster, as "palabras do ISV (como, por exemplo, ''lipoid'') creáronse tomando unha palabra cun significado algo xeral e simple a partir dunha das linguas da antigüidade clásica, xeralmente o [[lingua grega|grego]] e o [[Lingua latina|latín]], pero conferíndolle un significado moi específico e complicado, adecuado para os propósitos do discurso científico moderno. Unha palabra do VCI é tipicamente un derivado ou un composto que "consegue só a súas materias primas dos idiomas da antigüidade". A súa [[Morfoloxía (lingüística)|morfoloxía]] pode variar segundo os diferentes idiomas modernos.
Liña 12:
[[Tom McArthur]]<ref name="mcarthur"/> cualifica as palabras e os morfemas do ISV como ''translinguistics'', explicando que funcionan "en moitos idiomas que serven como medios para a educación, a cultura, a ciencia, e a tecnoloxía". Ademais de en idiomas europeos, tales como o [[lingua inglesa|inglés]], o [[lingua castelá|castelán]], o [[lingua rusa|ruso]], o [[lingua sueca|sueco]], o [[lingua portuguesa|portugués]] ou o [[Lingua galega|galego]], os lexemas do VCI empréganse tamén en idiomas como o [[lingua xaponesa|xaponés]], o [[lingua malaia|malaio]], o filipino (''[[lingua tagala|tagalog]]'' ou ''tagalo'', en español) e outras linguas asiáticas. McArthur afirma que "no hai outro sistema de palabras e de [[morfema]]s tan internacional".
 
O VCI é un dos principais ''motores'' do desenvolvemento e a estandarización da ''Interlingua''. Os termos científicos e médicos en interlingua son en gran parte de orixe grecolatina, pero, como a maioría das palabras da interlingua, aparecen nunha ampla gama de idiomas. O vocabulario da interlingua establécese utilizando un grupo de idiomas de control seleccionado porque irradien palabras e absorben palabras dunha gran cantidade doutros idiomas. E, mediante a técnica do ''prototyping'' ou ''proto instances'', despois selecciónase un antepasado común máis recente de cada palabra elixíbel. Este procedemento serve para dar á interlingua o vocabulario o máis internacional posíbel<ref>6. Gode, A. ''Interlingua: A Dictionary of the International Language''. Nova York: Storm Publishers, 1951.</ref>.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==