Todo é silencio (novela): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 26:
'''''Todo é silencio''''' é unha [[novela]] de [[Manuel Rivas]]. Foi publicado por [[Edicións Xerais]] en outubro de 2010, cunha primeira edición de 12.000 exemplares.<ref>[http://www.xornal.com/artigo/2010/10/08/cultura/rivas-bate-marca-historica-xerais-todo-silencio/2010100800063301455.html "Rivas bate unha marca histórica en Xerais con ‘Todo é silencio’"], artigo en ''[[Xornal de Galicia]]'', 13 de outubro de 2010.</ref> Levou o premio de narrativa da [[AELG]] en 2011. En 2011 fíxose unha adaptación cinematográfica, dirixida por [[José Luis Cuerda]] con guión de [[Gerardo Herrero]] e coa participación de [[Quim Gutiérrez]], [[Ángel Silvestre]] e [[Celia Freijeiro]]<ref>[http://xerais.blogaliza.org/2011/09/29/os-actores-de-jose-luis-cuerda-agradecenlle-a-manuel-rivas-que-crease-os-personaxes-de-%C2%ABtodo-e-silencio%C2%AB/ "Os actores de José Luis Cuerda agradécenlle a Manuel Rivas que crease os personaxes de «Todo é silencio»"], artigo no blog de [[Edicións Xerais]], 29 de setembro de 2011.</ref>, co título homónimo de ''[[Todo é silencio (filme)|Todo é silencio]]''.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
 
Liña 41:
Leda cita a Fins na vella escola. Alí aparece Brinco, e iníciase un tiroteo, no que este resulta morto.
 
== Personaxes ==
* Tomás Brancana, ''Mariscal''
* Guadalupe Melga (muller de Mariscal)
* Víctor Rumbo, ''Brinco''
* Quique Rumbo (pai de Brinco; barman do Ultramar)
* Sira (nai de Brinco)
* Leda Hortas ''Nove Lúas'' (muller de Brinco)
* Antonio Hortas e Adela (pai e nai de Leda)
* Santiago Rumbo Hortas (fillo de Leda e Brinco)
* ''Macro'' Gamboa
* Tito Balboa ''Chelín''
* Óscar Mendoza (avogado)
* Delmiro Oliveira (portugués)
* Tonino Montiglio (siciliano)
* Pablo Escobar (colombiano)
* Félix ''Fins'' Malpica (inspector da Garda Civil)
* Lucho Malpica e Amparo Saavedra (pai e nai de Fins)
* Mara Doval (subinspectora)
* Basilio Barbeito, ''O Desterrado'' ou ''O Coxo'' (mestre)
* Carburo (gardacostas)
 
== Narración ==
A narración segue a liña das anteriores novelas do autor. Está narrada en [[terceira persoa]] cun [[narrador omnisciente]], e inclúe abondosas [[descrición]]s. Parte da historia está baseada en feitos e personaxes reais, relacionados cos clans do contrabando e narcotráfico existentes no [[Salnés]] e o [[Península do Barbanza|Barbanza]], vencellados á súa vez con clans estranxeiros. Así mesmo, teñen bos contactos coa igrexa e coa xustiza.
 
=== Espazo ===
Brétema é unha vila costeira, e preto dela aparecen numerosas praias, cabos e penedos. Moitos dos personaxes saben ben navegar, ben mariscar. Cara ao interior, son numerosos os outeiros desde os que se vixía a ría coñecidos polos personaxes.
 
Hai viaxes ao [[Baixo Miño]], e tamén se fala de cidades de [[América]], como [[Medellín]].
 
=== Tempo ===
A trama comeza a mediados da década de 1960 (menciónase que Cassius Clay pasa a facerse chamar [[Muhammad Ali]] tras negarse a loitar na [[guerra de Vietnam]]). A segunda parte comeza uns 20 anos despois, a mediados da década de 1980. Co paso do tempo vanse vendo as melloras tecnolóxicas usadas polos clans para comunicarse e para transportar a droga.
 
Hai numerosas [[analepse]]s, nas que se fala dos inicios no mundo do contrabando durante a posguerra.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.xerais.es/cgigeneral/newFichaProducto.pl?obrcod=2598298&id_sello_editorial_web=13&id_sello_VisualizarDatos=13 Ficha] na web da editorial.
 
[[Categoría:Obras literarias de 2010]]