Decretos de Nueva Planta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
lig int
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 3:
Os '''Decretos de Nueva Planta''' son un conxunto de decretos asinados polo rei [[Filipe V de España|Filipe V]] despois da [[Guerra de Sucesión]], en virtude dos cales abolíanse os [[Foro]]s e [[Constitucións catalás|Constitucións]] dos territorios da [[Coroa de Aragón]] e cambiábase a organización territorial da [[Monarquía Hispánica]]. Formalmente son unha serie de Cédulas Reais que estableceron unha «nova planta» das [[Real Audiencia|Reais Audiencias]] dos territorios da Coroa de Aragón e da [[Coroa de Castela]]. Todos eles veñen precedidos dunha abolición das institucións propias:
 
* Reinos de [[Reino de Valencia|València]] e [[Reino de Aragón|Aragón]]: [[29 de xuño]] de [[1707]].
* [[Mallorca]] e as [[Pitiusas]]: [[28 de novembro]] de [[1715]].
* [[Principado de Cataluña]]: [[16 de xaneiro]] de [[1716]].
 
{{Cita|''Los corregidores pondrán el mayor cuidado en introducir la lengua castellana, a cuyo fin darán las providencias más templadas y disimuladas para que se consiga el efecto deseado sin que se note el cuidado''|Decreto de nueva planta de 1717.<ref><small>En 2010 aínda seguen en vigor arredor de 150 disposicións, artigos e decretos que obrigan ao uso do castelán na industria e o comercio</small></ref><ref>''55 mentiras sobre lingua galega''. X.H. Costas (coord.). Editorial Laiovento, 2009. Publicación da plataforma cidadá ProLingua.</ref>}}
Liña 11:
O 13 de abril de 1711 promulgouse un segundo decreto en Aragón que restablecía parte do dereito aragonés e regulaba unha nova organización da Audiencia de Zaragoza. A primeira reivindicación da Coroa de Aragón respecto á situación anterior á Nueva Planta foi o memorial de agravios denominado ''[[Representació]]'' ([[1760]]). Os Decretos de Nueva Planta significaron a fin das institucións propias dos países da [[Coroa de Aragón]], se ben xa foran perdendo a súa influencia real durante os sucesivos reinados da [[Casa de Habsburgo]]<ref>Vegeu Joan Reglà, "El Regne de València i la Corona d'Aragó", en ''Aproximació a la història del País Valencia'' {{ca}}.</ref>.
 
== Precedentes ==
A ocupación militar da Coroa de Aragón e a consecuente aplicación dos Decretos de Nueva Planta representaron a aplicación dos plans do Memorial Secreto de [[Conde-Duque de Olivares|Gaspar de Guzmán]], conde-duque de Olivares, ao rei, para "reducir estes reinos de qué se compone España al estilo y leyes de Castilla sin ninguna diferencia" ([[1625]]). Cos Decretos de Nueva Planta, o primeiro rei da casa de [[Borbón]] seguiu, por outra banda, a política aplicada a [[Cataluña do Norte]] polos seus antepasados desde o [[Tratado dos Pireneos]] e a concepción absolutista do poder da monarquía.
 
== Consecuencias xurídicas ==
[[Ficheiro:ConstitucionsCatalanesVolumIr.jpg|miniatura| ''[[Constitucións de Catalunya]]'' publicadas en [[1704]] en virtude do ''[[Capítol de cort]]'' LXXXII aprobado nas [[Cortes de Barcelona (1701)|Cortes Catalás celebradas en Barcelona entre 1701-1702]].]]
 
Liña 25:
Á fin e ao cabo supuxo a perda da capacidade lexislativa e do control económico, fiscal, xudicial, aduaneiro e monetario propio e a dependencia dos aparatos políticos casteláns, á parte de impor a autoridade real por riba da legal<ref>[http://www.francescferrer.net/pub/cat/redaccio/notis-detall.asp?Item=1548&seccio=Noticies Manifesto] de [[Francesc Ferrer]] lido en 1976 na Devesa de Girona, nos actos organitzados na primeira celebración da [[Diada de Cataluña|Diada]].</ref>.
 
== Imposición dun modelo político ==
[[Ficheiro:Castillo_cardona.JPG|miniatura|Castelo de Cardona, último reduto da resistencia catalá na invasión de [[1715]].]]
 
Liña 40:
Para o Goberno Central creáronse as secretarías de Estado, orixe dos actuais [[ministerio]]s, que eran ocupadas por funcionarios designados polo rei. O sistema de Consellos dos reis da casa de Habsburgo foi abolido, agás o [[Consello de Castela]], que centralizou o poder e onde a Coroa de Aragón en conxunto tivo menos representación que [[reino de Galicia|Galicia]], [[Asturias]] e [[Navarra]] por separado. Creáronse tamén unhas Cortes únicas para todo o territorio, con sede en Madrid. Estas Cortes remarcaban a unidade e o centralismo pero non tiñan poder ante o poder absoluto do rei Borbón.
 
== Imposición dunha lingua ==
O Decreto de Nueva Planta prohibe o uso da [[lingua catalá]] á administración de xustiza de Cataluña: "As causas na Real Audiencia tramitaranse en lingua castelá"<ref>[http://www.mcu.es/archivos/lhe/Consultas/imagen.jsp?cod=003646&pos=3 Artigo 5].</ref>.
 
Instrución secreta redactada polo [[Abade de Vivanco]], secretario do Consello de Castela, dirixida aos correxidores de Cataluña: ''Porá os maiores esforzos para introducir a lingua Castelá, coa finalidade de dar as providencias máis mornas, e disimuladas para que se consiga o efecto sen que se noten os esforzos''<ref>"Instrucciones del fiscal José Rodrigo Villalpando a los corregidores de Cataluña el 29 de enero de 1716", recollido en FERRANDO, A. e NICOLÀS, M.: ''Panorama d'història de la llengua''. València. Tàndem, 1997. Pódese consultar na rede na páxina 72 de GARCÍA, M. J.: ''[http://www.tesisenxarxa.net/TESIS_UV/AVAILABLE/TDX-1030106-172201//folgado.pdf La gramática española y su enseñanza en la seguna mitad del siglo XVIII y principios del XIX (1768-1815)]'' València. Universitat de València. 2005 (tese doutoral) {{es}}.</ref>.
 
== Abolición do dereito foral ==
Non se aboliu en todos os reinos todo o dereito foral, dado que nalgúns, como o de Mallorca, se aboliu só o dereito político e administrativo e non o penal, o procesual nin o privado. No caso do reino de Aragón, onde houbo dous Decretos de Nueva Planta (en 1707 e 1710), co segundo restaurouse o dereito privado que se abolira co primeiro. Tampouco perdeu o dereito privado o Principado de Cataluña. Así que, tan só perdeu este dereito o reino de Valencia xunto con todos os outros dereitos.
 
De feito, o artigo 42 do Decreto para o Principado de Cataluña di textualmente: "En todo o que non estea nos capítulos precedentes deste decreto, obsérvanse as constitucións que antes había en Cataluña; entendéndose, que son de novo establecidas por este decreto, e que teñen a mesma forza e vigor que o individual manado del"<ref>[http://www.mcu.es/archivos/lhe/Consultas/imagen.jsp?cod=003646&pos=12 Artigo 42] (56 nesta edición).</ref>. Isto significou a prevalencia do Dereito Civil Catalán, pois no capítulos anteriores non se fala en absoluto deste<ref>de Camps e Arboix, J.: ''El Decret de Nova Planta''. Rafael Dalmau, editor, Barcelona 2005, páx 35 e ss. {{ca}}.</ref>.
 
== Abolición das institucións catalás ==
[[Ficheiro:ConstCATMonso1535.png|miniatura|dereita|Os Decretos de Nueva Planta supuxeron a abolición de feito das [[Constitucións catalás]] (Compilación das constitucións de [[1585]]).]]
 
O decreto de Nueva Planta de Cataluña abolía a Deputación do Xeneral, as [[Cortes Catalás]], o ''[[Consell de Cent]]'', etc. Substituía ao vicerrei por un capitán xeral, dividía Cataluña en correxementos, como en Castela, e desaparecían as tradicionais [[vigairía]]s. Establecíase o [[catastro]], para gravar propiedades urbanas e rurais, e os beneficios do traballo, o comercio e a industria. Igualmente, o castelán pasaba a ser lingua oficial, especialmente da escola e os xulgados. Tamén se pecharon as universidades catalás, que deran apoio ao Arquiduque Carlos de Austria, e creábase a [[Universidade de Cervera]].
 
O decreto de Nueva Planta de Mallorca e as Pitiusas (de acordo co [[Tratado de Utrecht]], despois da [[Guerra de Sucesión]], [[Menorca]] pasou a depender da [[Imperio Británico|Coroa Británica]]) abolía todas as institucións mallorquinas, como o ''[[Gran i General Consell]]''. Ademais implantouse o nome romano de Palma na Cidade de Mallorca.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.mcu.es/archivos/lhe/Consultas/imagen.jsp?cod=003646&pos=1 Facsícmil do Decreto de Cataluña], Ministerio de Cultura {{es}}.
 
[[Categoría:Historia de Cataluña]]