Hepatotoxicidade: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 2:
A '''hepatotoxicidade''' é a [[toxicidade]] relativa ao [[fígado]], órgano multilobular de gran tamaño situado na [[abdome|cavidade abdominal]]. A súa función está intimamente relacionada coa do [[aparello dixestivo]]. Ademais é o centro neurálxico do [[metabolismo]], fundamental para eliminar do organismo diferentes produtos do metabolismo e xenobióticos mediante a súa conversión a formas que poidan ser excretadas<ref>''Fundamentos de toxicologia'', Ed Macgraw-Hill px. 206.</ref>.
 
== Tipos de lesión hepática ==
O fígado é capaz de responder ás agresións cunha serie de modificacións ben descritas dende o punto de vista morfolóxico, e que por orde de progresión son<ref>''Fundamentos de fisopatologia'', Esteller, M. Cordero px. 295-297.</ref>:
* '''Inflamación''': o dano hepatocitario ligado á presenza de células inflamatorias denomínase hepatite, e pode afectar distintas áreas do [[parénquima]] hepático.
* '''Dexeneración''': prodúcese cando os hepatocitos, atacados por axentes tóxicos ou [[inmunoloxía|inmunolóxicos]], adquiren un aspecto inflamado e edematoso. Neste caso é posible apreciar neles depósitos de ferro, cobre, [[bile]], etc. Se o que se acumula é graxa, fálase de esteatose.
* '''Necrose''': o aspecto dos hepatocitos necrosados pode indicar a causa orixinaria da morte. Así, falamos de necrose por coagulación (orixe isquémica), por lise (orixe osmótica) ou eosinofílica (orixe tóxica ou inmunolóxica), etc.
* '''Fibrose''': o ataque tóxico continuo do fígado ou a súa [[inflamación]] crónica poden xerar a aparición de fibrose. O seu inicio pode ser [[vea porta|periportal]]. A diferenza das modificacións sinaladas ata agora, a fibrose adoita ser irreversible e só nalgúns tipos concretos se obtén regresión terapéutica.
* '''Cirrose''': o ataque parenquimatoso continuado e a fibrose desenvolvida adoitan dar lugar á aparición dunha serie de alteracións morfolóxicas que se coñecen como cirrose.
 
== Enfermidades hepáticas inducidas por fármacos ==
Poden clasificarse en dous grandes grupos xerais segundo sexa o seu mecanismo de toxicidade<ref>''Fisiología'', Berne y Levy px. 542-543.</ref>:
* '''Mecanismo directo''': é o máis frecuente (80% dos casos). Caracterízase por un cadro necrótico ou esteatósico que aparece tras un período de latencia curto, dependendo da dose.
* '''Mecanismo idiosincrásico''': menos frecuente que o anterior, trátase dun cadro tóxico independente da dose, non predecible nin reproducible e con períodos de latencia máis longos e maior variedade de afectación do fígado.
 
Os [[fármaco]]s que producen con máis frecuencia danos no fígado son halotano, clorpomacina, [[anticonceptivo]]s orais, cotrimoxazol e AINEs. Os fármacos máis implicados en danos mortais son halotano, antituberculosos e clorpromazina.
 
== Diagnóstico ==
Para avaliar o posible dano no fígado provocado por un fármaco hai que considerar varios factores, como a exposición ó fármaco, o momento do inicio das alteracións, as características clínicas e a realización de probas de función hepática (PFH). As PFH rutinarias inclúen a determinación da [[bilirrubina]] total, alanina [[transaminasa]]s e a fosfatasa alcalina. A diminución da capacidade de síntese do fígado, detéctase determinando as [[proteína]]s totais, a [[seroalbumina humana|albumina]] e o tempo de protombina. A bilirrubina conxugada pode medirse para determinar se hai obstrución biliar. A [[biopsia]] do fígado tamén é útil para diagnosticar unha alteración nas súas células.<ref>''Reacciones adversas a medicamentos y enfermedades yatrógenas'', px. 536-548.</ref>
 
== Tratamento ==
Suspender a administración do fármaco presuntamente hepatotóxico é a actuación máis importante. En determinadas circunstancias pode intentar retirarse o fármaco remanente do organismo, como no caso do [[paracetamol]] onde pode administrarse acetilcisteina como [[antídoto]].<ref>''Reacciones adversas a los medicamentos'' px. 189-206.</ref>
 
== Prevención ==
A miúdo, a toxicidade descóbrese nos primeiros estudos con seres humanos, e entón retíranse os fármacos experimentais. Cando sexa posible, as persoas con [[hepatite]] B ou C crónica deben evitar os fármacos que causan toxicidade no fígado. Nalgúns casos, é posible reducir o risco de trastornos do fígado utilizando doses máis baixas. Pero noutros casos necesítase un medicamento aínda que se saiba que ocasiona toxicidade no fígado, nestes casos é necesario levar un control regular das probas da función hepática (PFH). Dado que o [[alcohol]] aumenta o risco de sufrir danos no fígado a causa dos medicamentos, debe evitarse ou reducirse o consumo de bebidas alcohólicas. Se a toxicidade no fígado descóbrese a tempo, normalmente pode deterse o dano e o fígado pode recuperarse.<ref>''Los medicamentos y el hígado''. www.hcvadvocate.org-</ref>
Algúns dos fármacos para os que se recomenda practicar regularmente PFH son<ref>''Farmacologia Humana''. J.Florez px. 149-156.</ref>:
 
* AINES.
* Aminoglucosidos.
* [[anticoagulante]]s orais.
* cimetidina.
* cloranfenicol.
* lidocaína.
* paracetamol.
* [[hipoglicemia]]ntes orais.
* fenitoina.
* ergotamina.<ref>''Farmacologia Humana''. J. Florez, px. 149-156.</ref>
 
== Criterios de utilización de fármacos no enfermo hepático ==
Os pacientes con enfermidade hepática teñen unha frecuencia 2-3 veces maior de reaccións adversas que a poboación xeral. Debe terse en conta o tipo de enfermidade hepática que padece antes de pautar un tratamento e axustar a dose para minimizar os riscos de producir maior dano no fígado. Algúns dos fármacos que deben evitarse ou utilizarse con precaución son AINES, aminoglucosidos, anticoagulantes orais, cimetidina, cloranfenicol, lidocaína, paracetamol, hipoglucemiantes orais, fenitoina, ergotamina.<ref>''Farmacologia Humana''. J. Florez, px. 149-156.</ref>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* 1 {{cita libro
| autor =Cassarett y Doull
| título =Fundamentos de toxicologia
Liña 53:
| id = ISBN 978-84-486-0534-6
}}
* 2 {{cita libro
| autor =Esteller, M. Cordero
| título =Fundamentos de fisopatologia
| ano =1998
| publicación =Ed Macgraw-Hill
| id = ISBN 844860214584-486-0214-5
}}
* 3 {{cita libro
| autor =Berne y Levy
| título =Fisiología Berne y Levy
Liña 67:
| id = ISBN 978-84-8174-948-9
}}
* 4 {{cita libro
| autor =J.L. Bada Ainsa; J.A. Salva Miquel.
| título =Reacciones adversas a medicamentos y enfermedades yatrogenas
Liña 74:
| id = ISBN 84-7978-035-2
}}
* 5 {{cita libro
| autor =A. Lee
| título =Reacciones Adversas a los medicamentos
| ano =2007
| publicación =Pharmaceutical Pr
| id = ISBN 849599318X84-95993-18-X
}}
* 6 {{cita libro
| autor =. L. Highleyman
| título =Los medicamentos y el hígado.
Liña 88:
|
}}
* 7.8.9 {{cita libro
| autor =J.Florez
| título =Farmacologia Humana