Saski Baskonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
FleaRHCP (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 32:
| sitio_web = [http://www.baskonia.com www.baskonia.com]
}}
O '''Saski Baskonia S.A.D.''' é un club de [[baloncesto]] profesional [[Euskadi|vasco]] da cidade de [[Vitoria-Gasteiz]], denominado por motivos de patrocinio '''Laboral Kutxa'''. Foi fundado en [[1959]] baixo o nome de Club Deportivo Vasconia, denominación que mantivo ata [[1976]]. Ese ano, José Luis Sánchez Erauskin, quen daquela era presidente, trocou o "V" polo "B", pasando o club a denominarse C.D. Basconia. Entre [[1984]] e [[1986]] foi patrocinado por "Caja de Álava", dende [[1987]] ata [[2009]] estivo patrocinado pola empresa de cerámicas Taulell, dende [[2009]] a [[2013]] pola caixa vasca "Caja Laboral", e dende [[2013]], pola caixa vasca "Laboral Kutxa".
 
O Baskonia compite na [[Liga ACB]] [[España|española]], sendo nos últimos anos converteuse un dos clubs máis potentes do baloncesto [[España|español]] e [[Europa|europeo]]. A súa cancha de xogo é o [[Fernando Buesa Arena]], un pavillón que conta cunha capacidade para 9.900 espectadores. O presidente do club é dende [[setembro]] de [[1988]] o ex-xogador [[José Antonio Querejeta|Josean Querejeta]].
Liña 53:
Co comezo da década, a normativa da ACB que obriga a que os pavillóns teñan capacidade para máis de 5.000 espectadores, leva ao club a trasladarse dente o Pavillón de Mendizorroza ao [[Fernando Buesa Arena|Pavillón Araba]]. Co troco do estadio os resultados deportivos non tardarían en chegar, en [[1991]] o Taugrés volve a Europa, acudindo dende ese ano de xeito regular.
 
O primeiro gran título chegou finalmente en [[1995]], gañando o Taugrés a [[Copa do Rei de Baloncesto|Copa do Rei]] tras vencer na final celebrada en [[ Granada, España |Granada]] ao [[Amway Zaragoza]] por 88 a 80. Pablo Laso do Baskonia foi nomeado MVP. Ao ano seguinte un novo título chegou ás vitrinas dos vitorianos, a Copa Saporta, tras vencer na final por 88 a 81 ao [[PAOK Tesalónica BC]] [[Grecia|grego]]. Durante os anos [[1990|noventa]] volveu a conseguirse un título, outra Copa do Rei de [[1999]], esta vez tras gañar ao [[CB Sevilla|Caja San Fernando]] por 70 a 61 en [[Valencia]]. O ano [[1999]] tamén é salientable dentro da historia do club, descantando a ampliación do Buesa Arena até 9.500 espectadores e o debut dos [[País Vasco|vascos]] na máxima competición continental, a [[Euroliga]].<ref name="historia" />
 
=== Chegan os éxitos ===
Liña 214:
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 222:
 
{{Liga ACB}}
 
[[Categoría:Equipos da ACB]]
[[Categoría:Equipos de baloncesto do País Vasco]]