Impresión, sol nacente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 3:
'''''Impresión, sol nacente''''' (en [[lingua francesa|francés]] ''Impression, soleil levant'') é un cadro do pintor francés [[Claude Monet]], cuxo título deu nome ó movemento [[impresionismo|impresionista]]. Realizado en [[1873]]<ref name=marmottan>[http://www.marmottan.com/francais/Collections/impression_soleil_levant.asp Páxina do ''Musée Marmottan Monet'' de París]</ref> durante unha breve estancia do artista en [[Le Havre]], representa o amencer no porto da cidade.
 
== A técnica ==
A intención do artista nesta obra non é capturar o detalle, senón plasmar un intre fugaz: o momento no que o sol se eleva no horizonte entre as néboas do porto de Le Havre. Así, Monet emprega pinceladas soltas coas que consegue que as formas desaparezan case por completo creando deste xeito unha sensación atmosférica: as figuras e a paisaxe están tan esvaídas que semellan un esbozo, coma acontece coas barcas e co fondo da escena. Asemade, para plasmar o movemento da auga emprega unhas pinceladas descontinuas na súa superficie e no reflexo do sol <ref>[http://leiter.wordpress.com/2009/10/20/impresion-sol-naciente-claude-monet/ Páxina http://leiter.wordpress.com]</ref>.
 
== Contexto histórico ==
A obra foi presentada por primeira vez en [[1874]] na "I Exposición da sociedade anónima de artistas pintores, escultores e gravadores" <ref name=marmottan/> <ref>[http://www.artehistoria.jcyl.es/genios/cuadros/3363.htm Páxina de ''artehistoria'']</ref>, que era unha alternativa ao Salón de París -o cal estaba ligado á Escola de Belas Artes- onde podían expoñer as súas obras artistas independentes que buscaban unha renovación das artes. O autor houbo de buscarlle un título para incluíla no catálogo da exposición:
 
Liña 13:
A raíz deste evento, o crítico Louis Leroy, do xornal ''Le Charivari'', escribiu un artigo coma crítica á exposición o 25 de abril de 1874, titulado "l'Exposition des Impressionnistes" ("A exposición dos impresionistas") tentando facer un xogo de palabras despectivo co título do cadro de Monet. Deste xeito xurdiu o nome deste movemento artístico.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
[[Categoría:Obras pictóricas]]