Ramón Vázquez Molezún: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 16:
'''Ramón Vázquez Molezún''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[2 de setembro]] de [[1922]] e finado en [[Madrid]] o [[1 de outubro]] de [[1993]], foi un [[arquitecto]] galego.
 
== Biografía ==
Obtivo o título de arquitecto en [[1948]] pola [[ETSA]] de [[Madrid]]. Entre 1949 e 1952 estivo de bolseiro pensionado na Academia de España en Roma. Entre 1950 e 1952, ademais, foi correspondente en [[Roma]] da ''[[Revista Nacional de Arquitectura]]''.
 
En [[1952]] fundou xunto a [[José Antonio Corrales|José Antonio Corrales Gutiérrez]] o estudio [[Corrales y Molezún]]. Entre 1981 e 1985 exerceu de Profesor de Proxectos III na ETSA de Madrid.
 
== Obras principais ==
As obras do estudio [[Corrales y Molezún]] mantiñan un estilo racionalista-construtivista<ref>[http://www.elmundo.es/papel/hemeroteca/1996/05/24/cultura/112740.html "El arte de Corrales/Molezún"], artigo de [[Antonio Fernández-Alba]] en ''[[El Mundo]]'', 24 de maio de 1996 {{es}}</ref>, e foi un dos estudios de referencia na arquitectura española da posguerra.
 
=== Proxectos representativos ===
En 1956 o estudio gañou o primeiro premio do Concurso Nacional para deseñar o pavillón español na [[Exposición Universal de Bruxelas de 1958]]<ref>[http://es.encarta.msn.com/encyclopedia_761595325/Corrales_y_Molez%C3%BAn.html "Corrales y Molezún"] na enciclopedia ''[[Encarta]]'' {{es}}</ref>. Este pavillón, construído a base de módulos hexagonais desmontables soportados por esveltos piares metálicos, constitúe a obra máis representativa dos arquitectos. O pavillón foi reinstalado en 1959 na [[Casa de Campo]] de Madrid, onde se mantén nun estado de grande abandono.
 
Liña 33:
Outros edificios destacables son o edificio de Selecciones del [[Reader's Digest]] (1963-1965), e tres edificios madrileños: o edificio Bankunión (1970-1975), o edificio do [[Banco Pastor]] (1973) e o edificio auxiliar para o [[Banco de España]] (1984).
 
== Premios ==
* 1947: 1ª Medalla na exposición de Acuarelistas de España e Portugal, pola obra ''Paseo dos Melancólicos''.
* 1949: [[Premio de Roma|Gran Premio de Roma]] polo proxecto de Faro votivo a Santiago Apóstol.
* 1951: Premio da Dirección Xeral de Belas Artes polo Teatro ao aire libre, homenaxe a [[Antoni Gaudí|Gaudí]], na I Bienal Hispanoamericana celebrada en Madrid.
* 1952: Medalla do Ministerio de Educación Nacional na exposición de Belas Artes.
* 1953: Gran Premio do Ministerio de Educación Nacional polo proxecto de Museo de Arte Contemporánea e Pazo de Exposicións na II Bienal Hispanoamericana celebrada na [[A Habana|Habana]].
* 1954: [[Premio Nacional de Arquitectura]].
* 1955: Premio de Arquitectura da Trienal de Arte de Milán.
* 1955: Premio Nacional de Arquitectura polo Museo de Arte Contemporánea e o Pazo de Exposicións.
* 1955: Primeiro Premio no Concurso de Proxectos para a Delegación de Facenda da [[A Coruña|Coruña]].
* 1955: Segundo Premio polo proxecto da Facultade de Ciencias de Barcelona.
* 1956: Primeiro Premio para a realización do Pavillón de España na Exposición Universal de Bruxelas de 1958.
* 1957: Primeiro Premio polo proxecto Residencia Infantil para Cristalera Española.
* 1959: Premio do Círculo de Estudos de Arquitectura de París.
* 1961: Primeiro Premio no Concurso para a Urbanización da [[Huerta del Rey]] en [[Valladolid]].
* 1962: Terceiro Premio no Concurso para a Prolongación da Alameda de [[Málaga]].
* 1963: Segundo Premio no Concurso de anteproxectos para a [[Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños de Madrid]].
* 1964: Segundo Premio no concurso de anteproxectos para o Pavillón Español na Feira Mundial de [[New York]].
* 1964: Terceiro Premio no concurso internacional para a [[ópera de Madrid]].
* 1970: Primeiro Premio no Concurso para o edificio central de Bankunión en Madrid.
* 1971: Segundo Premio no concurso para a Sede Central do Banco de Bilbao en Madrid.
* 1972: Premio Mundial do [[Industrial Building Design]] en [[Chicago]].
* 1972: Primeiro Premio no concurso do novo edificio Banco Pastor en Madrid.
* 1973: Primeiro Premio no concurso do [[Parador Nacional]] de [[La Seu d'Urgell]].
* 1974: Primeiro Premio no concurso de anteproxectos do Edificio Central de [[Renfe]] Chamartín.
* 1975: Primeiro Premio no concurso de edificio de oficinas centrais de Aviaco.
* 1975: Primeiro Premio no concurso Novo Gran Kursaal en [[Donostia]].
* 1977: Primeiro Premio no concurso dos Laboratorios Ibys en Tres Cantos (Madrid).
* 1978: [[Premio Juan de Villanueva de Arquitectura]] polo edificio Banco Pastor.
* 1978: Primeiro Premio polo Proxecto de Urbanización Sotogrande en San Roque (Cádiz).
* 1984: Primeiro Premio no Concurso para Residencia do Banco Exterior de España en [[Conil de la Frontera]] (Cádiz).
* 1989: Encargo por Concurso da [[Universidade Politécnica Carlos III]] en [[Leganés]].
* 1993: Medalla de Oro da Arquitectura 1992 do [[Consello Superior de Colexios de Arquitectos]].
* 1993: [[Medalla Castelao]].
* 1995: Medalla de Ouro de Honra [[Unión Fenosa]] (a título póstumo).
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
{{Medallas Castelao}}
 
{{ORDENAR:Vazquez Molezun, Ramon}}
 
[[Categoría:Arquitectos de Galicia do século XX]]
[[Categoría:Medallas Castelao]]