Gomo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 2:
[[Ficheiro:Flower Buds.jpeg|miniatura|dereita|Botón floral nunha [[roseira]].]]
 
En [[botánica]], chámase '''gomo''' ou '''xema''', á formación inicial dunha [[póla]] das [[plantas vasculares]], formado por células [[meristema|meristemáticas]]. Na lingua vulgar, xeralmente empréganse palabras como '''botón''' ou '''anovo'''. Os termos [[rebento]], brote, gromo, xermolo, abrocho, adoitan ser xemas xa desenvolvidas; porén ás veces os termos se confunden.
 
Os gomos poden formarse na [[axila (botánica)|axila]] dunha [[folla]] ou na extremidade dunha póla ou do [[talo]] e poden dar orixe a unha nova póla ou a unha [[flor]] (que é unha póla modificada para as funcións da [[reprodución]]).
Liña 22:
Os gomos son útiles na identificación das plantas, especialmente nas leñosas que, no inverno perden as follas.<ref>[http://ohioline.osu.edu/b700/b700_07.html Ohio Trees, Bulletin 700-00, General] {{en}}</ref> Para este efecto, os gomos son clasificados e descritos de acordo con diferentes criterios: localización na planta, ''status'', morfoloxía e función:
 
* de acordo ca localización,
** '''terminais''', cando se atopan na extremidade do talo (o termo '''apical''' é equivalente, mais xeralmente está reservado aos que se localizan no topo da planta),
** '''axilares''', cando se atopan na axila dunha folla ('''lateral''' é equivalente, mais algúns gomos adventicios poden tamén ser laterais),
** '''adventicios''', cando se forman noutros lugares da planta, por exemplo no tronco ou nas raíces (algúns gomos adventicios poden terse formado en axilas de follas, tornándose despois reducidos polo crecemento da casca do ramo),
 
* de acordo co ''status'',
** '''accesorios''', os gomos secundarios formados xunto a un gomo principal (axilar ou terminal),
** '''adormentados''', os gomos cuxo desenvolvemento é interrompido durante un período relativamente longo (o termo é usado para gomos que non se desenvolven durante o inverno ou a época seca, mais normalmente é empregado para aqueles que non se desenvolven durante varios anos),
** '''pseudoterminais''', os gomos axilares que se transforman en terminais, característicos das especies cuxo crecemento é [[simpodial]], en que o gomo terminal non se desenvolve e a planta medra a partir do gomo axilar máis próximo, como no [[platanus|Plátano]],
 
* de acordo coa morfoloxía,
** '''escamosos''' ou '''cubertos''', cando a superficie externa do gomo está cuberta por escamas acastañadas,
** '''espidos''', cando non están cobertos por escamas,
** '''tomentosos''', cando están protexidos por pelos (poden ser escamosos ou espidos),
 
* de acordo coa función,
** '''vexetativos''', se apenas conteñen pezas vexetativas, ou [[embrión]]s de follas,
** '''reprodutivos''', se conteñen os embrións das pezas que formarán unha [[flor]],
** '''mixtos''', se conteñen tanto embrións de follas como de flores.
 
== O gomo na cultura popular ==
=== Refraneiro ===
* Gomo de marzo non vai ó cabazo.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Rebento]]
 
=== Bibliografía ===
* [http://books.google.com/books?id=a8q1p_MiiOcC&pg=PA29&lpg=PA29&dq=gomo+bot%C3%A2nica+crescimento&source=web&ots=anQqgQcmtG&sig=aIG9unrmLEeBAw3BQEStB58kKeU&hl=pt-PT&sa=X&oi=book_result&resnum=5&ct=result#PPP1,M1 Ferri, Mário Guimarães – Botânica. Morfologia Externa das Plantas. ]
 
 
 
[[Categoría:Termos botánicos]]