Luís Rial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m DEFAULTSORT -> ORDENAR
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
'''Luís Rial Suárez''', nado en [[Santiago de Compostela]] o [[4 de agosto]] de [[1942]], é un xornalista [[Galicia|galego]].
 
== Traxectoria ==
Empezou traballando nos anos sesenta na [[Cadena SER]], logo pasou á [[Radiocadena Española]] e en [[1973]] comezou a traballar como correspondente de [[Radio Nacional de España]] en [[Galicia]], con sede en Santiago. Alí permaneceu ata [[1985]], cando pasou a integrar o cadro de traballadores da entón acaba de crear [[Radio Galega]]. Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos ''magazines'' da fin de semana que se chamaba ''Galicia en festas'', e que despois se converteu en programa de seu baixo o título ''Un día de radio''. A partir de [[2005]] dirixiu e presentou o ''[[late show]]'' ''A hora golfa'', en emisión de madrugada; ese foi o seu último programa ata que a dirección da radio decidiu improcedentemente a súa xubilación ao cumprir os 65 anos. Trala súa readmisión forzosa por mandato xudicial, presentou e dirixiu o programa de madrugada da [[Radio Galega]], baixo o título de ''Pensando en ti'', rótulo que popularizara Marcial Mouzo ata que foi destituído o 8 de xuño de 2012 logo de insultar os seus compañeiros de emisora en antena<ref>[http://praza.com/movementos-sociais/1181/a-radio-galega-destitue-a-luis-rial-tras-insultar-gravemente-os-seus-companeiros/ A Radio Galega destitúe a Luís Rial tras insultar gravemente os seus compañeiros. Praza Pública]</ref>.
 
== Galardóns ==
* Premio de Xornalismo de Galicia ([[1988]])
* Premio á Galeguidade ([[1987]])
* Premio Álvaro Cunqueiro de xornalismo gastronómico ([[1999]])
* [[Medalla de Galicia|Medalla de Bronce de Galicia]] ([[2003]]).
 
== Vida persoal ==
Casado e con tres fillos, é propietario dun local de hostalería. Tamén foi dirixente de diversos colectivos de hostaleiros, como a Unión Hostaleira Galega.
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galegos.info/gl/luis-rial-suarez Ficha en galegos.info]
 
{{ORDENAR:Rial Suarez, Luis}}
 
[[Categoría:Xornalistas de Galicia]]
[[Categoría:Medalla de Bronce de Galicia]]