Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
'''Ángel Barja Iglesias''', nado en [[Terroso, Vilardevós|Terroso]], [[Vilardevós]], o [[5 de outubro]] de [[1938]] e falecido en [[León, España|León]] o [[12 de febreiro]] de [[1987]]<ref>[http://www.elpais.com/articulo/agenda/angel/Barja/compositor/elpepigen/19870214elpepiage_1/Tes/ "Ángel Barja, compositor"], nota necrolóxica en ''[[El País]]'', [[14 de febreiro]] de [[1987]] {{es}}.</ref>, foi un compositor galego.
 
== Biografía ==
Estuda o bacharelato en El Espino de [[Burgos]] e despois filosofía, psicoloxía e teoloxía en [[Valladolid]], coa intención de facerse eclesiástico, proxecto que abandonou para dedicarse á música (actividade que xa comezara aos 16 anos compoñendo pezas de música coral). Formouse nas diversas facetas da arte musical e en 1954 comenzan as súas actividades como compositor. Para ampliar e perfeccionar os seus coñecementos viaxou por [[Italia]] (onde mantivo contactos con Petrassi, Porena, Bertolucci e o movemento de vangarda ''Nuova Consonanta''), [[Suíza]] e [[Austria]]. En 1972 instálase en León para ocuparse da ensinanza no conservatorio e da dirección do coro ''Capela clásica''.
 
As súas composicións abarcan todos os xéneros musicais e moi diversificadas linguaxes.
 
== Premios ==
* Premio Nacional de Composición, 1972.
* Premio Nacional de Composición, 1984.
* Premio Internacional da Real Academia de Belas Artes de Garanada 1985.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.ebierzo.com/post/1616 Memorial Ángel Barja]
 
[[Categoría:Personalidades da música de Galicia|Barja, Angel]]
380.827

edicións