Batalla de Medina de Rioseco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Zamora, España → Zamora
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
A '''Batalla de Medina de Rio Seco''' foi disputada durante a [[Guerra da Independencia española]] o [[14 de xullo]] de [[1808]] e provocou a derrota do único exército español capaz de defender os vellos reinos de [[Castela e León]] contra os franceses.
 
== Situación no norte de España ==
As recentes operacións efectuadas polos franceses na rexión estaban lonxe de espertar o interese de [[Napoleón I|Napoleón]]. En xuño, unha columna destacada de [[Jean-Baptiste Bessières]] tentou marchar sobre [[Santander]], a fin de asegurar as comunicacións francesas e gardar a costa cantábrica ante un posíbel desembarco británico. Abafado pola resistencia masiva na zona, Bessières veuse forzado a dar marcha atrás.
 
[[Napoleón I|Napoleón]] empeñou entón máis tropas e formulou unha nova estratexia. En xullo ordenou a [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] que renovase a ofensiva sobre o Leste. Fronte os franceses opúñase o xeneral [[Joaquín Blake|Joaquín Blake y Joyes]], que comparte mando nun difícil [[duunvirato]] co xeneral [[Gregorio Garcia de la Cuesta|Cuesta]], axuntando un exército heteroxéneo de recrutas, milicianos e máis soldados regulares que procedían de cuarteis illados. Ámbolos dous xenerais españois comandan unha forza de arredor de 24.000 homes. Esta forza tomou posicións sobre unha suave altura próxima á cidade de [[Medina de Rio Seco]].
 
== Desenvolvemento da batalla ==
O 14 de xuño unidades das dúas divisións do exército de [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] efectúan o asalto da crista. A maioría dos españois combaten con vontade indomábel, inflixindo aos franceses unhas perdas calculadas en máis de 1.000 homes, mais o fráxil exército de Blake foi finalmente quebrado polos asaltos determinantes do seus inimigos, sendo posto en fuga cara o Oeste. Se hai que facer algún reproche sobre esta derrota española, debe recaer sobre Cuesta, que por razóns nada claras, refusou despregar os seus 6.500 homes.
 
== Consecuencias da batalla ==
Como secuela da acción de Medina de Rio Seco, [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] tomou doadamente [[León, España|León]] e [[Zamora]]. Os franceses efectuaron salvaxes represalias cos prisioneiros e contra as poboacións das localidades veciñas, que ironicamente foran das poucas que non se uniran ao levantamento popular xeral.
 
A vitoria de [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] mellorou grandemente a posición estratéxica do exército francés no Norte de España. Encantado, [[Napoleón I|Napoleón]] proclamou: {{Cita|Se o mariscal [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]] foi quen de bater o Exército de Galiza con tan poucas perdas e pouco esforzo, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] será capaz de darlle volta calquera cousa coa que se poida atopar}}<ref> O sal da cita reside no feito de que catro días despois, o xeneral [[Pierre Dupont de l'Étang|Dupont]] era vencido en Bailén polos españois e sometíase con 20.000 homes a unha capitulación humillante para os franceses. Ver [[Batalla de Bailén]]. O mando francés veuse preso de pánico e ordenou unha retirada xeral até o [[río Ebro|Ebro]], desfacendo a obra tan duramente lograda por [[Jean-Baptiste Bessières|Bessières]]</ref>.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
[[Categoría:Batallas da Guerra de Independencia española|Medina del Rio Seco]]