Éibar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 27:
A bandeira é o escudo sobre fondo branco.
 
== Toponimia ==
En 1346 [[Afonso XI de Castela]] fundou a vila co nome de ''Villanueva de San Andrés'' ao que enseguida se engadíu ''de Heybar''. Xa en documentos de 1493 e 1494 figuran os nomes de ''Ehibar'' e ''Heybar''. Como Gregorio de Mújica indica nas súas obras, o topónimo coñeceu diferentes formas e ningunha excluíu as demais. Así pois á Cidade Armeira coñecéuselle como ''Villanueva de San Andrés de Heybar'', ''Heibar'', ''Eybar'' e ''Heivar''. Hoxe en día utilízanse a forma ''Eibar'' (oficial).
 
Sobre o significado do nome ''Eibar'', parece claramente composto da palabra vasca ''ibar'' que significa ''val''; non estando abofé o primeiro término que acompaña a ''ibar''. Unha versión moi estendida e bastante plausible é a que considera o nome do pobo unha contracción de ''Ego'' ''ibar'', significando ''Val do Ego''. Pero non está documentado nin que a forma ''Egoibar'' ou o término ''Eguibar'', que sería a forma intermedia entre Egoibar e Eibar, faga nunca referencia a esta localidade, malia tratarse ''Eguibar'' dun apelido vasco bastante estendido. Ao non estar demostrada esta hipótese pódese pensar que quizais outro término estea na orixe do nome desta cidade; algúns falan de ''hegi'', palabra que significa costa nos actuais dialectos vascofranceses e que no pasado puido ter o mesmo significado no euskera local.
 
== Xeografía ==
Situada na cunca do [[río Deba]] e á beira do [[río Ego]], limita coa provincia de [[Biscaia]]. Foi fundada co nome de ''Villanueva de San Andrés'', pero sempre foi coñecida co nome actual de Eibar. O foro de constitución da vila outorgouse no ano [[1346]], pero o asentamento xa era anterior. Eibar sempre foi unha cidade destacada na historia, na economía e na cultura da comarca e a provincia. Está rodeada polos montes [[Arrate]], [[Akondia]] e [[Urko]] ao norte; e [[Galdaramiño]] e [[Illordo]] ao sur.
 
Limita ao norte con [[Markina-Xemein]] ([[Biscaia]]), ao sur con [[Elgeta]] e [[Bergara]], ao leste con [[Elgoibar]] e [[Soraluze]] e ao oeste con [[Mallabia]], [[Ermua]] e [[Zaldibar]] que pertencen a Biscaia.
 
=== Composición ===
Eibar ten, ademais do núcleo urbano, cinco barrios rurais: Otaola, Aginaga, Arrate, Mandiola e Gorosta; barrios nos que se achan caseríos, basílicas e ermidas de gran interese nunha bonita contorna natural.
 
=== Transportes ===
Como toda a comarca do [[Debabarrena]], Eibar esta excelentemente comunicada. A estrada nacional [[N-634]] atravesa a cidade uníndoa con [[Donostia]] e [[Bilbao]]. En paralelo á nacional esta a autoestrada [[AP-8]] con dúas saídas en cadanseu extremo do núcleo urbano (unha delas xa en Biscaia) e no barrio de Malzaga a AP-8 únese coa [[AP-1]] que enlaza con [[Vitoria]]. Unha rede de estradas provinciais e locais unen Eibar cos diferentes aldeas e comarcas que a rodean.
 
Liña 47:
Eibar carece de aeroportos, pero os de [[Aeroporto de Bilbao|Bilbao]], [[Aeroporto de Donostia|Donostia]] e [[Aeroporto de Vitoria|Vitoria]] áchanse a aproximadamente unha hora. Tampouco ten porto, pero o próximo [[porto de Bilbao]] ten conexións con [[Portsmouth]] en [[Inglaterra]].
 
=== Demografía ===
A comezos do século XX Eibar contaba con 6.583 habitantes. Nos primeiros anos dese século tivo un incremento relevante chegando á República con 15.000 habitantes. A incidencia da guerra civil fixo que minguase o número de persoas empadroadas na aldea pero o posterior desenvolvemento industrial deu un impulso moi importante á poboación. Durante as décadas de 1960 e 1970 chegouse a alcanzar a cifra de 40.000 habitantes. A grave crise industrial que se iniciou en 1973 fixo que moitas fábricas pechasen as súas portas e outras se trasladaran a outros municipios bucando mellores solos para a construción das instalcións. Isto deu orixe a un declive poboacional, que apoiado en políticas de redución da densidade poboacional da continuidade urbana Eibar Ermua deu lugar a unha perdida progresiva de habitantes establecéndose a inicios do século XXI por baixo dos 30.000.
 
== Eibar social ==
A industria e o traballo sempre foron conceptos que encheron de orgullo aos habitantes de Eibar,
e esa industria foi, historicamente, a da fabricación de armas. É por iso polo que se lle coñece como a "'''Cidade Armeira'''".
Liña 81:
Así o recolle textualmente o libro da ''Monografía histórica de Eibar'' escrita por [[Gregorio Mújica]] a principios do [[século XX]]. O sentir progresista dos eibarreses propiciou que as ideas socialistas arraigaran nas súas xentes, xa desde principios do século XX, a presenza do PSOE foi moi importante polo que se pode considerar a Eibar como a capital histórica do [[socialismo]] vasco.
 
== Hidrografía e orografía ==
=== Hidrografía ===
O [[río Ego]] é o principal río do municipio, aínda que é certo que polos seus terreos pasa o río Deva pero é tan escasa a súa presenza que carece de importancia para o municipio. O Ego desemboca no Deva en Maltzaga, xa no límite municipal. Os afluentes o Ego, que baixan dos montes que rodean a cidade, son pequenos regatos que forman estreitos vales ascendentes polas ladeiras. Os afluentes o Ego máis importantes son o Txonta, o Matxaria, o Unbe, o Abontxa, etc.
 
Todos os ríos están moi afectados polo desenvolvemento da cidade que modificou as súas canles e as súas augas. Unicamente nas súas concas altas pódese atopar algún resto da súa primitiva riqueza biolóxica. As canles foron cubertas polas edificacións, tanto industriais como urbanas e as súas augas víronse moi afectadas pola contaminación fecal e industrial. Estase procedendo á implantación de colectores de recolleita de augas negras e industriais para o seu posterior tratamento así como a descubrir as canles na medida do posible.
 
=== Orografía ===
Eibar está rodeada de montes de escasa altura que a encerran nun val profundo. Destacan cumes como [[Urko]](791 m) e [[Kalamua]] (768 m), polo norte, e Galdaramiño e Egoarbitza (730 m) polo sur. Ao leste, sobre a desembocadura do Ego no Deva levántase o Karakate (749 m) enfrontado a Arrate.
 
Liña 94:
A natureza dos terreos é de calcaria e margas areniscas cun clima moi chuvioso e de temperaturas agradables.
 
== Economía ==
[[Ficheiro:Botijero.JPG|dereita|miniatura|250px|Estatua dun ''botijero'', pinche ou peón que tiña, entre as súas funcións, que levar auga aos talleres.]]
A economía do municipio esta baseada na industria de transformación metálica con toda clase de produtos, destacando os destinados á industria auxiliar do automóbil pero tamén se fabrican electrodomésticos, máquina ferramenta, microfusión, microfusión de aluminio e armas, agora xa soamente de caza.
Liña 106:
O [[18 de xaneiro]] de 2007 inaugurouse o Museo dedicado á industria armeira no último piso de Portalea.
 
== Historia ==
Os xacementos prehistóricos achados na zonas de [[Kalamua]] e [[Akondia]] xunto coa estación megalítica de Placencia-Elosua que cubre o cordal entre Karakate e Irukurutzeta, que antigamente se chamaba Mazelaegi, testemuñan a presenza humana na zona onde se atopa Eibar en tempos [[Enolíticos]], sobre o III milenio antes de Cristo.
 
Liña 125:
As primeiras noticias que hai sobre Eibar datan do ano [[1193]] e fan referencia á casa dos señores de Unzueta relacionada co bando [[oñacino]] na contenda de bandos. En [[1267]] faise referencia á cesión do padroado da parroquia aos señores de Olaso da veciña localidade de [[Elgóibar]] por parte do rei [[Afonso X o Sabio]].
 
=== Idade Media e Moderna ===
O rei [[Afonso XI]] de Castela outorgou á vila de Eibar foro de constitución o [[5 de febreiro]] de [[1346]] co nome de '''Villanueva de San Andrés de Heybar''', no entanto, para entón xa existía unha realidade social asentada en torno á igrexa de San Andrés. A concesión da ''carta puebla'' viría modificar este núcleo de poboación que en diante se sometería a unha planificación individualizándoa da súa contorna e organizándoa en casas e rúas (Barrenkale, Elgetakale e Somera ou de Txurio). Con este proceso de urbanización vaise creando un novo modelo xurídico autónomo no que os seus poboadores podían exercer libremente as súas actividades e organizar o seu concello á marxe do poder [[feudal]].
 
Á vez que a [[guerra de bandos]] e que as distintas invasións dos franceses deixaban a súa impronta foise desenvolvendo a auxe dunha industria que condicionará o devir histórico de Eibar durante catro séculos. A industria armeira asentábase sobre unha base gremial (canonistas, caixeiros, chaveiros e aparalleiros) que facilitaba a capacidade de produción e a especialización da mesma. Deste xeito, a monarquía castelá apoiouse na infraestrutura creada no val do Deva para obter unha gran cantidade de armas e facer fronte ás súas necesidades. Así se formou unha rede de pequenos talleres familiares dedicados á fabricación de escopetas, arcabuces, mosquetes e fusís e unido a eles unha actividade comercial con numerosos mercados non só coa Península senón tamén coas colonias do [[Novo Mundo]].
 
=== Idade Contemporánea ===
As algaradas populares de [[1766]], coñecidas como ''[[Matxinada]]'', debidas á carestía dos cereais e doutros artigos de primeira necesidade, afectaron a Eibar e a súa contorna. Uns anos máis tarde, en [[1794]], as tropas francesas arrasaron a cidade. Foi incendiada a Casa Consistorial, as escolas e parte da Igrexa, ademais do derrube de 116 casas de distintos barrios e do arrabal.
 
Liña 138:
[[Ficheiro:Fuente de Ibarrecruz.JPG|dereita|miniatura|250px|Fonte de Ibarrecruz.]]
 
A madrugada do martes [[14 de abril]] de [[1931]], ás seis e media da mañá, a corporación municipal recentemente elixida nas eleccións do domingo (10 concelleiros [[socialista]]s, 8 [[Acción Republicana|republicanorepublicanos]]s e 1 do [[PNV]]) proclamou en Eibar a [[Segunda República española|Segunda República]]. A bandeira tricolor foi izada polo concelleiro máis novo da recentemente elixida corporación, [[Mateo Careaga]], que era militante de Acción Republicana. Non foi ata as cinco daquela tarde cando outras cidades españolas seguiron o exemplo de Eibar. Este feito supoñía unha profunda transformación da distribución do poder xa que por primeira vez accederon a el as clases medias e os traballadores. Cando se confirmou a proclamación da República en Barcelona, o pobo concentrouse fronte ao Concello para retirar a placa co nome de Praza de [[Afonso XIII]] e colocar a nova placa de Praza da República, improvisada en cartón.
 
O escritor [[Toribio Echeverría]] describe a proclamación da Segunda República en Eibar desta forma:
Liña 156:
Malia as dificultades, Eibar adáptase aos novos tempos e diversifica a súa industria (bicicletas, ciclomotores, pezas para automóbiles, aparellos de uso doméstico...), ao que hai que engadir un potente fenómeno de inmigración, atraído por esta puxante actividade industrial, que fai medrar a súa poboación ata un 100% nos [[1960|anos 60]]. A situación de desenvolvemento industrial toca fondo nos anos [[1982]]-[[1983]]. A crise do petróleo, o cambio de sistema político, o proteccionismo industrial co que contaban algunhas empresas e a falta de novas tecnoloxías provocan unha crise da que hoxe se aprecia unha notable recuperación en diversos sectores como a automoción, máquina ferramenta e as industrias de transformación, pervivindo xunto a elas outras artesanais que entroncan co pasado máis afastado da historia da cidade, como a elaboración de escopetas finas de caza e o damasquiñado.
 
== Irmandamentos ==
A vila de Éibar está irmandada coas seguintes poboacións:
* {{GALb}} [[Vilariño, Lama Má, Baños de Molgas|Vilariño]] ([[Baños de Molgas]])<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/08/21/100000103295.shtml "O pobo ourensán de Vilariño de Lama Má celebrou unha festa de irmandamento con Éibar"], artigo en ''La Voz de Galicia'', 21 de agosto de 2006.</ref>
* {{ESPb}} [[Yecla]]
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Eibar}}
* [http://www.eibar.eus/es Sitio web oficial do concello] {{es}}
 
{{Concellos de Guipúscoa}}