Río Louro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 11:
O '''río Louro''' é un afluente do [[Río Miño|Miño]], no seu tramo final, pola súa marxe dereita. Ten todo o seu percorrido na [[provincia de Pontevedra]]. Ao longo do seu percurso atravesa os concellos de [[Pazos de Borbén]], [[Mos]], [[Redondela]], [[Porriño]] e [[Tui]].
 
== Topografía ==
Nace a 400 metros de altitude, no concello de Pazos de Borbén, e desemboca no Miño en [[Pazos de Reis, Tui|Pazos de Reis]], xa no concello de [[Tui]]. A lonxitude total do río é de 30 km, e a súa conca cobre uns 174 km² de superficie.
 
== Bioloxía ==
As características xeolóxicas do val explican a orixe da formación do ecosistema das [[gándaras de Budiño]], formado por pequenas lagoas illadas, zonas inundables e [[Vexetación de ribeira|bosques de ribeira]]. As gándaras teñen unha superficie de 834 hectáreas cun clima atlántico que favorece a variedade de especies de [[flora]] e de [[fauna]]. Pódense atopar aquí máis de 150 especies de [[vertebrados]], 12 de [[réptiles]] e máis de 135 de [[aves]]. {{cómpre referencia}}
 
== Xeoloxía ==
O río Louro aproveita unha fractura N-S na [[Depresión Meridiana]], dando lugar ó [[val da Louriña]]. Recolle os aportes de numerosos regos procedentes da [[serra do Galiñeiro]]. O subsolo do fondo do val está composto de [[arxila]]s e [[area]]s mal drenadas, o cal, unido a un relevo moi tendido, produce fenómenos de impregnación. {{cómpre referencia}}
 
== Medio ambiente ==
[[Ficheiro:Río Louro e albergue do Porriño.jpg|miniatura|dereita|300px|Río Louro ao seu paso polo [[O Porriño|Porriño]], baixo a ponte da [[PO-331]]; á dereita, albergue [[Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo|xacobeo]] do [[camiño portugués]].]]
 
Liña 27:
O acordo asinado en [[1994]] entre o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e a [[Xunta de Galicia]] prevía a realización de obras de saneamento na cunca do río Louro. Estas obras tiñan por obxecto a recollida dos vertidos urbanos e industriais dos núcleos máis importantes das cuncas do río Louro, do [[río Caselas]] e do río Miño entre as confluencias dos ríos Caselas e [[Río San Martiño|San Martiño]] para seren tratados na estación depuradora de Guillarei. No [[2001]] amplíase o acordo para acometer a interceptación de [[augas residuais]] no Porriño e nos ríos [[Río Caselas|Caselas]] e [[Río Seixal|Seixal]]. Considérase que estas infraestruturas contribuirán a facer posible o mantemento da vida piscícola do río Louro.<ref>[http://www.chminosil.es/galego/index.php?idm=9&page=384 Confederación Hidrográfica do Miño-Sil]</ref>
 
== Aproveitamento ==
O réxime do Louro é de tipo [[réxime pluvial|pluvial]]. As precipitacións medias na súa conca atinxen os 1.783 mm anuais, e pode superar os 2.000 mm na súa zona suroccidental. Ten un caudal medio de 8,44 m³/s.
 
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
[[Categoría:Ríos de Galicia|Louro]]