Ramón Menéndez Pidal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
remato tradución
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 15:
'''Ramón Menéndez Pidal''', nado na [[A Coruña|Coruña]] o [[13 de marzo]] de [[1869]] e finado en [[Madrid]] o [[14 de novembro]] de [[1968]], foi un lingüista, crítico literario, folclorista e historiador galego.
 
== Traxectoria ==
Membro da [[Real Academia Española|Real Academia Española de la Lengua]] desde [[1901]], e presidente da mesma entre 1925-1939 e 1947-1968. Está considerado como o introdutor da filoloxía moderna en España.
 
En [[1907]] propiciou a creación da [[Xunta de Ampliación de Estudos]]. Entre as súas contribucións conceptuais á lingüística destaca a idea de [[substrato]]. Algunhas das súas obras teñen un grande interese específico para Galiza, p.ex. ''Poesía juglaresca y juglares'' (1924) ou ''Toponimia prerrománica hispana'' (1953).
 
[[Ficheiro:Ramón Menéndez Pidal, de Franzen.jpg|thumb|left|Fotografía de Ramón Menéndez Pidal ([[circa|c.]] 1902), realizada por [[Christian Franzen]].]]
Liña 25:
Na [[Universidade de Madrid]] foi discípulo de [[Marcelino Menéndez Pelayo]]. En [[1893]] a Real Academia Española premiou un estudo seu sobre a gramática e vocabulario do ''[[Cantar de Mio Cid|Poema del Çid]]'', que publicou anos despois. O seu primeiro libro importante foi ''La leyenda de los infantes de Lara'' ([[1896]]), estudo exhaustivo da lenda e da súa transmisión até ese momento. Este libro serviu para intentar explicar a totalidade da primitiva épica medieval castelá, até entón descoidada pola crítica. A súa tese defende a orixe oral, anónima e fragmentaria dos cantares de xesta.
 
En 1899 obtivo a cátedra de Filoloxía Románica, que mantivo até a súa xubilación en 1939. Desde a súa cátedra e desde o Centro de Estudios Históricos, institución vinculada ao [[ Karl Christian Friedrich Krause|krausismo]] da ILE, impulsou a Institución para impulsar as tarefas científicas desde o propio Estado. Este Centro sería precursor do [[Consejo Superior de Investigaciones Científicas]], fundado en 1939 tras rematar a guerra. Co seu labor académico, no CEH educou toda unha xeración de filólogos españois, como [[Tomás Navarro Tomás]], [[Américo Castro]], [[Dámaso Alonso]], [[Rafael Lapesa]] ou [[Alonso Zamora Vicente]], amais doutros que en gran parte marcharon ao [[exilio]] ao rematar a guerra.
 
O 28 de outubro de 1899 ingresou na Real Biblioteca como auxiliar temporal para a elaboración do ''Catálogo de manuscritos'', logo de publicar o ano anterior o ''Catálogo de Crónicas Generales de España''. Estivo vinculado á Biblioteca ata o 5 de abril de 1911, se ben estivo ausente durante varios períodos por diversas viaxes por Europa e América. En 1904 o rei [[Afonso XIII]] nomeouno comisario xeral no laudo arbitral sobre os límites fronteirizos entre [[Ecuador]] e [[Perú]]<ref>''Cfr.'' [[Archivo General de Palacio]], ''Personal de Empleados'', caja 2651-expediente 29.</ref>. Se ben non chegou a completar o ''Catálogo de manuscritos'', axudou a establecer as fontes históricas de [[España]] a partir da cronística, e estudou os [[cancioneiro]]s e [[romanceiro]]s manuscritos que nela se custodian. Tras rematar a arbitraxe entre [[Ecuador]] e [[Perú]] viaxou por outros países hispanoamericanos para estudar neles o ''Romancero'' tradicional español que aínda pervivía.
Liña 50:
Interesouse pola [[lingua éuscara]], e en 1962 publicou ''En torno a la lengua vasca'' [[1962]]. Foi membro correspondente da [[Euskaltzaindia|Real Academia da Lingua Vasca]]. Expresou publicamente a súa preocupación polo futuro do idioma e defendeu a súa protección, así como para as demais linguas de España.<ref>[http://w390w.gipuzkoa.net/WAS/CORP/DKPPrensaHistoricaWEB/buscar.do?buscar&amicus=178866 Diario Vasco, 10 de octubre de 1964]</ref>
 
== Obra ==
* ''La leyenda de los siete infantes de Lara'' (1896)
* ''Crónicas generales de España'' (1898)
Liña 64:
* ''El padre Las Casas: su doble personalidad'' (1963)
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
{{ORDENAR:Menendez Pidal, Ramon}}
 
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Escritores de Galicia]]