The Rolling Stones: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 51:
 
=== 1965-1967: chegada á fama ===
[[ImaxeFicheiro:Rolling Stones band 1965.jpg|miniatura|250px|A banda en 1965]]
O segundo LP británico da banda, ''[[The Rolling Stones No. 2]]'', pubicado en xaneiro de [[1965]], chegaría ao número 1, e a súa versión estadounidense, pubicada en febreiro como ''[[The Rolling Stones, Now!]]'', acadaría o número 5. O disco foi gravado nos Chess Studios de [[Chicago]] e nos RCA Studios de [[Los Angeles]].<ref>Wyman 2002, pp. 164–165; 171.</ref> Entre xaneiro e febreiro o grupo realizou 34 concertos ante unhas 100.000 persoas en [[Australia]] e [[Nova Zelandia]].<ref>Wyman 2002, p. 166.</ref>
 
Liña 61:
 
''[[Aftermath]]'' (número 1 no Reino Unido e 2 nos Estados Unidos) editouse a finais da primavera de [[1966]], e foi o primeiro álbum de The Rolling Stones en estar totalmente formado por cancións de Jagger/Richards. Neste traballo as contribucións de Jones foron máis alá de contribucións coa guitarra e a harmónica. A "[[Paint It, Black]]" engadíulle un sitar, á balada "Lady Jane" un dulcimer, e a "Under My Thumb" marimbas. ''Aftermath'' tamén destacou polo tema de case 12 minutos "Goin' Home", a primeira longa improvisación nun exitoso disco de rock & roll.
[[ImaxeFicheiro:Stones ad 1965-2.jpg|miniatura|225px|Cartel da súa xira estadounidense de 1995]]
O éxito dos Stones nas listas de sinxelos británica e estadounidense chegou á súa cima durante 1966. A "[[19th Nervous Breakdown]]", editado no mes de febreiro enúmero 2 en ámbolos dous países, seguíulle o seu primeiro núero 1 transatlántico, "Paint It, Black" (lanzado en maio). "[[Mother's Little Helper]]" (xuño de 1966) só foi publicado como sinxelo nos Estados Unidos, onde acadou o posto 8; foi unha das primeiras cancións de pop en tratar o tema do abuso de medicamentos. Cabe destacar que Jagger cantaba este tema co seu acento de [[Londres]], en vez de usar o finxido acento do sur dos Estados Unidos.
 
Liña 184:
* ''Live At The Max''
 
== Notas ==
{{referenciasListaref|2}}
 
{{ORDENAR:Rolling Stones}}
 
[[Categoría:Grupos musicais de Inglaterra]]
[[Categoría:Grupos musicais de rock]]