Dudu Aouate: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado contén texto hebreo
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 62:
'''David "Dudu" Aouate''' (en [[lingua hebrea|hebreo]], דודו אוואט), nado en [[Nazareth Illit]] o [[17 de outubro]] de [[1977]], é un ex [[futbolista]] [[Israel|israelí]]. Xogaba de [[Posicións no fútbol|porteiro]] e foi internacional coa [[Selección de fútbol de Israel|selección israelí]].
 
== Traxectoria ==
Comenzou a súa carreira futbolística profesional co [[Hapoel Nazareth Illit]], pero axiña cambiou para o [[Maccabi Haifa]] como porteiro suplente de [[Nir Davidovich]] e pasou polo [[Maccabi Tel Aviv FC]] onde tampouco xogou, no seu seguinte club, o [[Hapoel Haifa]], a pesar de asegurarselle que sería o titular tampouco xogou ata que [[Avi Peretz]], o porteiro titular tivo que coller unha baixa na temporada 1998-1999. Hapoel gañou o campionato e Dudu foi recoñecido polas súas actuacións e chamado para xogar na selección nacional de fútbol de Israel. No 2002 volveu ó Maccabi Haifa e gañou o campionato e pola súa actuación coa selección nacional foi recoñecido por moitos como o mellor porteiro do país.
 
Liña 69:
A finais de decembro de [[2008]], como debía adestrar separado de Munúa e non entraba nos plans de Miguel Ángel Lotina, Aouate fichou polo [[RCD Mallorca]] por aproximadamente 1 millón de [[euro]]s, até xuño de 2011.<ref>[http://archivo.marca.com/edicion/marca/futbol/1a_division/mallorca/es/desarrollo/1195012.html "El Mallorca cierra con el Depor la compra de Aouate"]</ref> Debutou co equipo balear o [[8 de xaneiro]] de [[2009]] nun partido de [[Copa do Rei de fútbol|Copa do Rei]] fronte ao [[UD Almería]] que rematou con victoria (3–1). Catro días máis tarde, co porteiro titular [[Miguel Ángel Moyà]] lesionado, Aouate debutou en Liga na derrota fronte ao [[Real Madrid]] (3–0).
 
=== Controversia co Yom Kippur ===
Nunha entrevista ao ''[[Diario As]]'', Aouate foi preguntado sobre o significado do [[Yom Kippur]] e algunhas preguntas xerais sobre as prohibicións desa festividade. Aouate engadiu que entendía que xogar ao fútbol nesa festividade non estaba permitido, pero que si se lle obrigaba a xogar contra a [[Real Sociedad]], nun partido en setembro de 2006, faríao. Os seus comentarios provocaron unha gran controversia en [[Israel]], onde un membro do partido [[Shas]] pediu que Aouate fose eliminado da selección nacional.<ref>[http://www.haaretz.com/print-edition/sports/awat-sparks-storm-with-decision-to-play-on-yom-kippur-1.197888 "Awat sparks storm with decision to play on Yom Kippur"]</ref>
 
En setembro de 2010, Aouate decidiu non xogar fronte a [[CA Osasuna]], xa que o partido debía comezar 18 minutos antes de finalizar o día do xaxún xudeu, e o Mallorca aceptou a súa petición.<ref>[http://www.breakingfootballnews.com/la-liga/athletic-bilbao-vs-mallorca-live-online-basques-look-to-return-to-home-dominance/9829 "Athletic Bilbao vs Mallorca Live Online: Basques Look To Return To Home Dominance"]</ref><ref>[http://www.youtube.com/watch?v=_6TCg8TsJDY "Israeli Goalkeeper says no to playing on Yom Kippur"]</ref>
 
=== Antisemitismo ===
En decembro de 2009, durante un partido entre Osasuna e Mallorca, Aouate foi sometido a cánticos antisemitas provinientes dos seguidores navarros. Ademais, ondearon bandeiras palestinas e chamárono "asasino". A [[Real Federación Española de Fútbol]] realizou unha investigación sobre o incidente, sendo xa a segunda vez que o xogador se enfrontou a este tipo de abuso (a vez anterior foi tamén xogando contra Osasuna en 2006, mientras Aouate era xogador do [[Deportivo da Coruña|Deportivo]]).<ref>[http://www.diariodenavarra.es/20080421/deportes/la-leccion-dudu.html?not=2008042102175854&dia=20080421&seccion=deportes&seccion2=osasunaFutbol "La lección de Dudú"]</ref><ref>[http://www.haaretz.com/print-edition/sports/spanish-soccer-fans-chant-anti-semitic-slogans-at-israeli-goalkeeper-1.2138 "Spanish soccer fans chant anti-Semitic slogans at Israeli goalkeeper"]</ref>
 
== Vida persoal ==
Aouate está casado con Hagit Aouate, con quen ten dúas fillas e un fillo.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.bdfutbol.com/es/j/j627.html Datos do xogador en bdfutbol.com] {{es}}
 
{{ORDENAR:Aouate, Dudu}}
 
[[Categoría:Nados en 1977]]
[[Categoría:Futbolistas de Israel]]