Caritel, Ponte Caldelas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 16:
Caritel pertenceu ao [[arciprestado do Morrazo]] ao longo de toda a súa historia parroquial ata finais do século XIX; situado a máis de 15 quilómetros en liña recta da [[península do Morrazo]], tratábase da parroquia máis oriental e extrema do dito [[arciprestado]].
 
== Patrimonio ==
A igrexa parroquial é de estilo neogótico, deseñada por Álvaro Reyero e mais polo arquitecto diocesano Miguel Hernández. Ten [[planta basilical]], cunha soa nave cuberta con bóveda de crucería de catro tramos separados por arcos faxóns. Ao longo da nave ten vidreiras policromadas nos dous lados.
 
Liña 22:
 
Na parroquia hai catro [[peto de ánimas|petos de ánimas]] ou esmoleiros<ref>[[Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez|Fernández de la Cigoña Núñez, E.]]: ''Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra''. Ir Indo, 1998.</ref>:
* O peto de ánimas da Estrada é de tipo pechado, con caixón de esmolas, coroado cunha pequena cruz. O retablo é de madeira policromada, coa Virxe do Carme co neno sobre unha gran nube. Aos lados dous anxos axudan a dúas ánimas a saír das lapas. Na parte de abaixo hai a figura dun bispo, acompañada dunha ánima-muller á esquerda e dun home barbudo á dereita.
* O peto da Virxe de Fátima está nunha vivenda a carón do anterior. É unha táboa de nove azulexos policromados coa Virxe de Fátima e tres pastorciños, co peto cunha porta de ferro máis abaixo.
* O peto de ánimas das Almiñas do Río está no camiño de [[Fraga, Caritel, Ponte Caldelas|Fraga]] a Ponte Caldelas, preto do río Lapea na súa desembocadura no [[río Verdugo|Verdugo]]. É de tipo pechado, coroado por unha cruz e cun pousadoiro cunha caveira con dúas tibias. O fornelo está enreixado, e debaixo del hai o cano dunha fonte. O panel é de madeira policromada, con Santo Antón co neno Xesús nos brazos. Hai cinco ánimas. Inclúe o texto A DEVOCIÓN DE MANUEL CABIRTA CONCHA.
* O peto da Breixiña está encaixado a un muro no camiño vello a [[Forzáns, Ponte Caldelas|Forzáns]]. É de tipo pechado, cunha cruz sobre a meseta. Ten unha porta metálica con cristal. O panel é de madeira policromada cunha Virxe nas nubes. Hai cinco ánimas: no medio un cura con bonete; na ringleira superior, a ánima dunha monxa e a dun frade, e na inferior un home barbudo á dereita e unha muller á esquerda. Inclúe a inscrición BENITO BOULLOSA.
 
A fonte das Raíces foi reconstruída en outono de 1997, con cartos de [[Manuel Cordo Boullosa]].
 
== Galería de imaxes ==
<gallery>
Ficheiro:Manuel Cordo Boullosa.jpg|Busto en homenaxe a [[Manuel Cordo Boullosa]].
Liña 40:
</gallery>
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Lugares e parroquias ==
=== Lugares de Caritel ===
{{Lp Caritel}}
=== Parroquias de Ponte Caldelas ===
{{Ponte Caldelas}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Ponte Caldelas]]
 
[[Categoría:Parroquias de Ponte Caldelas]]