Federación Galega de Municipios e Provincias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 1:
'''A Federación Galega de Municipios e Provincias''' (Fegamp) é un organismo de carácter municipalista e de defensa dos intereses dos concellos de [[Galicia]]. Está constituído polos 314 [[concello]]s, as catro [[deputación]]s provinciais e as nove entidades menores existentes na Comunidade Autónoma de [[Galicia]]. O seu presidente a partir de novembro de [[2011]] é o [[Partido Popular|popular]] [[Xosé Manuel Rey Varela]].
 
== Historia ==
O nacemento da Fegamp, con 17 membros fundadores, data do [[7 de outubro]] de [[1988]], se ben a asemblea constituínte foi celebrada o [[7 de abril]] de [[1989]]. Nesa asemblea resultou elixido presidente por unanimidade o alcalde de [[Ponteareas]], [[José Castro Álvarez]], que permaneceu no cargo ata [[1992]], ano no que foi substituído polo alcalde de [[Ribeira]], [[José Luis Torres Colomer]], que desempeñaría as funcións de presidente ata [[1995]].
 
Liña 16:
Na VII asemblea resultou elixido como novo presidente o alcalde de [[Ames]], [[Carlos Fernández Castro]] que se caracterizou ó principio do seu mandato pola confrontación co [[BNG]]<ref>http://xornalgalicia.com/modules.php?op=modload&name=News&file=article&sid=33689</ref>.
 
== Función ==
O funcionamento da Fegamp como entidade defensora dos intereses da Administración Local galega aséntase nos seguintes principios xerais: o fomento e a defensa da autonomía das Entidades Locais; a promoción, representación e defensa dos intereses da Administración Local diante doutras administracións públicas; a promoción e o desenvolvemento da cultura e da lingua galega no ámbito municipal; a reivindicación ante os correspondentes poderes públicos -cando o estime oportuno- de novas cotas competenciais para as Entidades Locais; o fomento da participación cidadá na vida local; o desenvolvemento e a consolidación do espírito europeo no ámbito local, baseado na autonomía e a solidariedade entre os Entes Locais; a defensa xudicial dos intereses da Administración Local -se fose o caso- e as actuacións necesarias diante do Tribunal Constitucional en defensa da autonomía local; e calquera outra acción que afecte ou incida de forma directa ou indirecta nos seus asociados ou na propia federación.
 
== Presidentes ==
* [[José Castro Álvarez]] (1989–1992)
* [[José Luis Torres Colomer]] (1992–1995)
Liña 28:
* [[Xosé Manuel Rey]] (2011–''presente'')
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Concellos de Galicia]]
* [[Comarcas de Galicia]]
* [[Entidade local menor]]
 
[[Categoría:Administracións públicas de Galicia]]