Organización Republicana Gallega Autónoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 3:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:C1931.PNG|miniatura|esquerda|270px|Resultado das eleccións ás Cortes Constituíntes, celebradas o [[28 de xuño]] de [[1931]]. A ORGA, en azul moi escuro, sacou 14 escanos.]]
A ORGA organizábase en comités, partindo do local, o provincial e o máximo órgano directo era o Comité Executivo Rexional elixido pola Asemblea Rexional. Aínda que a maior parte da súa militancia procedía das clases medias urbanas, a ORGA conseguiu atraerse varias sociedades agrarias esparexidas por todo o país que constituiron a [[Organización Agraria Gallega]].
 
En marzo de [[1930]] organizou a [[Federación Republicana Gallega]], na que se integraron partidos republicanos como o [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]] e o [[Partido Republicano Radical Socialista]]. Tras a proclamación da República deixan a FRG o PR e o PR-S, aínda que a FRG seguiu existindo ata abril de 1932.<br>
Liña 10:
En maio de [[1932]] a ORGA pasou a denominarse '''Partido Republicano Gallego''' (PRG), en outubro dese ano o partido entrou en crise ao integrarse a dirección da [[provincia de Pontevedra]] en Acción Republicana e nas eleccións de [[1933]] tan só sacou cinco escanos e en [[1934]] uniuse a [[Acción Republicana]] e [[Partido Republicano Radical Socialista Independiente]] para formar [[Izquierda Republicana]]
 
== Estatuto ==
A ORGA contaba cun sector galeguista que pulou por facer da ORGA un partido comprometido coa realidade nacional galega e que asumise o autogoberno como un referente político, máis tamén contaba cun outro sector desinteresado da consecución de calquera autonomía para Galicia. Con todo tras a proclamación da república foi a ORGA a que tomou a iniciativa convocando o 4 de xuño de [[1931]] unha asemblea pro-Estatuto da que saiu un primeiro proxecto de estatuto, que resultou frustrado. Tras outro proxecto fracasado a fins de ano, o alcalde de [[Santiago de Compostela]], militante da ORGA convocou unha asemblea de municipios en [[1932]] do que saiu un proxecto de estatuto e un Comité Central de Autonomía de Galicia presidido por [[Bibiano Fernández Osorio-Tafall|Osorio Tafall]], así e todo o principal valedor deste proxecto non foi a ORGA senón o [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]], debido en parte a que o sector galeguista tiña cada vez menos peso no seo da ORGA e os atrancos que o propio Casares Quiroga como ministro da Gobernación lle puxo. Progresivamente o sector galeguista da ORGA foise distanciando do partido e acabou maioritariamente integrándose no Partido Galeguista, o último dirixente galeguista da ORGA en integrarse o PG foi [[Antón Vilar Ponte]] a comezos de [[1934]].
 
== Prensa ==
A ORGA nun primeiro momento non contou cun órgano oficial de [[Prensa escrita|prensa]] para difundir o seu ideario, intentou sen éxito mercar algún xornal coruñés e entre xuño de 1931 e xullo de 1932 ''[[El Orzán]]'' converteuse no seu voceiro oficioso, recibindo o apoio tamén de ''[[El País (1932)|El País]]'' de Pontevedra ata novembro de 1932. En 1933 a dirección do partido acorda editar de novo un antigo xornal que dirixira Casares Quiroga, ''[[Tierra Gallega (A Coruña)|Tierra Gallega]]'', o novo xornal sae á luz o 25 de xaneiro pero non consegue consolidarse e pecha o 4 de xuño dese ano.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
{{Política en progreso}}