Sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3253469 de Holajfjfjfjfjf (conversa)
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 4:
A palabra '''sexo''' (do [[latín]] ''sexus'', e este, á súa vez, do verbo ''secar'', «cortar») é a diferenciación orgánica e espiritual entre o macho e a femia de calquera especie, especialmente da humana. En certos contextos pode designar ó conxunto de individuos que pertencen a un ou outro grupo. Asemade chámase sexo ás [[Relación sexual humana|relacións sexuais]] entre persoas.
 
== Historia ==
O [[Xénese]], primeiro libro da [[Biblia]], comeza cun relato da creación da terra seguido da creación de [[Adán e Eva]]. Semella que a versión máis estendida, que narra a orixe de Eva nunha costela de Adán, se debe a unha mala tradución, pois a sinonimia da palabra ''zela'' leva a pensar que unha tradución máis axeitada sería "costado". De ser así o [[Antigo Testamento]] describiría a Adán como ''gineandromorfo'', masculino nun costado e feminino no outro. Nesta dualidade xenérica, que lle dá ao relato bíblico unha orientación puramente heterocéntrica, baséase a pretensión cristiá da complementación entre home e muller. Unha imaxe semellante chéganos a través do mito [[Grecia|grego]] que describe ao ser humano orixinal como un ser con catro pernas, catro brazos, dous rostros e dous sexos. Para anular o poder destes seres, [[Zeus]] cortounos polo medio, deixando a cada unha das metades buscando eternamente o que lle foi quitado. Os gregos explican a [[homosexualidade]] afirmando que as dúas metades podían ser do mesmo sexo.<ref>{{cita libro| autor =POTTS, M.; SHORT, R.| título =[http://books.google.es/books?id=lqpw23HzTZAC&printsec=frontcover&dq=sexualidad&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=S13sS6qYOZiUlAT6q6XqAw&client=firefox-a&cd=23#v=onepage&q&f=false Historia de la sexualidad: Desde Adán y Eva]| ano =2002| publicación =Ediciones AKAL| id = ISBN 848323205784-8323-205-7, 9788483232057}}</ref>
 
Os pensadores gregos, especialmente [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]], [[Platón]] e [[Aristóteles]], enunciaron a moral sexual do momento artellándoa sobre catro conceptos:
Liña 14:
* '''''Sophrosyne'''''. É a caracterización do suxeito moral na súa realización.
 
Os gregos desta época admitían certos comportamentos sexuais con moita máis facilidade que en épocas posteriores, do mesmo xeito que as faltas en materia sexual suscitaban menos escándalo e provocaban menos desgustos, tanto máis que a inexistencia de institucións pastorais e [[Medicina|médicas]] se atrevía a determinar o que era normal ou anormal, o que se debía permitir ou prohibir<ref>{{cita libro| autor =FOUCAULT, M.| título =[http://books.google.es/books?id=13oKS8OAZncC&printsec=frontcover&dq=sexualidad&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=S13sS6qYOZiUlAT6q6XqAw&client=firefox-a&cd=2#v=onepage&q&f=false Historia de la sexualidad, 2, El uso de los placeres]| ano =2002| publicación =Siglo XXI| id = ISBN 9682313260968-23-1326-0, 9789682313264}}</ref>.
 
Na actualidade os sistemas xurídicos occidentais adoitan recoñecer cinco clases de sexo diferentes que caracterizan ao individuo<ref>CHAO REGO, X. ''A condición homosexual''. Galaxia. Vigo, 1999. ISBN 848288268684-8288-268-6.</ref>:
 
* Sexo '''legal''': o que figura inscrito no rexistro logo do nacemento.
Liña 52:
Existe unha gran cantidade de nomes para referirse aos órganos xenitais humanos. Por [[pudor]] de utilizar termos demasiado explícitos, obxecto dun certo [[tabú]] social, utilízanse [[perífrase]]s ou termos propios de certos [[rexistro lingüístico|rexistros lingüísticos]].
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
Liña 65:
 
{{Sexo}}
 
[[Categoría:Sexualidade]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencia)]]