Diferenzas entre revisións de «Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
A elaboración das normas fíxose atendendo aos seguintes principios:
 
* A proximidade entre a lingua escrita e a lingua oral popular ha de ser máxima, para ser continuadora da lingua viva, pero tamén ten que depurar as interferencias producidas pola presión do español.
 
* O galego normativo ten que servir para a expresión de todas as persoas en todos os usos comunicativos e por tanto ha de ser [[dialecto|supradialectal]] e representativo da diversidade dos falantes.
 
* A lingua moderna debe enraizar coa [[galego-portugués|tradición escrita antiga]] e recente e debe dar preferencia ás formas tradicionais en detrimento das innovadoras.
 
* As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas [[lingua románica|romances]] en xeral e coa [[lingua portuguesa|portuguesa]] en particular, que é considerado recurso fundamental para o léxico culto.
 
== Evolución ==
A primeira edición das Normas foi aprobada o [[3 de xullo]] de [[1982]], en sesión conxunta da Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega.
 
Finalmente, en 2003 publicouse unha terceira versión que modificaba en profundidade as Normas anteriores. Con esta reforma buscábase un acordo entre as diferentes tendencias normativas existentes nese momento, máis ou menos confrontadas. Con este obxectivo de concordia, introducíronse propostas doutras normativas e incluíronse solucións dobres. Para a redacción destas novas Normas, a Academia creou unha Comisión na que estaban representados os departamentos de [[Filoloxía|Filoloxía Galega]] das tres Universidades de Galicia, ademais do Instituto da Lingua e a propia Academia. O texto final foi aprobado pola Real Academia en sesión plenaria celebrada o [[12 de xullo]] de [[2003]] e publicado en decembro dese mesmo ano, malia que [[Edicións do Cumio]] xa as publicara o 17 de novembro, baixo o título de ''As normas ortográficas e morfolóxicas da lingua galega. Actualizacións, complementos e desviacións''. A Real Academia esixiulle que retirara a publicación por non dispor de ningunha propiedade sobre o texto nin autorización para facelo, pero Cumio fixo caso omiso<ref>[http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/12/12/2245971.shtml?idioma=galego "A Academia demandará a Do Cumio se non retira ou libro coa normativa galega"], artigo en ''[[La Voz de Galicia]]'', 12 de decembro de 2003 <small>(consultado o 13 de maio de 2010)</small>.</ref>.
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Normativa oficial do galego]]
* [[Normativa oficial do galego - Cambios morfolóxicos]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.realacademiagalega.org/documents/10157/ca6a779d-d429-415a-9d1a-b300c1bdba81 Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (23ª edición, marzo de 2012)]
 
[[Categoría:Lingua galega]]
393.002

edicións