Vendima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Viticultura; engado a Categoría:Enoloxía mediante HotCat
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 5:
A '''vendima''' é a acción de recoller a [[uva]] para colleitala coma [[alimento]] ou materia prima para o [[viño]], así coma a época do [[Ano (astronomía)|ano]] na que se realiza. A época da vendima coincide co final do [[verán]], en Galicia habitualmente a fins do [[mes]] de [[setembro]] e primeiros de outubro<ref>Xosé Posada. ''Os viños de Galicia''. Editorial Galaxia, 1979, páxina 149</ref>, pero non é igual en tódalas rexións, así nos vales interiores de [[Galicia]] ([[Ribeira Sacra]], [[Denominación de Orixe Valdeorras|Valdeorras]]) a colleita faise máis cedo (finais de [[agosto]]) debido a que a maior calor [[verán|estival]] do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da [[lúa]] para decidir a data da vendima. Fóra de [[Galicia]] existe unha variedade de viño chamada ''viño de xelo'' que se colleita de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías do [[orballo]], o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.
 
=== Variantes ===
A vendima máis habitual é para o viño e é unha actividade eminentemente social, pois normalmente realízase en grupos. Ás veces son as amizades do dono e ás veces os veciños ós que axudan, tanto na decota dos [[acio]]s como no transporte ou presada no [[lagar]], que tradicionalmente se fai pisando cos pés descalzos.
 
Liña 12:
[[Ficheiro:Fila_de_tractores_con_uva_agardando_para_entrar_en_Martín_Codax_(dende_arriba).jpg|esquerda|miniatura|230px|Fila de tractores cargados de uva agardando para entrar en [[Martín Códax (adega)|Martín Códax]].]]
 
=== Actividade produtiva ===
 
O valor económico do viño producido coa vendima procede fundamentalmente de:
Liña 21:
O valor económico da vendima estaría incluído no terceiro punto desta lista e a súa actividade abranguería tamén ás súas cinco actividades, inda que a acepción máis habitual reduciríase ás dúas primeiras.
 
=== Actividade social ===
O duro e o longo do traballo (tanto de recolla baixo o sol ou chuvia coma de transporte) provocan un forte contacto grupal e desenvolven unha concienciación de grupo como pode xurdir noutras actividades do mundo tradicional ([[fía]] ou [[fiadeiro]], [[espadela]], [[malla]], [[pesca]], [[sementeira]], [[Seitura|sega]], etc.). A actividade da vendima marca os ciclos do agro na época estival e mesmo se lle chega a chamar ''sega'' ó mes de agosto cando se seitura e se realiza a vendima.
 
== A vendima na cultura popular ==
[[Ficheiro:Setembro Museo do viño, Cambados.jpg|miniatura|300px|A vendima simbolizando o mes de setembro.]]
=== Refraneiro ===
* A viña de Guimerans, trabállana cen homes e vindímana dous cans.
* Agosto a madura e setembro vendima a uva.
* Agosto e vendima non son cada día.
* Agosto e vendima non son cada día, e si cada ano, us con proveito e outros con dano.
* Agosto madura e setembre vindima as uvas.
* Coida a viña e terás vendima.
Liña 58:
* Polo San Xoán á sardiña, e en setembro á vendima.
* Polo tempo da vendima moito canta a rapaciña.
* Por San Mateu vindima ti, vindimo eu.
* Por San Simón e San Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
* Por Santa Mariña mira a túa viña, así como a verás, así vendimarás.
Liña 66:
* Vendima no regazo aquel que poda no marzo.
 
=== Cantigueiro ===
* Acabáronse as vendimas, / aí veñen as esfolladas/ para comer coas nenas/ catro castañas asadas.
* Acabáronse as vendimas / e veñen as esfolladas / para comer coas mociñas / catro castañas asadas.
* Os amores que ti tes / sonche os que eu olvidei: / ¡andas apañando os bagos / da viña que eu vendimiei!
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[O viño na cultura popular galega]]