Sempre Xonxa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
Liña 47:
''Sempre Xonxa'' é un filme sobre as consecuencias emocionais da emigración. Dous nenos, Pancho e Birutas que viven placidamente na mesma aldea están platonicamente namorados de Xonxa. Pero un dos rapaces, O Birutas, ten que emigrar deixando a Xonxa e a Pancho na aldea. Cando O Birutas regresa da emigración, convertido nun home rico, Xonxa xa está casada con Pancho.
 
== Características ==
A historia abrangue o período que vai de 1947 a 1986, e estrutúrase en catro episodios vinculado cada un a unha estación do ano. A primavera corresponde á infancia, o verán á puberdade, o outono á madurez e á forzada emigración, o inverno á vellez e ó retorno.
 
Liña 53:
 
== Produción ==
O guión de ''Sempre Xonxa'' coñeceu o seu primeiro bosquexo xa a finais de 1985, antes incluso da rodaxe de ''Esperanza''. A inspiración encontrouna Chano Piñeiro nas historias da emigración que oíra relatar no seu [[Forcarei]] natal e nas aldeas de [[Rubillón, Baíste, Avión|Rubillón]] e [[Baíste, Baíste, Avión|Baíste]] ([[Avión]]), nas que gravou ''Mamasunción''. Tivo ata nove versións antes do guión definitivo en 1988. Entre versión e versión, Chano Piñeiro comezou a buscar as localizacións do filme. Atopounas en Santa Olaia de Valdeorras. Esta aldea sería a vila de Trasdomonte na ficción.
 
A rodaxe comezou en 1988, pero por motivos económicos e técnicos, demorouse durante ano e medio. Polo camiño, esgotou as finanzas e a saúde do seu director. Foi estreada en 1989, acadando un gran éxito nos cines de Galicia. No resto de España pasou completamente desapercibida, o cal é facilmente comprensible debido á súa temática centrada na [[emigración]] e no mundo rural galego. A nivel internacional gañou diversos premios e tivo unha certa vida comercial especialmente en países onde a emigración galega tiña certa presenza.
Liña 64:
 
== Personaxes ==
* [[Uxía Blanco]] como Xonxa
* [[Miguel Ínsua]] como Birutas
* [[Xavier R. Lourido]] como Pancho
* [[Roberto Casteleiro]] como Caladiño
* [[Roberto Vidal Bolaño]] como D. Xosé Luís
* [[Rodrigo Roel]] como Don Camilo, o crego
* [[Rosa Álvarez]] como Rosa, nai de Pancho
* [[Loles León]] como Minga
* [[Aurora Redondo]] como Mamarosa
* [[Luchi Ramírez]] como Filla Xonxa moza
* [[Xaime Nogueira]] como Fillo Xonxa mozo
* [[María Viñas]] como Xonxiña adolescente
* [[Roberto Fernández]] como Panchiño adolescente
* [[Manuel Alonso]] como Birutiñas adolescente
* [[Noela A. Mosquera]] como Xonxiña de bebé
* [[Giselle Romero]] como Xonxiña de nena
* [[Xavier Rocha]] como Panchiño de neno
* [[Miguel A. Gómez Sanz]] como Birutiñas de neno
* [[María Pujalte]]
* [[Xosé Manuel Olveira "Pico"]]
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=265&busca=Sempre%20Xonxa Sempre Xonxa en AVG de Culturagalega.org]
* [http://www.imdb.com/title/tt0098329/ Ficha na IMDb] {{en}}
 
[[Categoría:Películas]]
[[Categoría:Cine producido en Galicia]]
[[Categoría:Filmes rodados en Galicia]]
[[Categoría:Cine en lingua galega]]