Diferenzas entre revisións de «Williamina Fleming»

m
Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética
m (engado a Categoría:Nados en Dundee mediante HotCat)
m (Bot: Cambio o modelo: Referencias; cambios estética)
'''Williamina Paton Stevens Fleming''', coñecida como '''Mina Fleming''', nada en [[Dundee]] o [[15 de maio]] de [[1857]] e falecida en [[Boston]] o [[21 de maio]] de [[1911]], foi unha [[astronomía|astrónoma]] [[EUA|estadounidense]] de orixe [[Escocia|escocesa]].
 
== Traxectoria ==
Asistiu á escola pública de Dundee, e aos 14 anos xa axudaba no ensino dos rapaces, actuando de mestra ao tempo que aprendía como alumna, mediante o sistema ''[[pupil-teacher]]''<ref>(en inglés) [http://www.lgfl.net/lgfl/accounts/holnet/upload/lsb/teachers/pupils.htm pupil-teacher]</ref>. En maio de [[1877]], con 20 anos, casou con [[James Orr Fleming]], trasladándose ao ano seguinte aos Estados Unidos de América, asentándose en [[Boston]], [[Massachusetts]]. Tras quedar embarazada en 1879, o seu marido abandonouna, véndose obrigada a encontrar traballo para poder manterse tanto ela como ao seu fillo Edward.
 
En [[1899]] Fleming recibiu o título de Conservadora do Arquivo de Fotografías Astronómicas en [[Harvard]], tratándose do primeiro cargo institucional en Harvard concedido a unha muller. En [[1906]] logrou unha praza honoraria na [[Royal Astronomical Society]] de Londres, sendo a primeira muller en ser elixida, e conseguiu un premio honorario do [[Wellesley College]]. Pouco despois da súa morte, a [[Sociedad Astronómica de México]] galardoouna coa medalla [[Guadalupe Almendaro]] polo descubrimento de novas estrelas.
 
Morreu de [[ pneumonía|pulmonía]] en [[Boston]].
 
== Obra ==
* ''Draper Catalogue of Stellar Spectra'' ([[1890]]).
* ''A Photographic Study of Variable Stars'' ([[1907]]).
* ''Spectra and Photographic Magnitudes of Stars in Standard Regions'' ([[1911]]).
 
== Notas ==
{{referenciasListaref}}
* Cannon, A. J.. [http://articles.adsabs.harvard.edu/cgi-bin/nph-iarticle_query?1911ApJ....34..314C "Williamina Paton Fleming"], en ''[[The Astrophysical Journal]]'' n.º 34, p. 314.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[:b:gl:A ciencia ten nome de muller|''A ciencia ten nome de muller'']] (en Wikibooks)
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://adsabs.harvard.edu/cgi-bin/bib_query?1990PASP..102.1337W The discovery of early photographs of the Horsehead nebula, by Waldee & Hazen] {{en}}
* [http://web.archive.org/20070312071923/home.earthlink.net/~astro-app/horsehead/B33-19thC_4.htm The Horsehead Nebula in the 19th Century, by Waldee] {{en}}
 
{{ORDENAR:Fleming, Williamina}}
393.002

edicións